Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2022

UVigo - Emprego 01/09/2022

O obxecto do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa é conceder subvencións para a realización de prácticas formativas non laborais por persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) en entidades ou empresas públicas ou privadas en países europeos, co fin de mellorar as súas habilidades e competencias, enriquecer o Currículum Vitae e outorgar máis ferramentas de cara á futura inserción laboral. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que contribúen a aumentar a empregabilidade das persoas mozas.

O período de realización de prácticas formativas non laborais terán unha duración mínima de dous meses. As horas formativas terán unha duración mínima de 100 horas mensuais e un mínimo de catro días semanais de prácticas.

Requisitos

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

  • Ter cumpridos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX.
  • Estar empadroadas na comunidade autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  • Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia na data de presentación da solicitude.

O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme aos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

Información e solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2022.

As dúbidas sobre este programa pódense consultar a través das seguintes vías:

Ademais, desde a organización poden poñerte en contacto con persoas mozas participantes en pasadas edicións de Galeuropa para que poidas consultar dúbidas prácticas, intercambiar contactos de interese ou coñecer posibles oportunidades nos diferentes países. Para iso, podes solicitar contactar cos embaixadores e embaixadoras Galeuropa a través das vías anteriormente descritas.

Máis información aquí.