Comunicación audiovisual e publicidade
Equipo de goberno
Director/a
Secretario/a
Localización
Código do departamento
Titulacións
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
Características
A importancia do deseño no contexto da cultura e da sociedade actual resulta indiscutible. A formación específica en deseño non é só unha demanda da sociedade, senón un axente fundamental do desenvolvemento económico de Galicia, onde o sector da moda é unha industria prioritaria.
O Mestrado universitario en deseño e dirección creativa en moda conta cun programa actual e conectado coa realidade do mundo profesional. É a lóxica evolución xurdida dunha extensa experiencia na formación en moda durante máis de dez años na Universidade de Vigo.
Dentro do mestrado desenvolveuse un programa de prestixio que o situá á vangarda dos centros formativos en deseño de moda en España. Os nosos titulados e tituladas están presentes habitualmente nas principais pasarelas do país e forman parte dos equipos creativos de unha extensa listaxe de firmas de moda: Inditex, Purificación Garcia, CH, Bimba y Lola, Adolfo Domínguez e un longo etcétera. O mestrado supón un paso máis alá na formación especializada con obxectivos e retos ben definidos e co equipo humano e o material necesarios para levalos a cabo.
Acceso e admisión
No caso de que a demanda supere as prazas ofertadas, establécense os seguintes criterios de valoración de méritos:
- Expediente académico da titulación que se presente para o ingreso. Valorarase a adecuación da titulación e a cualificación media global. (30 %)
- Dossier de obra ou presentación visual que conteña traballos e/ou propostas relacionadas con algún ámbito da moda: deseño, creación artística, gráfica e comunicación, textos críticos etc. (35 %)
- Curriculum vitae (CV) da persoa candidata, tendo en conta a súa adecuación á titulación á que pretende acceder. (25 %)
- Coñecemento de linguas estranxeiras debidamente acreditado: inglés, portugués etc. (10 %)
A comisión académica do mestrado será a encargada da selección do alumnado, logo da comprobación por parte das unidades administrativas de que as persoas solicitantes cumpren os requisitos de acceso e admisión. A ponderación dos diferentes criterios de selección farase pública coa convocatoria de preinscrición. Os prazos de solicitude e o procedemento de admisión serán os establecidos pola Universidade de Vigo.
Perfil de ingreso recomendado
O mestrado está destinado a persoas tituladas en estudos universitarios (graduadas e/ou licenciadas) procedentes do ámbito das humanidades (Belas Artes, Historia da Arte … ) ou doutras áreas de coñecemento relacionadas, como a científico-técnica ou a xurídico-social (Arquitectura, Comunicación, Publicidade …).
As persoas licenciadas ou graduadas en estudos universitarios en Belas Artes ou en Deseño, e as dúas áreas de coñecemento anteriormente indicadas terán prioridade sobre o resto dos solicitantes. Con todo, a comisión académica valorará as solicitudes de persoas tituladas doutras ramas que desexen acceder ao mundo do deseño contemporáneo na súa vertente teórico práctica ou ao campo da investigación.
Obxectivos xerais da titulación
Formamos especialistas en moda con amplas perspectivas profesionais e un coñecemento profundo dos procesos e ferramentas empregados para a investigación, a análise e a previsión de tendencias. Este é o mestrado axeitado para ti se queres ser un creativo ou creativa capaz de lanzar a túa propia marca ou unirte a equipos de deseño cun perfil versátil en campos como a dirección creativa, o estilismo e o deseño de moda ou o deseño gráfico para moda.
Plan de estudos
Saídas Profesionais
- Deseño de prenda de muller, home e nenos
- Deseño de plana
- Deseño de produto téxtil, complementos etc.
- Estilismo
- Dirección creativa
- Dirección de arte
- Desenvolvemento de estampados
- Análise de tendencias
- Visuals merchandisers
- Deseño de peza gráfica
- Deseño gráfico para moda
- Product manager
- Comunicación de moda
- Deseño para e-commerce
- Creación de contidos dixitais de moda
- Investigación en moda
- Crítica de moda
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
Características
O Mestrado en dirección de arte en publicidade ofrece unha formación especializada orientada a proporcionar unha visión profesional do deseño gráfico e da creatividade aplicada ao proceso publicitario.
Trátase dun programa de posgrao cun enfoque eminentemente práctico, concibido para dotar ao estudantado das competencias necesarias que faciliten a súa incorporación a departamentos de arte, permitíndolles participar de maneira activa no desenvolvemento de procesos creativos.
Así mesmo, o carácter obrigatorio das prácticas externas favorece a adquisición dunha perspectiva integral e profesional da contorna laboral, contribuíndo a unha mellor comprensión do sector no que desenvolverán a súa actividade profesional.
Acceso e admisión
O órgano de admisión é a comisión académica do mestrado (a súa composición e cargos pódense consultar na web da titulación).
