Summer Undergraduate Fellowship Program 2025

UVigo - Emprego 28/10/2024

Está aberto o 2025 Summer Undergraduate Fellowship Program (SUPF) da Fundación Barrié con 10 bolsas para realizar prácticas de laboratorio durante nove semanas, entre o 23 de xuño e o 22 de agosto de 2025 e dirixido a estudantes universitarios galegos da área de ciencias da vida.

O obxectivo do SUFP é achegar a investigación biomédica ao estudantado universitario galego para que adquira experiencia nun laboratorio internacional e oriente a súa carreira profesional.

As estadías realizaranse nos seguintes centros:

  • University College London, División de Medicina (Reino Unido)
  • University College London, División de Infeccións e Inmunidade (Reino Unido)
  • Louisiana State University Health Sciences Center, Departamento de Microbioloxía e Inmunoloxía (Estados Unidos)
  • Massachusetts General Hospital, Departamento de Neuroloxía (Estados Unidos)
  • Michigan State University, Facultade de Veterinaria (Estados Unidos)

O estudantado seleccionado recibirá o apoio económico necesario para cubrir os gastos de viaxe, seguro e manutención e unha preparación excelente no campo da investigación biomédica.

Requisitos:

  • Nacionalidade española.
  • Vinculación con Galicia: ter nacido ou residir en Galicia durante polo menos dous anos consecutivos e inmediatamente anteriores á data de peche da convocatoria ou ser fillo ou filla de nai ou de pai nado en Galicia.
  • Matriculado/a a tempo completo nun grao universitario (preferentemente nin de primeiro curso nin de último curso) en titulacións da área de ciencias da vida, entre outras, bioloxía ou enxeñaría biomédica
  • Media académica de polo menos 7 sobre 10.
  • Dispoñibilidade para participar no programa desde o 23 de xuño ata o 22 de agosto.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de novembro de 2024.

Máis información aquí.