Normativa e documentación
Atopa aquí a normativa e a documentación sobre os procedementos para a realización, seguimento e acreditación de prácticas académicas para estudantes.
Normativa
Normativa xeral
Normativa da Universidade de Vigo
- Regulamento de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo
- Instrucións sobre o procedemento para a realización das prácticas académicas externas
Modelos e documentos para a formalización de convenios e acordos internos
A Universidade de Vigo utilizará o seu propio modelo de convenio de cooperación educativa aprobado en Consello de Goberno. Só se asinará un convenio por empresa que cubrirá as prácticas curriculares e extracurriculares, ofertadas en calquera dos centros da Universidade de Vigo tanto para ensinos de grao como de máster ou para ambos, así como para plans anteriores a Bolonia.
Para a formalización do convenio e en función do destino das prácticas, deberá achegarse á Área de Emprego e Emprendemento un dos seguintes modelos de convenio de cooperación educativa:
Modelo nacional
Cobre as prácticas do estudantado en entidades colaboradoras dentro do territorio español
Modelo internacional
Cobre as prácticas do estudantado en entidades colaboradoras fóra do territorio español, excepto as realizadas ao abeiro de programas de intercambio internacionais que posúan o seu propio modelo de convenio. O modelo de convenio dependerá do nivel para a transferencia internacional de datos indicado no RXPD:
- Convenio de cooperación educativa con entidades de países pertencentes á UE
- Convenio de cooperación educativa con entidades de países non pertencentes á UE
- Convenio de cooperación educativa con entidades de países non pertencentes á UE, pero considerados cun nivel adecuado para efectos do artigo 45 do RXPD
Acordo interno
Cobre as prácticas do estudantado en servizos, dependencias ou centros da Universidade de Vigo.
Modelo interuniversitario
Cobre as prácticas externas en entidades colaboradoras do estudantado matriculado en titulacións interuniversitarias.
Formalización de prácticas académicas externas
Velaquí a documentación necesaria para formalizar as prácticas externas de acordo coa normativa aprobada polo Consello de Goberno o 29 de abril de 2021:
Prácticas nacionais
- Anexo 0: oferta de práctica
- Anexo I: condicións da práctica académica externa
- Anexo II: declaración responsable da entidade colaboradora
- Anexo III: compromiso do/a estudantado
- Anexo IV: informe do titor/a da empresa ou da entidade
- Anexo V: informe do titor/a académico
- Anexo VI: informe do/a estudante
- Anexo VII: solicitude de modificación das condicións das prácticas externas
- Anexo VIII: solicitude de rescisión/interrupción das prácticas externas
- Anexo IX: certificado de titorización da empresa
- Anexo X: certificado de realización das prácticas externas
Máis información:
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
areaemprego@uvigo.gal