Workshop “Retos do emprendemento no ámbito mariño-marítimo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”

UVigo - Emprego 22/11/2019

A Universidade de Vigo acollerá o vindeiro 28 de novembro, un seminario de traballo do proxecto europeo Sherpa do Mar. Este proxecto vai dirixido a graduados/as, posgraduados/as universitarios/as e investigadores/as universitarios/as, potenciais persoas emprendedoras con experiencia previa na empresa privada, así coma a empresas, centros tecnolóxicos e comunidades costeiras.

O proxecto ten entre os seus obxectivos a consolidación dunha rede transfronteiriza de axentes do ámbito mariño-marítimo que favoreza a coordinación e a identificación de sinerxías dos sistemas de apoio ao emprendemento existentes, facilitando a transferencia de coñecemento das universidades o os centros tecnolóxicos.

Actividades encadradas no desenvolvemento do proxecto

  • Deseño dunha metodoloxía de monitorización e impulso de empresas innovadoras de base tecnolóxica: Sherpa Journeys.
  • Programa de acompañamento científico-técnico e de fomento da transferencia de coñecemento.
  • Selección e valorización de 12 proxectos empresariais innovadores de base tecnolóxica no sector mariño-marítimo
  • Impulso dun itinerario para a mellora das capacidades de 20 empresas do sector, impulsando o vínculo con entidades de transferencia, impulsando a I+D+i e o crecemento sostible.

A xornada de traballo enfocarase a debater sobre as necesidades do sector mariño-marítimo no ámbito do emprendemento en base aos resultado do Diagnóstico do sector mariño-marítimo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.


A diagnose ofrecerá unha análise cuantitativa e cualitativa no contexto xeral de emprendemento no sector mariño-marítimo de Galicia e o Norte de Portugal, facilitando a identificación de oportunidades de negocio asociadas, especialmente, ao sector tecnolóxico.

Inscrición

As prazas son limitadas e para participar é necesario realizar a inscrición ata o 25 de novembro.