Deseño na enxeñaría

Equipo de goberno

Director/a

Gustavo Carlos Peláez Lourido

Secretario/a

María Iciar Goicoechea Castaño

Localización

Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Cidade, Rúa Torrecedeira 86
CP: 36208
Vigo

Código do departamento

D00T01

    Máster Universitario en Dirección Integrada de Proxectos

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código:
    P02M163V01

    Este mestrado facilítalle ao alumnado unha formación de xestión vinculada á súa formación de base poñendo en valor a figura do project manager na dirección de proxectos. Os contidos formativos abranguen as áreas de coñecemento recoñecidas polas principais organizacións internacionais líderes neste campo: o Project Management Institute (PMI), a International Project Management Association (IPMA) e a International Organisation for Standardisation (ISO), entre outras.

    Está orientado a profesionais vinculados ao ámbito da construción e o desenvolvemento territorial en xeral, dos sistemas de información e das novas tecnoloxías,; así como do lecer e do deporte que queiran adquirir unha formación de xestión vinculada á súa titulación universitaria poñendo en valor a figura do project manager. O obxectivo é formar profesionais capaces de asesorar as organizacións en xestión e dirección de proxectos, potenciando así o papel do xestor/a de proxectos (o primeiro mestrado interuniversitario do sistema universitario galego, que tamén conta cunha ampla traxectoria). Actualmente, ofrece tres especializacións: edificación e desenvolvemento territorial, sistemas de información e ocio e deportes. En calquera caso, é un programa interdisciplinar aberto a todas as persoas tituladas e aplicable a calquera sector empresarial/profesional (campo de coñecemento: interdisciplinar).
     

    Acceso e admisión

    Ter unha das seguintes titulacións segundo a especialidade que se querea cursar:
    - Edificación e desenvolvemento territorial: arquitecto/a técnico, enxeñeiro/a técnico, arquitecto/a,
    - Enxeñeiro/a superior.
    - Lecer e deporte: licenciado/a en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, licenciado/a en Educación
    - Física: graduado/a en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
    - Sistemas de información: enxeñeiro/a técnico, enxeñeiro/a superior

    Valorarase de forma preferente seguindo a orde dos apartados:
    - Expediente académico (1-4).
    - Experiencia profesional afín á especialidade que se cursará (0-1).

    Nota:
    No caso de notas iguais, terase en conta a orde de preinscrición no mestrado. Se fora necesario, a comisión académica poderá realizar unha entrevista persoal.
     

    Perfil de ingreso recomendado

    Terán carácter preferente as seguintes titulacións, segundo a especialidade que se vaia a cursar:
    - Edificación e desenvolvemento territorial: Arquitectura Técnica, Arquitectura, Enxeñaría Superior e Enxeñaría Técnica.
    - Sistemas de información: Enxeñería Superior e Enxeñería Técnica.
    - Lecer e deporte: Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Licenciatura en Educación Física, Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

    Tamén pode ser cursado por graduados/as e licenciados/as universitarios en xeral, dado o seu carácter formativo transversal. Como referencia, nas últimas edicións cursou o mestrado alumnado procedente da Enxeñaría Civil, Economía e Administración de Empresas, Relacións Laborais, Enxeñaría Naval, Enxeñaría Industrial (produción, electricidade, …), Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, así como de Comunicación Audiovisual, Deseño de Interiores etc.
     

    Plan de estudos

    O obxectivo deste programa de mestrado, que conta con distintas especializacións, é formar profesionais capaces de asesorar empresas e promotores en diversos proxectos e operacións, e posteriormente xestionar proxectos e dirixir e coordinar as distintas partes interesadas, desde a concepción ata a entrega do produto ou servizo ao usuariado, cumprindo os requisitos dao clientela, garantindo que a operación se complete a tempo, dentro do orzamento e adheríndose aos estándares de calidade establecidos. Este programa de posgrao ofrece o máis alto nivel de especialización aplicado ao deseño, xestión e control de proxectos.

