Taller de creatividade e innovación

UVigo - Emprego 25/10/2019

Este taller forma parte do programa Destrezas, un programa de formación para o emprego e o emprendemento organizado pola Fundación Universidade de Vigo e dirixido ao estudantado, as persoas egresadas nos últimos anos e as persoas emprendedoras en fase de incubación.

Docente

O taller será impartido por Pablo López, formador e consultor internacional en innovación e creatividade, xestión de proxectos de cultura de innovación e deseño de produtos e servizos. Traballou como responsable de formación en multinacionais como Bosch e Inditex. Tamén é emprendedor e coprodutor do documental "Un día de innovación".

Persoa convidada

Tania Pérez Arribas é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e desenvolve a súa carreira en torno ao deseño e a fotografía. Desde 2015 especialízase en marketing dixital e actualmente é a directora da axencia Tamarindo (web e marketing). Promove proxectos relacionados coa contorna dixital e traballa con clientes como as tendas Mi Casa ou o Ministerio de Cultura e Deporte, entre outros.

Contidos

  • Obter unha visión práctica do proceso creativo na xeración de ideas de emprendemento e innovación.
  • Poñer en práctica e manexar unha caixa de ferramentas (técnicas e dinámicas) que facilitan a solución de problemas e xeren oportunidades de emprendemeento e innovación
  • Gozar en primeira persoa da vivencia emocional que se experimenta ao sentirse inmerso/a en procesos creativos dentro dun proceso de design thinking para innovar.

Cando e onde?

O taller terá lugar o 31 de outubro, de 9.30 a 14.30 h, na sala I do Edificio Miralles no campus de Vigo.

Inscrición e información

O número máximo de admisións será de 30 persoas, por rigorosa orde de inscrición.

Máis información e inscrición aquí.