VI imaginPlanet Challenge

UVigo - Emprego 23/10/2025

imaginPlanet Challenge vai dirixido a estudantes de universidades e de ciclos formativos de grao superior. O programa ten como obxectivo fomentar o espírito emprendedor e xerar ideas de negocio que promovan os obxetivos de desenvolvemento sostible (ODS) e combatan o cambio climático.

A inscrición e a participación en imaginPlanet Challenge son gratuítas e bríndalles aos equipos participantes a oportunidade de vivir unha experiencia única de emprendemento a través dun programa educativo que impulsa actitudes innovadoras e sostibles.