    Preinscripción y matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    José María Cancela Carral

    Máster Universitario en Dirección TIC para a Defensa

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Semipresencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    2
    Prazas
    30
    Código:
    P52M182V01

    Plan de estudos

    Preinscripción y matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    José Pablo González Coma

    Máster Universitario en Mecatrónica

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    30
    Código:
    V04M093V01

    A mecatrónica é unha rama da enxeñaría que se caracteriza pola integración sinérxica da enxeñaría mecánica coa electrónica e o control intelixente por computador no deseño e fabricación de equipos e procesos industriais. Mecatrónica debe considerarse sinónimo de integración: a fusión de mecánica, electrónica, control e computadores (por citar as disciplinas máis relevantes) só pode alcanzar a funcionalidade desexada a través dun proceso de integración sistémica de todas elas.

    Baixo este paraugas xeral identifícanse 10 descritores específicos:
    - Modelado e deseño
    - Integración de sistemas
    - Sensores e actuadores
    - Control intelixente
    - Robótica
    - Control do movemento
    - Control de ruído e vibracións
    - Microsistemas e sistemas opto-electrónicos
    - Sistemas para o automóbil
    - Sistemas de fabricación

    Acceso e admisión

    Para avaliar o nivel de competencias e coñecementos previos, establecerase unha escala de puntuación para os seguintes aspectos, que cada candidatura acumulará segundo o seu perfil:
    1)Cualificacións previas do candidato/a: ata un máximo de 40 puntos, coa seguinte orde de preferencia:
    - Enxeñeiro/a Industrial ou Mestrado en enxeñería industrial con especialización en Automatización e electrónica ou enxeñeiro/a Industrial con especialización en Enxeñería mecánica.
    - Outros enxeñeiros/as Industriais e Mestrado en enxeñaría industrial.
    - Enxeñeiros/as técnicos industriais ou titulados/as no campo da enxeñaría industrial, de calquera especialidade.
    - Outras titulacións que inclúan no seu programa académico un número de créditos equivalente a calquera das titulacións anteriores nas seguintes áreas de coñecemento: automatización, mecánica, electrónica e informática, así como fundamentos físicos (electricidade e mecánica) e fundamentos matemáticos.
    2) Expediente académico: ata un máximo de 20 puntos.
    3) Experiencia profesional no campo da mecatrónica (automatización, mecánica, electrónica): ata un máximo de 30 puntos.
    4) Outros méritos do currículo: ata un máximo de 5 puntos.
    5) Entrevista persoal: ata un máximo de 5 puntos.

    Perfil de ingreso recomendado

    O mestrado está dirixido a estudantes con formación no campo da enxeñaría industrial, interesados en afondar, actualizar e completar os seus coñecementos para formarse como profesionais capaces de abordar o deseño integral de maquinaria automatizada e sistemas e equipos intelixentes.

    O perfil recomendado é:
    -Enxeñeiras/os Industriais (todas as orientacións)
    -Enxeñeiras/os en Automática e Electrónica Industrial
    -Enxeñeiras/os Técnico Industrial
    -Graos do ámbito da enxeñaría industrial
     

    Plan de estudos

    - Ofrecer unha visión integral da enxeñaría mecatrónica centrada na análise, deseño e implementación de maquinaria industrial de alto rendemento
    - Integrar tecnoloxías de control, electrónica e informática no deseño dun compoñente ou sistema mecánico
    - Automatizar o funcionamento de sistemas mecánicos e comunicalos co seu contorno
    - Formar profesionais cualificados nas áreas de análise, deseño e implementación de sistemas mecatrónicos, profundando nos seus coñecementos técnicos e ferramentas de deseño asistido por ordenador para facilitar o desenvolvemento de produtos mecatrónicos eficientes.
     

    Preinscripción y matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    José Ignacio Armesto Quiroga

    Máster Universitario en Enxeñaría da Automoción

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    35
    Código:
    V04M120V06

    O sector de automoción é un dos principais motores da economía e Galicia é unha das primeiras rexións españolas e europeas en canto á actividade neste sector. Na área metropolitana de Vigo coexisten un importante centro produtivo, un centro tecnolóxico e un clúster de empresas de automoción, ademais dunha gran variedade de empresas de compoñentes e sistemas con importantes capacidades de investigación, desenvolvemento, innovación e industrialización. Pola súa extraordinaria complexidade e alta competitividade, xunto cun elevado ritmo de cambio tecnolóxico, este sector precisa de profesionais cunha formación multidisciplinar e de alto nivel. Con este mestrado respóndese a esa necesidade.

