Preguntas frecuentes

 

 

FAQ sobre a alta na Seguridade Social (SS) do estudantado en prácticas

O número da Seguridade Social (NUSS) é o número co que a Seguridade Social te identifica. Tamén se coñece como o número de afiliación (NAF). 

A través deste número benefíciaste das proteccións e das prestacións que garante o sistema da Seguridade Social e formalízanse tanto as túas obrigacións como as das empresas ou entidades onde traballes durante toda a túa vida laboral. Sen introducir este número no teu perfil de Sigma da UVigo, non poderás cotizar polas prácticas. Por isto, mentres non dispoñas deste número, non comeces a xestión das túas prácticas.
 

O NUSS  preséntase  nun formato do tipo «08/12345678-01». Fíxate que teña 12 díxitos. Pode haber unha barra ou un guión entre o segundo e terceiro número e entre o décimo e o undécimo número.

Por aplicación da disposición adicional 52.ª do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, é obrigatorio que a entidade onde realices as prácticas externas ou, no seu caso, a universidade, te dea de alta na Seguridade Social. 
 

Unha vez obtido o teu número, debes introducilo na aplicación SIGMA, seguendo esta ruta: accede á «Secretaría virtual-Portal académico» e na esquina superior da dereita preme en «O meu perfil», «Datos persoais» e introduce o teu NUSS. 

No caso de que en SIGMA xa estea incorporado un NUSS e que os díxitos sexan distintos ao que ti tes, consulta o teu número no portal Importass a través do servizo de acreditación do Número da Seguridade Social e asegúrate de introducir o número correcto.
 

Se es estudante do programa Erasmus+ Prácticas ou dun programa de mobilidade similar e sempre que teñas dereito a unha axuda, será a UVigo quen asuma a obriga de cotizar como entidade pagadora da axuda.

O estudantado de Erasmus+ Estudos ou dun programa de mobilidade similar queda excluído do ámbito de aplicación da norma e, polo tanto, non ten dereito á alta na Seguridade Social.
 

Como regra xeral, debes residir en España para ser incluído/a no sistema de Seguridade Social, polo que non tes dereito a alta.
 

As prácticas extracurriculares dan dereito á alta a condición de que sexan susceptibles de incorporarse ao suplemento europeo ao título e fosen previamente autorizadas pola universidade. Os títulos propios non poden acompañarse do suplemento europeo ao título.
 

As actividades de extensión universitaria como cursos, seminarios, simposios, congresos, obradoiros e xornadas non dan dereito á alta, xa que non están encamiñadas a obter un título oficial nin un título propio.
 

As actividades que se desenvolvan nunha empresa para a elaboración dun traballo fin de grao ou dun traballo fin de mestrado non se consideran prácticas e non dan, por tanto, dereito á alta na Seguridade Social.
 

Si, pero antes de empezar as prácticas debes ter o teu número da Seguridade Social e o teu NIE, para que se poida tramitar a alta. Ademais, terás que indicar un enderezo válido de residencia fiscal.

Importante: se non dispós do teu NIE, non poderás solicitar o teu NUSS a través dos enlaces ofrecidos no punto correspondente.

Para obter o teu NIE debes acudir á Oficina de Estranxeiría máis preto de ti:

  • Ourense: Parque de San Lázaro 1, 32003 Ourense (Ourense)
  • Pontevedra: Rúa de Michelena 28, 36002 Pontevedra (Pontevedra)
  • Vigo: Rúa de Teófilo Llorente 4, 36202 Vigo (Pontevedra)
  • Outras oficinas de estranxeiría en España

De forma xeral, no caso de prácticas curriculares non remuneradas e de prácticas de carácter internacional con bolsas de mobilidade, a UVigo asume as obrigas de alta. No caso das prácticas extracurriculares remuneradas e nonremuneradas, deberán ser asumidas pola entidade colaboradora.  
 

Cada modificación da data de inicio ou de fin, así como do calendario previsto (días concretos nos que se desenvolverán as prácticas) supón unha variación dos datos que se deben comunicar á SS, polo que non se admitirán modificacións que afectan esas cuestións se non é por causa de forza maior debidamente acreditada (baixa, enfermidade…).
 

Figurar de alta previamente na Seguridade Social non che impide realizar as prácticas, aínda que non terás dereito ás prestacións correspondentes ás prácticas nin cotizarás por elas mentres coincidan ambas as situacións.
 

Se estás a cobrar a prestación por desemprego ou te atopas noutra situación asimilada á alta na Seguridade Social con obrigación de cotizar, poderás realizar as prácticas, pero non terás dereito ás prestacións correspondentes ás prácticas nin cotizarás por elas mentres coincidan ambas as situacións. Recomendámosche preguntar no SEPE ou consultalo aquí.
 

Se estás a gozar de asistencia sanitaria por ser mutualista ou beneficiarte de MUFACE ou doutra mutua, seguirás recibindo a dita asistencia e non procede darte de baixa nas devanditas mutualidades. A alta na Seguridade Social en situación asimilada a traballadores pola realización de prácticas non afectará a asistencia sanitaria á que poidas ter dereito previamente.
 

É o teu médico/a quen debe valorar se estás en condicións de realizar prácticas. No caso de que che dean a baixa médica ou o teu médico/a estime que non podes realizar as prácticas, debes comunicar a situación á persoa que coordine as túas prácticas para que xestione a súa suspensión e á entidade onde as realices para que teñan coñecemento.
 

Máis información:

Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

Linkedin