Take off – xornada de recrutamento de talento de sociedade téxtil Lonia e a UVigo

UVigo - Emprego 30/05/2019

Sociedade Téxtil Lonia (STL) naceu en xuño de 1997 como un proxecto dedicado ao deseño, produción e venta de coleccións de ready to wear e accesorios. O seu obxectivo principal é o desenvolvemento a longo prazo de marcas de moda a través dunha rede comercial propia cunha clara vocación internacional. Actualmente, a STL desenvolve a nivel internacional as marcas Purificación García e CH Carolina Herrera.
STL organiza nesta ocasión no campus de Vigo unha Xornada de Recrutamento, denominada Take off, na que buscan perfís moi diversos, principalmente de enxeñarías e empresariais.

Cando?

O 10 de xuño de 2019, aproximadamente de 9.00 h a 15.00 h.

Onde?

Esta 3.ª edición terá lugar na Universidade de Vigo, concretamente na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo (aula por confirmar en función do número de inscricións).

Para que?

  • Xestión de produto: acompañará os produtos ao longo de todo o seu ciclo de vida (orzamento, prezo, distribución...) e definirá a estratexia comercial da compañía para maximizar o seu beneficio.
  • Operacións e transformación: aprenderá a coordinar a actividade de todos os departamentos co obxectivo de sensibilizar a organización para levar a cabo unha cadea de valor excelente.
  • Finanzas: coñecerá de primeira man a xestión económico-financeira da empresa: tesourería, administración e contabilidade, seguros, control de xestión etc.
  • Compras: realizará as adquisicións necesarias no momento debido dunha empresa, coa cantidade e calidade requirida e un prezo adecuado.
  • Loxística: adentrarase na distribución, o transporte e o almacenaxe empresarial, así como as relacións que se producen entre estes factores.
  • IT: aprenderá a desenvolver e implantar novas aplicacións de alto valor para a compañía, formarase en asegurar o funcionamento eficiente dos sistemas e comunicacións.
  • Retail operacións: será unha persoa máis na coordinación, seguimento e optimización dos puntos de venta a nivel comercial.
  • Planificación e fabricación: asegurarase do cumprimento dos prazos de produción traballando da man con outros departamentos.

Que ofrecen?

  • Bolsa FEUGA inicial de seis meses, prorrogables por outros seis.
  • Durante o primeiro tramo da bolsa, o/a estudante percibirá 600 euros netos mensuais e no seguinte semestre pasará a percibir 800 euros netos mensuais.
  • Ao ano, o seu manager e Recursos Humanos farán unha avaliación e decidirán sobre a súa incorporación ao cadro de persoal como técnico/a junior.

Envío de currículos e inscricións

Podes inscribirte e enviar o teu currículo aquí.

Prazo

Ata o 2 de xuño de 2019.