Queres coñecer novos métodos na educación infantil?

UVigo - Emprego 07/04/2022

Consigue un contrato para traballar en Alemaña de mestra ou mestra de educación infantil. Non son necesarios coñecementos previos de alemán.

O ministerios de Traballo e de Educación da Baixa Saxonia-Bremen (Alemaña) poñen en marcha a sétima edición do Programa de emprego para educadores e educadoras infantís españois.


Requisitos mínimos esixibles

  • Grao universitario e/ou formación profesional de educación infantil
  • Nacionalidade dun país europeo para poder obter subvencións
  • Non cómpre ter coñecementos de alemán
  • Non é necesaria experiencia profesional previa


Que ofrecen?

  • Remuneración bruta mensual: 2400 € ao mes
  • Xornada completa
  • Axuda de 1040 € para a mudanza a Alemaña 
  • Axuda de 400 € para a homologación e a tradución da documentación e da titulación académica
  • Asesoramento e seguimento antes de viaxar a Alemaña
  • Busca de aloxamento en Alemaña antes da chegada


Sesión informativa

Queres ampliar esta información, vivir experiencias novas, coñecer outras formas de ensinar e mellorar o teu futuro laboral?

Participa na sesión informativa virtual que terá lugar o 10 de maio, de 18.00 a 19.00 horas.

Podes inscribirte enviando un correo electrónico a insercionlaboral@uvigo.gal ata as 14.00 horas do día do evento.