muller investigadora

Como ofertar prácticas?

Se a súa empresa está interesada en acoller a estudantes da Universidade de Vigo en prácticas, nos seguintes apartados ten información importante sobre as distintas modalidades e o procedemento de formalización

Convenios de cooperación educativa

Para acoller estudantes en prácticas, as empresas e institucións deben ter asinado previamente un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo no que se establecerán, entre outras cousas, as condicións en que se desenvolverán estas, así como os deberes e obrigas das partes.

A Área de Emprego e Emprendemento ten establecido un modelo tipo de convenio que, unha vez asinado, permitirá que a túa empresa ou institución formalice prácticas académicas externas, tanto curriculares como extracurriculares, co alumnado de calquera titulación que se imparta na Universidade de Vigo.

Existen dúas vías para a formalización do convenio de cooperación educativa. O uso dunha vía ou outra dependerá da modalidade curricular ou extracurricular da práctica que interese formalizar por primeira vez. Lembre que, unha vez asinado o convenio, este servirá para ambas as modalidades.

 

Prácticas curriculares

Características

  • Forman parte do plan de estudos que está a cursar o estudantado. É dicir, son unha materia (obrigatoria ou optativa) que as persoas matriculadas deben cursar.
  • A xestión destas prácticas é competencia das escolas ou facultades nas que se imparte cada titulación.
  • A duración da práctica ten relación directa co número de créditos da materia (1 crédito ECTS = 25/30 horas)
  • A súa programación ao longo do curso académico dependerá do calendario de cada titulación.
  • A concesión dunha bolsa ou axuda económica ao estudantado é voluntaria por parte da empresa.

Como formalizar o convenio de prácticas?

Para formalizar tanto o convenio como as prácticas debe poñerse en contacto coa persoa que coordina as prácticas no centro no que se imparte a titulación que lle interesa. Abaixo ten unha listaxe de titulacións así como de coordinadores e coordinadoras de prácticas nos centros. Se no centro existe interese en asinar o convenio, comunicaranllo á Área de Emprego e Emprendemento desde onde contactaremos coa empresa para xestionar a sinatura do convenio.

 

Consulta as titulacións que se imparten na Universidade de Vigo:

Estudos de grao  Mestrados

 

Consulta as persoas que coordinan as prácticas en cada centro:

Coordinadores e coordinadoras

 

Prácticas extracurriculares

Características

  • Trátase de prácticas que se realizan de xeito voluntario polo alumnado e non forman parte do plan de estudios que están a cursar. Non se trata dunha materia.
  • A xestión destas prácticas está encomendada pola Fundación Universidade de Vigo (Fuvi).
  • A duración das prácticas non poderá ser superior á metade dun curso académico.
  • A concesión dunha bolsa ou axuda económica ao estudante é obrigatoria por parte da empresa.

Como formalizar o convenio de prácticas?

A Fundación Universidade de Vigo é un medio propio da Universidade de Vigo que, entre outras, ten encomendada a xestión das prácticas extracurriculares dos estudantes, así como os convenios de cooperación educativa que lles dean soporte.

Para formalizar o convenio e a oferta de prácticas é necesario poñerse en contacto coa Fuvi no 986 814086 ou no enderezo electrónico practicas@fundacionuvigo.es