Facultade de Fisioterapia

Equipo de goberno

Decano/a

María Mercedes Soto González

Secretario/a de Facultade

María del Rocío Abalo Núñez

Vicedecano/a

Iria Da Cuña Carrera
Alejandra Alonso Calvete

Localización

Campus A Xunqueira, s/n
CP: 36005
Pontevedra

Código do centro

205

    Máster Universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia

    Ciencias da Saúde
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código:
    P05M191V01

    Este mestrado pretende formar fisioterapeutas de forma especializada no exercicio terapéutico para tratar patoloxías, ampliando a súa base de coñecementos e mellorando a súa competencia profesional.

    O programa formativo facilítalle ao futuro alumnado a adquisición das competencias necesarias para realizar unha análise crítica do nivel de evidencia científica sobre o exercicio terapéutico, orientando aos profesionais da fisioterapia na investigación neste campo. Tamén contribúe para seguir estudos de terceiro ciclo.
     

    Acceso e admisión

    O acceso ao mestrado requirirá que o estudantado sexa graduado en Fisioterapia ou posúa un título universitario equivalente en Fisioterapia,sexa ou non doutro estado pertencente ao espazo europeo de educación superior.

    Os criterios de avaliación son os seguintes:
    - Expediente académico: 50 %
    - Méritos de investigación (bolsas de colaboración en departamentos, publicacións, libros, capítulos de libros, artigos e comunicacións en congresos científicos no campo da fisioterapia): 15 %
    - Experiencia profesional (como fisioterapeuta): 10 %
    - Coñecemento dunha lingua estranxeira (acreditado por un organismo oficial, daráselle prioridade ao coñecemento do inglés sobre outras linguas estranxeiras): 10 %
    - Premio extraordinario de fisioterapia: 5 %
    - Outros méritos (como bolsas de mobilidade SICUE ou Erasmus, priorizando bolsas internacionais; asistencia a congresos no ámbito do mestrado; realización de cursos acreditados por un organismo oficial; pertenza a calquera dos comités reguladores da Facultade de Fisioterapia; asistencia a eventos deportivos a través das unidades de fisioterapia; realización de prácticas externas extracurriculares): 5 %
    - Entrevista persoal (se é necesario): 5 %
     

    Obxectivos xerais da titulación

    O título ten os seguintes obxectivos:

    - Formar fisioterapeutas de xeito especializado no exercicio terapéutico para tratar patoloxías, ampliando a súa base de coñecementos.
    - Dotar o futuro estudantando das habilidades necesarias para analizar criticamente o nivel de evidencia científica sobre o exercicio terapéutico, guiando os profesionais da fisioterapia na investigación neste campo.
    - Tamén contribuír á realización de estudos de posgrao.
     

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    María Del Rocío Abalo Núñez