Programa Generación Propósito da Fundación Princesa de Girona

UVigo - Emprego 21/04/2022

A Fundación Princesa de Girona lanza o programa «Generación Propósito» dirixido a mozos e mozas entre 20 e 30 anos que teñan unha idea para impulsar un futuro máis inclusivo e sostible nos ámbitos da saúde e a calidade de vida, a sostibilidade e o medio ambiente, a igualdade de oportunidades, a educación, a cultura ou o Tech for Good.

A participación no programa e gratuíta e desenvolverase en tres fases:

  • Fase 1: Formación e traballo en equipo
    Seleccionaranse 150 persoas que recibirán formación en liña, un total de 40 horas (cápsulas de tres horas de formación/un día á semana), de maio a setembro.
     
  • Fase 2: Campus de Girona
    Entre as 150 persoas participantes da primeira fase, seleccionaranse 50 que participarán no campus en formato presencial, catro días en novembro de 2022. No campus traballaranse aspectos de liderado e potenciarase a colaboración do equipo para propor e desenvolver ideas que se transformen en iniciativas con impacto. 
    A fundación farase cargo dos gastos de aloxamento e de manutención.
     
  • Fase 3: Desenvolvemento de iniciativas
    Entre as 50 persoas participantes da segunda fase, seleccionaranse e farase o seguimento de 10 iniciativas con impacto social.

Súmate a unha xeración de persoas xoves dispostas a cambiar as cousas. Inscricións ata o 30 de abril!

  • Máis información aquí.