Programa de prácticas Vodafone Yu Talent

UVigo - Emprego 08/10/2019

Vodafone, en colaboración coa Fundación Universidade-Empresa (FUE), lanza unha convocatoria de 60 bolsas dirixidas ao estudantado dos últimos cursos de grao ou mestrado. 

O obxectivo do programa de prácticas e captar talento novo a través da oportunidade de formar parte dunha multinacional líder no sector das telecomunicacións. As persoas seleccionadas comezarán o 25 de novembro nas oficinas da empresa de Madrid.

Requisitos

  • Estudantado de últimos cursos de grao ou mestrado de titulacións do ámbito da informática, telecomunicacións, enxeñería industrial, ADE, mercadotecnia, economía e dereito.
  • Bo historial académico
  • Alto nivel de inglés

Información e solicitudes

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 1 de novembro de 2019

Máis información aquí.