Escola Superior de Enxeñaría Informática

Equipo de goberno

Director/a

Arno Formella

Secretario/a de Escuela

María Encarnación González Rufino

Subdirector/a

Eva María Lorenzo Iglesias
Francisco Javier Rodríguez Martínez
Alma María Gómez Rodríguez
Adrián Seara Vieira

Localización

Campus Universitario As Lagoas, S/N
CP: 32004
Ourense

Código do centro

106

    Máster Universitario en Enxeñaría Informática

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    90
    Número de cursos
    2
    Prazas
    25
    Código
    10415

    O Mestrado en enxeñaría informática ten como obxectivo principal a formación de profesionais altamente cualificados, capaces de planificar, deseñar, dirixir, coordinar e xestionar proxectos, produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática.

    Obtivo o selo internacional EUROINF en maio de 2023. Trátase dun certificado outorgado pola Rede europea de garantía da calidade a educación en informática (EQANIE) que certifica que un programa de formación en enxeñaría de nivel de licenciatura ou de mestrado cumpre cos estándares internacionais establecidos por académicos/as e profesionais que colaboran coa dita axencia.

    O mestrado conta con tres orientacións ou especializacións cun alto nivel de empregabilidade na contorna socioeconómica galega e española:

    • Investigación en enxeñaría informática
    • Seguridade da información en sistemas e redes
    • Desenvolvemento de grandes sistemas de software

    Acceso e admisión

    Poderá acceder o alumnado que estea en disposición dun dos seguintes títulos académicos: 

    • Grao en Informática
    • Enxeñaría técnica en Informática de Xestión, enxeñaría técnica en Informática de Sistemas ou diplomatura en Informática
    • Enxeñaría ou Licenciatura en Informática
    • Títulos de grao da rama de arquitectura e enxeñaría
    • Títulos de grao da rama de ciencias

    - Outros títulos obtidos en sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos mesmos

    Se es graduado/a en Enxeñaría Informática ou enxeñeiro/a técnico en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, non tes que cursar complementos formativos. Noutros casos será a comisión académica a que determine se é preciso cursar con carácter previo ata 48 créditos ECTS de complementos formativos ou non.
     

    Perfil de ingreso recomendado

    Aínda que se permite a formación de diversos colectivos, existen dous perfís de ingreso fundamentais:

    • Persoas co título de Grao en Enxeñaría Informática e que desexen continuar os estudos para obter unha titulación de segundo ciclo.
    • Alumnado con títulos LRU relacionados coa informática (enxeñeiro/a técnico en Informática, diplomado/a en Informática, enxeñeiro/a en Informática ou licenciado/a en Informática) e que desexa transformar o seu título para adaptar o seu currículo á nova estrutura de formación definida polo espazo superior de educación europeo.
       

    Obxectivos xerais da titulación

    • Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todas as áreas da enxeñaría informática.
    • Capacidade para xestionar a construción e instalación de sistemas informáticos, cumprindo a normativa vixente e garantindo a calidade do servizo.
    • Capacidade para dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.
    • Capacidade para a modelización matemática, o cálculo e a simulación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría de empresas, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todas as áreas relacionadas coa enxeñaría informática.
    • Capacidade para desenvolver, planificar estratexicamente, dirixir, coordinar e xestionar proxectos técnicos e económicos en todas as áreas da enxeñaría informática seguindo criterios de calidade e ambientais.
    • Capacidade para a dirección xeral, a dirección técnica e a xestión de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, en empresas e centros tecnolóxicos, no ámbito da enxeñaría informática.
    • Capacidade para poñer en marcha, dirixir e xestionar procesos de fabricación de equipos informáticos, garantindo a seguridade das persoas e os bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación.
    • Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaz de integrar estes coñecementos.
    • Capacidade para comprender e aplicar a responsabilidade ética, a lexislación e a deontoloxía profesional da actividade da profesión de enxeñeiro/a en informática.
    • Capacidade para aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, a regulación e a estandarización das tecnoloxías da información.
       

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    Profesión para as que capacita o título: enxeñeiro/a informático

    Nota: a profesión non conta con atribucións profesionais, pero si existe un marco legal de referencia sobre a profesión (Resolución do 8 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Universidades, polo que se establecen recomendacións para a proposta polas universidades de memorias de solicitude de títulos oficiais nos ámbitos da enxeñaría informática, enxeñaría técnica informática e enxeñaría química.  BOE-A-2009-12977).
     