    Acceso e admisión

    As titulacións requiridas para a admisión son por esta orde:
    1. Enxeñaría Industrial e mestrados no ámbito da enxeñaría industrial
    2. Graos no ámbito da enxeñaría industrial
    3. Enxeñaría Técnica Industrial
    4. Enxeñarías e mestrados noutros ámbitos distintos ao da enxeñaría industrial
    5. Graos noutros ámbitos da enxeñaría distintos ao da enxeñaría industrial
    6. Enxeñarías técnicas industriais noutros ámbitos distintos ao da enxeñaría industrial
    7. Poderán tamén ser admitidas no mestrado candidaturas doutras titulacións se, a criterio da comisión académica, acreditan os coñecementos necesarios para a súa realización. Cando as persoas prerexistradas superen o número de prazas dispoñibles no programa para a admisión de estudantes, teranse en conta os seguintes criterios de valoración:
    - Titulación de acceso (ata 5 puntos)
    - Currículo da persoa interesada, que incluirá o seu expediente académico, a súa experiencia laboral e outros méritos que desexe facer constar (ata 5 puntos).

    En función dos resultados obtidos na admisión e a criterio da comisión académica, poderase establecer unha puntuación mínima e en caso que se estime necesario, debido á existencia dun empate ou de puntuacións practicamente idénticas, poderá realizarse unha entrevista privado que terá unha valoración de 1 punto.
     

    Plan de estudos

    - Formar persoas recentemente tituladas como canteira para dotar o sector da automoción de Galicia de novos e novas especialistas nas áreas de procesos e tecnoloxías.
    - Elevar as competencias nas citadas áreas dos profesionais das empresas con experiencia no sector de automoción, facilitando a actualización de coñecementos e o intercambio de experiencias.
     

    Preinscripción y matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Ángel Manuel Fernández Vilán

    Máster Universitario en Enxeñaría Industrial

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    120
    Número de cursos
    2
    Prazas
    50
    Código:
    V04M141V01

    Certas profesións reguladas requiren un nivel de formación superior e, polo tanto, para exercelas requírese un mestrado universitario habilitante. O Mestrado en enxeñaría industrial é un mestrado con acreditación profesional completa como enxeñeiro/a industrial, regulado pola Orde ministerial CIN/311/2009, do 9 de febreiro de 2009, e publicado no  (BOE) núm. 42, do 18 de febreiro de 2009.

    Acceso e admisión

    Ademais dos requisitos xerais de acceso a estudos de mestrado, establécese o requisito de admisión adicional de que todo o alumnado debe acreditar un nivel B1 de inglés ou equivalente para ser admitido no Mestrado en enxeñaría industrial da Universidade de Vigo.
    Criterios de admisión

    As solicitudes de admisión clasificaranse en tres grupos:
    - Grupo 1: tituladas/os no Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais pola Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo.
    - Grupo 2: graduadas/os nas restantes titulacións da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo.
    - Grupo 3: Outros tituladas/os con titulacións con perfís permitidos pola Orde CIN/311/2009 para acceder ao mestrado, cos complementos de formación correspondentes en cada caso.

    Dentro de cada grupo, o alumnado ordenarase segundo a seguinte fórmula:

    Nota media do estudante/nota media da súa titulación

    As prazas asignaranse segundo esta orde e coas seguintes reservas:
    - O 50 % das prazas asignarase ás solicitudes do grupo 1. Se quedan prazas vacantes, asignaranse ás solicitudes do grupo 2. De quedar prazas vacantes, asignaranse ás solicitudes do grupo 3.
    - O 45 % das prazas asignarase ás solicitudes do grupo 2. Se quedan prazas vacantes, asignaranse ás solicitudes do grupo 1. Se aínda quedan prazas vacantes, asignaranse ás solicitudes do grupo 3.
    - O 5 % das prazas asignarase ás solicitudes do grupo 3 xunto cos solicitudes restantes dos grupos 1 e 2 que non obtiveron praza nas cotas anteriores.

