Xornada de emprendemento «Por Talento Emprende» 

UVigo - Emprego 05/06/2019

A Fundación ONCE e Inserta Empleo organizan o vindeiro 11 de xuño, en Sevilla, a Xornada de Emprendemento «Por Talento Emprende», en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE) e no marco do Programa operativo de inclusión social e economía social (POISES) 2014-2020. 

Para ser unha persoa emprendedora non basta con ter unha boa idea, senón que hai que superar un camiño de obstáculos ata conseguir a consolidación dunha empresa. O encontro vai dirixido a persoas emprendedoras con discapacidade con talento, capaces de facer os seus soños realidade. 

A finalidade desta xornada é poder elixir entre diferentes mesas e obradoiros onde identificar as habilidades como persoa emprendedora, comezar a dar formar as ideas de negocio, aprender a conseguir os retos aos que se debe enfrontar ata conseguir o éxito ou coñecer as experiencias doutras persoas emprendedoras.

Se tes interese nesta xornada, aconsellámosche que te inscribas aquí canto antes, quedan poucas prazas.

Máis información aquí