Xornadas de orientación Adingor Joven

UVigo - Emprego 06/07/2021

Adingor Novo organiza unha serie de sesións virtuais o vindeiro mércores 7 de xullo de 2021.

Trátase de tres sesións en liña e de balde sobre a temática da investigación, da transferencia e da docencia. Pese a estar orientadas ao mundo da enxeñaría de organización, o programa pode ser de interese tamén para moitos outros colectivos que se atopen nas primeiras etapas da súa carreira académica.

Programa

9.30-11.30 h Internacionalización da investigación: xornada orientada a consellos e a estratexias para unha internacionalización eficaz da investigación desde as primeiras etapas da carreira académica.
12.00-14.00 h Transferencia de coñecemento ao mundo empresarial: visións e puntos de vista sobre a transferencia de coñecementos ao mundo empresarial. Datos imprescindibles sobre a transferencia e experiencias prácticas.
16.00-18:00 h Novos enfoques para a innovación educativa: sesión sobre modelos de aprendizaxe, ferramentas de innovación docente e consellos sobre como aproveitar ao máximo as habilidades docentes.

 

Información e inscrición

As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario.

Máis información.