    Para o establecemento de complementos de formación para o alumnado do grupo 3, terase en conta a súa titulación previa e compararase o seu expediente académico coa formación incluída no Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo (BOE do 11 de febreiro de 2013). Estes complementos de formación non formarán parte do Mestrado en enxeñaría industrial e consistirán en materias impartidas nalgunha das titulacións que ofrece a Escola de Enxeñaría Industrial.

    Plan de estudos

    Para obter o título, o estudantado debe demostrar os seguintes resultados de aprendizaxe:
    - Ter coñecementos axeitados dos aspectos científicos e tecnolóxicos de: métodos matemáticos, analíticos e numéricos en enxeñaría, enxeñaría eléctrica, enxeñaría enerxética, enxeñaría química, enxeñaría mecánica, mecánica de medios continuos, electrónica industrial, automatización, fabricación, materiais, métodos de xestión cuantitativa, computación industrial, planificación urbana, infraestruturas etc.
    - Planificar, calcular e deseñar produtos, procesos, instalacións e plantas.
    - Liderar, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.
    - Realizar investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos.
    - Levar a cabo a planificación estratéxica e aplicala a sistemas relacionados coa construción, a produción, a calidade e a xestión ambiental.
    - Xestionar técnica e economicamente proxectos, instalacións, plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
    - Capacidade para desempeñar funcións de dirección xeral, dirección técnica e xestión de proxectos de I+D en plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
    - Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
    - Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir de información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    - Saber comunicar as conclusións (e os coñecementos e razóns subxacentes que as sustentan) a públicos tanto especializados como non especializados dun xeito claro e inequívoco.
    - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando de maneira autodirixida ou autónoma.
    - Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de enxeñeiro/a industrial.
     

    Preinscripción y matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    David Álvarez González

    Máster Universitario en Enxeñaría Industrial

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    120
    Número de cursos
    2
    Prazas
    50
    Código:
    V04M141V02

    Certas profesións reguladas requiren un nivel de formación superior e, polo tanto, para exercelas requírese un mestrado universitario habilitante. O Mestrado en enxeñaría industrial é un mestrado con acreditación profesional completa como enxeñeiro/a industrial, regulado pola Orde ministerial CIN/311/2009, do 9 de febreiro de 2009, e publicado no  (BOE) núm. 42, do 18 de febreiro de 2009.

    Acceso e admisión

    Ademais dos requisitos xerais de acceso a estudos de mestrado, establécese o requisito de admisión adicional de que todo o alumnado debe acreditar un nivel B1 de inglés ou equivalente para ser admitido no Mestrado en enxeñaría industrial da Universidade de Vigo.

    As solicitudes de admisión clasificaranse en tres grupos:
    - Grupo 1: tituladas/os no Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais pola Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo.
    - Grupo 2: graduadas/os nas restantes titulacións da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo.
    - Grupo 3: Outros tituladas/os con titulacións con perfís permitidos pola Orde CIN/311/2009 para acceder ao mestrado, cos complementos de formación correspondentes en cada caso.

    Dentro de cada grupo, o alumnado ordenarase segundo a seguinte fórmula:

    Nota media do estudante/nota media da súa titulación

    As prazas asignaranse segundo esta orde e coas seguintes reservas:
    - O 50 % das prazas asignarase ás solicitudes do grupo 1. Se quedan prazas vacantes, asignaranse ás solicitudes do grupo 2. De quedar prazas vacantes, asignaranse ás solicitudes do grupo 3.
    - O 45 % das prazas asignarase ás solicitudes do grupo 2. Se quedan prazas vacantes, asignaranse ás solicitudes do grupo 1. Se aínda quedan prazas vacantes, asignaranse ás solicitudes do grupo 3.
    - O 5 % das prazas asignarase ás solicitudes do grupo 3 xunto cos solicitudes restantes dos grupos 1 e 2 que non obtiveron praza nas cotas anteriores.

    Para o establecemento de complementos de formación para o alumnado do grupo 3, terase en conta a súa titulación previa e compararase o seu expediente académico coa formación incluída no Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo (BOE do 11 de febreiro de 2013). Estes complementos de formación non formarán parte do Mestrado en enxeñaría industrial e consistirán en materias impartidas nalgunha das titulacións que ofrece a Escola de Enxeñaría Industrial.
     