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Analia Maria Garcia Lourenço

    Máster Universitario en Intelixencia Artificial

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    90
    Número de cursos
    2
    Prazas
    20
    Código
    O06M193V01

    O Mestrado en intelixencia artificial é un programa interuniversitario, impartido pola UDC, USC e UVigo. Está deseñado como un programa integral para a formación de profesionais e emprendedores neste campo. O avance das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de sistemas intelixentes requiren profesionais con competencias en numerosas áreas: informática, matemáticas, estatística e empresariais.

    Este mestrado satisfará as necesidades de diversos sectores empresariais que requiren cada vez máis persoas expertas no desenvolvemento de sistemas intelixentes. Estudos recentes destacan esta profesión como unha das máis demandadas e mellor remuneradas.
     

    Acceso e admisión

    • Acreditación do nivel B1 de inglés do marco común europeo de referencia, nos termos que determine a comisión de selección e admisión de estudantes, dado que o título se imparte integramente en inglés.

    O alumnado que solicite a súa admisión neste título debe contar, preferentemente, con algunha das seguintes titulacións universitarias de grao, licenciatura ou enxeñaría técnica nos seguintes ámbitos (incluíndo aqueles títulos con denominacións equivalentes ou alternativas ás incluídas na listaxe):

    • Enxeñaría informática
    • Ciencia e enxeñaría de datos
    • Intelixencia artificial
    • Robótica
    • Matemáticas
    • Física
    • Enxeñaría de telecomunicacións
    • Enxeñaría industrial

    No caso do alumnado que solicite a súa admisión e posúa un título diferente aos incluídos na listaxe anterior, valorarase a súa admisión en función de que poida xustificar que os seus estudos previos conduciran á adquisición dos coñecementos recomendados incluídos nesta mesma sección. Non se prevén complementos formativos para adquirir os coñecementos básicos previos.

    Os baremos cos que se avaliarán as solicitudes de ingreso basearanse nos seguintes aspectos:

    • Expediente académico
    • Outros méritos relacionados co ámbito da intelixencia srtificial (experiencia laboral, formación extracurricular, participación en actividades relacionadas co ámbito da intelixencia artificial etc.)

    O expediente académico terá un peso máximo do 70 % do total e os outros méritos un peso máximo do 30 %. Os criterios concretos para cada curso académico serán establecidos e publicados con anterioridade ao comezo dos períodos de preinscrición e matrícula.
     

    Perfil de ingreso recomendado

    O perfil idóneo do estudantado que accede a este título de mestrado pode describirse en función dun conxunto de habilidades e coñecementos ben identificados e da súa formación académica previa.

    Como coñecementos recomendados indícanse os seguintes:

    • Matemáticas (análises, álxebra lineal, xeometría, estatística básica e probabilidade)
    • Programación, estruturas de datos e algoritmos
    • Fundamentos de estrutura de computadores

    Entre as habilidades desexables no alumnado que ingrese no programa formativo pódense citar as seguintes:

    • Capacidade básica no manexo das novas tecnoloxías
    • Capacidade de abstracción, análise, síntese e razoamento lóxico
    • Capacidade de traballo en equipo
    • Sentido da organización, atención ao detalle e sentido práctico
    • Curiosidade, imaxinación, creatividade, innovación e espírito emprendedor
    • Interese polos avances científicos e tecnolóxicos

    Obxectivos xerais da titulación

    Os obxectivos do plan de estudos do mestrado son os seguintes:

    • Formar a profesionais con capacidade de desenvolver sistemas intelixentes para axudar na toma de decisións no ámbito científico e empresarial.
    • O estudantado deste mestrado será capaz de xerar solucións prácticas a problemas tecnolóxicos, empresariais e sociais.
    • Combinando o estudo de materias como as matemáticas e a informática, co manexo avanzado das novas tecnoloxías dixitais da información e a comunicación (estatística, intelixencia artificial, aprendizaxe autónoma…) o estudatando egresado desta titulación converterase nun perfil moi atractivo á hora de cubrir as necesidades que se están dando no mercado laboral.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Alma María Gómez Rodríguez