Facultade de Dirección e Xestión Pública

Equipo de goberno

Decano/a

Enrique José Varela Álvarez

Secretario/a de Facultade

Óscar Briones Gamarra

Vicedecano/a

Sara María Torres Outón
Xosé María Mahou Lago

Localización

Campus A Xunqueira, s/n
CP: 36005
Pontevedra

Código do centro

207

    Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Virtual
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    25
    Código:
    P04M125V11

    Este mestrado en modalidade en liña é unha titulación oficial recoñecida polo Ministerio de Educación e impartido pola a Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo dende o ano 2011.

    O seu obxectivo é proporcionar unha formación avanzada e multidisciplinar no campo da administración e a xestión pública. O alumnado que escolla este programa adquirirá as habilidades necesarias para cursar un doutoramento e acadar un alto nivel de especialización, o que lle permitirá realizar actividades de asesoramento, consultoría e investigación.
     

    Acceso e admisión

    1. Certificado académico (nota media do expediente calculada): ata 4 puntos. Valorarase a nota media do expediente académico, calculada segundo os criterios establecidos pola universidade. 
    2. Título de acceso: ata 3 puntos. 
      1. Título universitario en Dirección e Xestión Pública ou Administración e Xestión Pública (ou similar): 3 puntos. 
      2. Título universitario noutras titulacións do ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas (preferentemente Ciencias Políticas, Dereito, Economía e Empresa): 2 puntos. 
      3. Título universitario noutros ámbitos de coñecemento: 1 punto. 
    3. Carta de motivación/experiencia profesional: ata 3 puntos.
      Non se debe achegar un CV, senón unha carta de motivación cunha extensión máxima de 300 palabras. Nesta carta deberá incluírse exclusivamente a seguinte información:
      1. Experiencia profesional relevante (ata 2 puntos). Valorarase unicamente a experiencia profesional directamente relacionada co perfil do programa. Deberá indicarse de forma breve: o tempo total traballado (en anos/meses), o sector (público ou privado) e a área ou ámbito de traballo. 
        Esta experiencia profesional deberá acreditarse mediante documentación (contratos, certificados, etc.). A experiencia non acreditada non será obxecto de valoración.
      2. Aliñamento cos obxectivos do programa (ata 1 punto). Avaliarase como a persoa candidata xustifica o seu interese polo programa e de que maneira este contribuirá ao seu desenvolvemento profesional. 
        Nota importante: non se terán en conta outros aspectos non solicitados, tales como outra formación académica (licenciatura, grao, mestrado ou doutoramento), cursos de formación, idiomas ou outros méritos non relacionados. Non se debe achegar o CV.

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo xeral do Mestrado en xestión pública e liderado institucional é proporcionar unha formación avanzada e multidisciplinar no campo da xestión e administración públicas, que lle permita ao estudantado continuar estudos en programas de doutoramento relacionados así como alcanzar un alto nivel de especialización que para realizar actividades de asesoramento e consultoría dentro das administracións públicas.

    Este obxectivo xeral conséguese a través de tres obxectivos específicos:

    • Afondar nas abordaxes, teorías e paradigmas clásicos e actuais da xestión pública.
    • Coñecer e aplicar as ferramentas de análise básicas para o estudo sistemático dos recursos e habilidades propios da función directiva.
    • Iniciar tarefas de investigación no campo da xestión pública mediante a asimilación de métodos e técnicas de investigación avanzadas.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Xosé María Mahou Lago