    Plan de estudos

    Para obter o título, o estudantado debe demostrar os seguintes resultados de aprendizaxe:
    - Ter coñecementos axeitados dos aspectos científicos e tecnolóxicos de: métodos matemáticos, analíticos e numéricos en enxeñaría, enxeñaría eléctrica, enxeñaría enerxética, enxeñaría química, enxeñaría mecánica, mecánica de medios continuos, electrónica industrial, automatización, fabricación, materiais, métodos de xestión cuantitativa, computación industrial, planificación urbana, infraestruturas etc.
    - Planificar, calcular e deseñar produtos, procesos, instalacións e plantas.
    - Liderar, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.
    - Realizar investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos.
    - Levar a cabo a planificación estratéxica e aplicala a sistemas relacionados coa construción, a produción, a calidade e a xestión ambiental.
    - Xestionar técnica e economicamente proxectos, instalacións, plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
    - Capacidade para desempeñar funcións de dirección xeral, dirección técnica e xestión de proxectos de I+D en plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
    - Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
    - Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir de información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    - Saber comunicar as conclusións (e os coñecementos e razóns subxacentes que as sustentan) a públicos tanto especializados como non especializados dun xeito claro e inequívoco.
    - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando de maneira autodirixida ou autónoma.
    - Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de enxeñeiro/a industrial.
     

    Preinscripción y matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    David Álvarez González

    Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    120
    Número de cursos
    2
    Prazas
    20
    Código:
    V04M192V01

    Esta titulación busca afianzar e potenciar os estudos do Grao en Enxeñería Biomédica, achegándolle ao alumnado unha formación de amplo espectro, que responda as necesidades de dispoñer de persoal técnico de alta cualificación para deseñar e aplicar novas e avanzadas tecnoloxías no ámbito sanitario, e completar así unha formación que abrangue todas as etapas e aspectos relacionados coas tecnoloxías e produtos sanitarios.

    Impártese en colaboración co Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, cunha parte da formación nas súas instalacións. Este deseño dunha formación dual responde as novas esixencias dunha formación que combine docencia nos centros universitarios coa que cómpre ser desenvolta polas persoas profesionais do sector sanitario, combinando así unha formación técnica-científica e práctica tecnolóxica, cunha formación adecuada nas disciplinas básicas da medicina, que lles permita ás persoas tituladas deste mestrado solucionar calquera problema concreto de enxeñaría que xorda no ámbito sanitario.
     

    Acceso e admisión

    Debido ao carácter interdisciplinar do mestrado, é importante que o perfil de ingreso presente unha formación básica característica de calquera enxeñaría: Física, Química, Matemáticas, Estatística, Informática, … De igual maneira, é importante que tamén presente coñecementos tanto en contidos tecnolóxicos como os relacionados coa parte da ciencia biomédica: fundamentos de electrónica para biomédica, fundamentos de electricidade, sistemas mecánicos, ciencia e enxeñaría de materiais, bioquímica e bioloxía celular, fisioloxía xeral, estrutura e patoloxía médica e estrutura e patoloxía médico-cirúrxica, bioestatística, …

    Por tanto, de acordo cos criterios de valoración de méritos establecidos no seguinte apartado, serán admitidos, no seu caso, sen complementos formativos os graduados/as en Enxeñaría Biomédica provenientes de calquera universidade española e estranxeira que se axusten ás características anteriormente indicadas, sempre tomando como referencia o Grao en Enxeñería Biomédica da Universidade de Vigo.

    Para o resto de solicitudes en posesión dun grao en Enxeñería Biomédica que cumpran os requisitos de acceso, pero cun perfil que non se axuste ao plan de estudos de referencia, a comisión académica do mestrado, unha vez analizados os plans de estudos, establecerá os complementos formativos que deberán cursar.

    As solicitudes de admisión ao Mestrado en enxeñaría biomédica que cumpran as condicións de acceso e os requisitos específicos de admisión serán avaliadas pola comisión académica do mestrado de conformidade coa seguinte fórmula: nota media do expediente do alumnado/nota media do seu grao.
     