En canto aos criterios de valoración de méritos do potencial alumnado, estableceuse un baremo sobre 100 puntos de acordo cos seguintes requisitos:
- Titulados/as en Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e Belas Artes: 30 puntos
- Titulados/as en Xornalismo, Historia da arte e titulacións das Ciencias Sociais: 10 puntos
- Resto de titulacións: 0 puntos
- Expediente académico: ata 30 puntos.
- Currículum vítae profesional: ata 20 puntos.
- Portafolio cos traballos máis representativos na traxectoria das persoas aspirantes: ata 20 puntos.
O número mínimo de estudantes será de 20 e o máximo 30.
Mestrado 100 % presencial. Non se admitirá matrícula a tempo parcial nestes estudos.
Obxectivos xerais da titulación
- Dominar os coñecementos e as ferramentas necesarias para o desempeño competente, autónomo ou colaborativo de actividades profesionais relacionadas coa creatividade publicitaria.
- Ser capaz de construír e planificar discursos propios da comunicación publicitaria para desenvolver campañas, adaptando as estratexias e as mensaxes aos obxectivos establecidos e aos diferentes públicos.
- Fomentar a capacidade analítica, crítica e reflexiva en relación coa creatividade publicitaria, con coñecementos teóricos, técnicos e estéticos sobre as orixes, o panorama actual e as novas tendencias da dirección artística en publicidade.
- Coñecer a historia e as diferentes teorías do deseño e a creatividade publicitaria.
- Ser capaz de identificar novas tendencias relacionadas coa publicidade e a comunicación mediante o uso de ferramentas e bases de datos específicas.
- Coñecer as técnicas e os procesos creativos da publicidade, tanto na teoría como na práctica, identificando os recursos, elementos e métodos empregados.
- Posuír a capacidade teórica e práctica para a creación, elaboración e desenvolvemento dun orixinal publicitario no marco dunha estratexia corporativa global, adaptándoo ás necesidades creativas e de produción de cada unha das canles de difusión.
- Ter coñecementos básicos para situar a actividade publicitaria nun contexto de competencia local, nacional e internacional, destacando a importancia das técnicas creativas como activo diferenciador na publicidade.
- Ser capaz de crear e desenvolver ideas de proxectos publicitarios que se adapten a posibles cambios ou novos contornos de mercado.
- Ser capaz de concibir e deseñar mensaxes creativas eficaces dentro dunha estratexia publicitaria, orientada a diferentes medios e soportes, segundo os públicos establecidos.
- Ser capaz de producir mensaxes creativas eficaces dentro dunha estratexia publicitaria.
- Ser capaz de redactar textos publicitarios con fluidez e axeitadamente ás necesidades creativas da mensaxe, aplicando as características da linguaxe publicitaria.
- Practicar a autoavaliación crítica dos resultados, valorando a importancia de corrixir os erros cometidos no proceso creativo.
- Ter a capacidade de organizar e programar tarefas, cumprindo os prazos para as entregas orixinais segundo unha estratexia publicitaria específica.
- Ser capaz de crear e desenvolver marcas persoais, adaptándoas a diferentes medios e formatos.
- Coñecer as técnicas para o desenvolvemento de proxectos multimedia interactivos.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Realidade Estendida
Características
XR? Complementar ou substituír a realidade que sentimos con elementos virtuais, iso é a realidade estendida (XR). Transversal e disruptiva, de aplicación en todos os sectores. industria 5.0, web 4.0, metaverso... Este mestrado interuniversitario polas universidades de Vigo e da Coruña é técnico esixente, aplicado e multidisciplinar.
Por que estudar esta titulación? Pola crecente importancia da realidade estendida na competitividade de Europa e tamén por:
- Énfase na produción áxil de proxectos.
- O usuario/a final é condición sine qua non.
- O traballo en equipo é clave.
- Para cada necesidade durante o mestrado, unha soa ferramenta software que manexar. A ferramenta é unha utilidade, non un fin.
- A presencialidade é reducida, só dúas tardes á semana.
- Permite ser útil á empresa que contrate desde o minuto 1, integrando en calquera desenvolvemento en marcha.
O Mestrado interuniversitario en realidade estendida é un programa de estudo especializado e en profundidade sobre a tecnoloxía XR. Fai fincapé na produción áxil de proxectos en equipos de traballo, capaces de adaptarse progresivamente aos posibles cambios no desenvolvemento de produtos.
Especialidades
Para poder formar os dous perfís profesionais distintos que facilita este mestrado, definíronse dúas especialidades e será obrigatorio elixir unha delas:
- Técnico/a avanzado en realidade estendida: profúndase na algorítmica, programación e optimización das prestacións dos sistemas que implementan os espazos virtuais.
