Proxecto Hélice de emprendemento cultural. Curso gratuíto.

UVigo - Emprego 28/10/2019

Hélice é un programa da Organización Internacional da Mocidade para América Latina (OIJ) que busca construír as habilidades emprendedoras dos mozos e mozas no sector cultural, a través dun itinerario educativo de tipo MOOC que se aloxará na plataforma Tutellus na súa terceira edición.

Consta de dez módulos abertos e gratuítos que proporcionan contido útil para a posta en marcha de empresas culturais e unha inserción laboral real e eficaz.

Requisitos

  • Mozos e mozas de entre 18 e 29 anos en situación de desemprego con interese no sector cultural como xestores/as, creadores/as ou empresarios/as.

Nas súas tres primeiras edicións o programa centrouse en España, nas comunidades autónomas de Estremadura, Galicia, Valencia, Andalucía, Castela-A Mancha e Cantabria.

Non obstante, o itinerario formativo está aberto a todas as persoas de fala hispana, independentemente da súa idade, o lugar de residencia ou o estado laboral.

Información e solicitudes

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 10 de novembro de 2019 e as inscricións realizaranse a través da web de Tutellus

Máis información na web da Organización Internacional da Mocidade para América Latina.