STEF Graduate Program H/M

UVigo - Emprego 22/05/2019

STEF é un líder europeo do transporte e da loxística alimentaria.

Estás buscando unha empresa na que lanzar a túa carreira? Forma parte do Graduate Program. Durante un período de dous anos, nos que se combinan experiencias operacionais sobre o terreo, formacións prácticas e teóricas, podes chegar a converterte nun/ha dos/as directores/as que necesita este grupo para estar, tanto hoxe coma mañá, á altura das necesidades dos seus clientes.

Buscan licenciados/as, graduados/as ou persoas cun mestrado, con mobilidade xeográfica e que queiran desenvolver o seu talento.

Máis información e envío de candidaturas aquí.