- Deseñador/a de experiencias en realidade estendida: profúndase na integración dos espazos virtuais nos procesos de produción xa existentes, na satisfacción do usuario e na creación de novas solucións en diversos ámbitos (deseño, produción, mantemento, adestramento…) e sectores (industria 4.0, saúde, educación…).
Acceso e admisión
Os criterios de avaliación das solicitudes aceptadas pola comisión académica basearanse nos seguintes aspectos:
- Expediente académico: ata o 70 % da nota. Para o alumnado procedente de programas de grao que non se consideren preferentes, o seu expediente académico multiplicarase por un factor de ponderación, inferior a 1, relacionado cos cursos realizados en habilidades de programación, deseño de algoritmos e coñecementos de electrónica. O método para calcular este factor de ponderación será determinado pola comisión académica antes de que comece o proceso de preinscrición e matrícula.
- Experiencia investigadora : ata o 30 % da cualificación. Poderá concertarse unha entrevista persoal para avaliar a idoneidade.
- Experiencia laboral: ata o 30 % da cualificación. Poderase concertar unha entrevista persoal para avaliar a idoneidade.
- Outros méritos relacionados co campo da realidade ampliada: ata un 10 % da nota. Poderase concertar unha entrevista persoal para avaliar a idoneidade.
- Situación de desemprego no momento de solicitar a reserva de praza: ata o 10 % da nota.
As porcentaxes específicas asociadas á escala para cada curso académico estableceranse e publicaranse con antelación ao inicio dos períodos de preinscrición e matrícula.
A comisión académica establecerá as equivalencias entre os estudos cursados noutras universidades e os que poidan ser recoñecidos no plan de estudos.
- Experiencia laboral.
A experiencia profesional acreditada tamén poderá ser recoñecida en forma de créditos, ata un máximo de 7,5 ECTS. En concreto, os créditos do curso de prácticas externas poderán ser recoñecidos por experiencia laboral e profesional acreditada, sempre que a experiencia fose, polo menos, como enxeñeiro/a, técnico/a, diplomado/a, graduado/a no campo dos proxectos de realidade estendida (XR).
Perfil de ingreso recomendado
En xeral, a candidatura ideal terá un título nun campo relacionado coas TIC, que se considera a cualificación preferida. Espéranse habilidades de programación, experiencia en deseño de algoritmos e coñecementos de arquitectura informática. Os candidatos/as cun título técnico que non se considere a cualificación preferida seguirán téndose en conta para a avaliación. As persoas profesionais con experiencia no sector que desexen centrar o seu desenvolvemento profesional na XR poden solicitar unha matrícula a tempo parcial para combinar o seu traballo cos seus estudos de mestrado.
Plan de estudos
Saídas Profesionais
- Desenvolvemento de sistemas de realidade estendida: oportunidades profesionais e académicas.
- Deseño de experiencias de realidade estendida en fabricación e loxística.
- Deseño de experiencias de realidade estendida no campo da saúde e o benestar.
- Consultaría na optimización de sistemas de realidade estendida.
- Xestión e produción de proxectos: capacidade para liderar equipos multidisciplinares empregando metodoloxías áxiles. Deseño e implementación de xemelgos dixitais.
- Consultor tecnolóxico especializado en aplicacións educativas, publicitarias ou de entretemento.
- Consultor en tecnoloxías disruptivas.
- Comezo dunha carreira investigadora.
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
Características
Este mestrado presencial de 60 créditos ECTS, impartido na Facultade de Comunicación (Pontevedra), ofrece unha formación especializada e multidisciplinar orientada á planificación estratéxica, a dirección de comunicación e a produción de contidos en ecosistemas dixitais. Prepara o estudantado para perfís de alta demanda profesional no ámbito da comunicación como a xestión de medios sociais e a creación de contidos dixitais.
Acceso e admisión
O proceso de selección de estudantes será avaliado por unha comisión académica que segue uns criterios cunha puntuación máxima de 12 puntos:
- Adecuación da titulación de acceso: priorizaranse as titulacións mencionadas no perfil de ingreso (máximo 3 puntos)
- Expediente académico: utilizarase un baremo de 1 a 4 (máximo 4 puntos)
- Currículum vítae: valoración da traxectoria (máximo 2 puntos)
- Coñecemento e acreditación do nivel de inglés (máximo 2 puntos)
- Coñecemento e acreditación do uso das TIC: (máximo 1 punto)
Perfil de ingreso recomendado
O perfil de ingreso idóneo circunscríbese a persoas tituladas no ámbito da comunicación.
- Perfil de ingreso prioritario (nivel 1): graduados/as en Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e Xornalismo.
- Perfil de ingreso afín (nivel 2): Titulados/as noutros graos do ámbito das ciencias sociais e xurídicas ou das artes e humanidades estreitamente vinculados á temática do título, como Marketing, Dirección e Xestión Pública, Administración e Dirección de Empresas, Belas Artes, Deseño ou similares.
Obxectivos xerais da titulación
O obxectivo principal do mestrado é proporcionarlle ao estudantado unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar para capacitalo na análise crítica, a planificación estratéxica e a dirección da comunicación en ecosistemas dixitais. De aquí derívanse os seguintes obxectivos formativos específicos:
- Analizar de forma crítica e exhaustiva a estrutura, as lóxicas algorítmicas e a evolución do ecosistema das plataformas sociais. Isto inclúe comprender o impacto nos procesos de comunicación pública, corporativa e interpersoal.
- Deseñar, implementar e auditar estratexias integrais de comunicación dixital. Aplicaranse metodoloxías avanzadas de investigación para a avaliación do impacto, a monitorización de métricas e a toma de decisións baseada en datos.
- Desenvolver capacidades directivas e innovadoras para a ideación, produción e curaduría de contidos dixitais multiformato. O fin é optimizar o alcance e a interacción fronte a diferentes audiencias.
- Xestionar estratexicamente a identidade dixital, a reputación en liña e a creación de marca en contornos altamente dixitalizados e converxentes. Esta xestión aplícase tanto á marca corporativa como á persoal.
Plan de estudos
Saídas Profesionais
As ensinanzas oriéntanse a dous perfís fundamentais de egreso:
- Social Media Manager: responsable da creación, desenvolvemento, implantación e avaliación da estratexia de comunicación dunha empresa, produto ou institución en medios sociais.
- Content Manager: responsable da creación dos contidos en calquera formato para medios sociais, blogs ou webs. As súas labores inclúen a redacción de textos e a creación de imaxes e vídeos optimizados para os distintos medios e soportes en liña.
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Prevención e Abordaxe Multidisciplinar das Drogodependencias e Condutas Adictivas
Características
- Este mestrado está pendente de verificación por parte da Xunta de Galicia
O mestrado ofrece unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar no ámbito das drogodependencias e outras condutas aditivas. Integra coñecementos procedentes da psicoloxía, medicina, enfermaría, traballo social, educación social, farmacia, dereito, criminoloxía e ciencias sociais, cun enfoque biopsicosocial, comunitario, clínico, educativo e de saúde pública. A titulación presta especial atención á prevención, avaliación, intervención, tratamento, redución de riscos e danos, reinserción social, patoloxía dual, adiccións comportamentais, perspectiva de xénero e atención a colectivos vulnerables.
Acceso e admisión
A admisión valorarase atendendo ao expediente académico, á afinidade da titulación de acceso, á experiencia profesional ou investigadora no ámbito das adiccións, á formación complementaria relacionada e á motivación da persoa solicitante. O expediente académico terá un peso máximo do 60 %, mentres que o resto dos méritos poderá acadar ata o 40 %. A comisión académica do mestrado poderá valorar de maneira individualizada cada solicitude e, cando sexa necesario, establecer complementos formativos para garantir o adecuado aproveitamento da titulación.
Perfil de ingreso recomendado
O mestrado está dirixido preferentemente a persoas tituladas en Medicina, Psicología, Enfermaría, Farmacia, Traballo Social, Educación Social, Pedagoxía, Dereito, Criminoloxía, Socioloxía, Terapia Ocupacional e outras titulacións afíns dos ámbitos sanitario, social, educativo ou xurídico. Tamén resulta especialmente adecuado para profesionais que desenvolvan ou queiran desenvolver a súa actividade en programas de prevención, asistencia, tratamento, acompañamento social, reinserción ou investigación no ámbito das drogodependencias, condutas aditivas e saúde mental.
Obxectivos xerais da titulación
O obxectivo xeral do mestrado é formar e dotar de competencias e habilidades profesionais capaces de comprender, avaliar, previr e intervir nas drogodependencias e nas condutas aditivas desde unha perspectiva multidisciplinar, ética, baseada na evidencia científica e sensible ao xénero. Preténdese capacitar o alumnado para deseñar, aplicar e avaliar programas preventivos e terapéuticos, coñecer os recursos asistenciais e comunitarios, abordar situacións de patoloxía dual e vulnerabilidade, utilizar ferramentas de avaliación e investigación, e comunicar os seus resultados a públicos especializados e non especializados.
Plan de estudos
Saídas Profesionais
As persoas tituladas poderán desenvolver a súa actividade en unidades asistenciais de drogodependencias, centros de saúde mental, entidades do terceiro sector, programas de prevención comunitaria, escolar e familiar, concellos, administracións públicas, servizos sociais, dispositivos de redución de riscos e danos, programas de reinserción social, clínicas e entidades especializadas en condutas aditivas. Ademais, o máster ofrece unha orientación investigadora que permite a participación en proxectos de investigación e o acceso a programas de doutoramento en ámbitos afíns.