    Perfil de ingreso recomendado

    O perfil de ingreso recomendado é o do Grao en Enxeñaría Biomédica.

    Ademais do anterior, considerarase requisito preferente para a admisión a acreditación do nivel B1 en lingua inglesa.
     

    Plan de estudos

    - Formación avanzada e preparación para o desempeño profesional no desenvolvemento e aplicación da enxeñaría biomédica en todas as actividades que o requiran
    - Proporcionar coñecementos e habilidades para desenvolver e aplicar ideas orixinais en contextos profesionais e de investigación, formular e resolver problemas complexos, tomar decisións e traballar e comunicarse eficazmente en contornos novos e multidisciplinares dentro do campo da enxeñaría biomédica.
    - Proporcionar a capacidade de integrar coñecementos, identificar responsabilidades e implicacións éticas, sociais ou profesionais asociadas a situacións no campo da enxeñaría biomédica, e formular xuízos informados considerando o impacto global, económico, ambiental e social.
    - Proporcionar a capacidade de deseñar, modelar matematicamente, simular, implementar e xestionar experimentos, sistemas e procesos complexos no campo da enxeñaría biomédica.
    - Proporcionar os coñecementos e as habilidades para o deseño e a análise de sistemas, sensores e técnicas para o diagnóstico, a terapia e a monitorización, a capacidade de aplicar os principios da xeración de radiación, de empregar eficazmente a instrumentación e os métodos de observación, e de analizar e interpretar sinais e imaxes no campo da biomedicina.
    - Proporcionar a capacidade para desenvolver modelos biomecánicos do sistema musculoesquelético, coñecementos de enxeñaría de tecidos e capacidades para a análise, manexo e deseño de biomateriais avanzados, capacidade para a análise teórica e a modelización dos aspectos mecánicos dos fluídos biolóxicos e capacidades para a aplicación dos principios da electroquímica no campo biomédico.
    - Proporcionar a capacidade para xestionar e auditar o desenvolvemento, a produción e a calidade de produtos sanitarios e a capacidade para identificar necesidades na organización e xestión de servizos de enxeñaría clínica en centros sanitarios.


     

    Preinscripción y matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Juan María Pou Saracho

    Máster Universitario en Visión por Computador

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    90
    Número de cursos
    2
    Prazas
    6
    Código:
    V05M185V01

    Este mestrado ofrece unha especialización interdisciplinar en todos os fundamentos da visión por computador. Foi deseñado sobre a base da experiencia de investigación e transferencia de coñecemento de catro universidades de Galicia e do norte de Portugal. A visión por computador ten como obxectivo comprender escenas a partir de imaxes e vídeos mediante o uso de ordenadores. É un dos campos de investigación máis prolíficos en intelixencia artificial e o estado actual da arte está a impulsar a innovación nunha ampla gama de aplicacións do mundo real.

    Acceso e admisión

    - Graos universitarios en calquera área de ciencias, enxeñaría e enxeñaría técnica.
    - Adecuación do expediente académico e do currículo ao perfil académico esperado.
    - Acreditación dun nivel mínimo de inglés B1.
    - Contactar coa universidade elixida para máis información sobre as opcións dispoñibles para a acreditación do nivel de inglés.

    Os criterios de selección basearanse nos seguintes aspectos:
    - Expediente académico (80 %).
    - Experiencia laboral no campo da visión por computador (preferiblemente) e das TIC en xeral (15 %).
    - Outros méritos relacionados co campo da visión por computador (preferiblemente) e das TIC en xeral (5 %).

    Perfil de ingreso recomendado

    Este mestrado está dirixido a estudantes que teñan un grao en Matemáticas, Física ou Enxeñaría, e que teñan intereses diversos na tecnoloxía de visión por computador:
    - Estudantes que busquen unha especialización antes de incorporarse ao mercado laboral.
    - Estudantes que están a realizar unha tese de doutoramento neste campo.
    - Emprendedores/as que buscan formación para crear as súas propias empresas neste eido.
    - Profesionais que traballan en empresas tecnolóxicas e queren ampliar/complementar as súas competencias.

    O perfil de admisión recomendado é:
    - Formación matemática polo menos equivalente á que proporciona un grao en Enxeñaría.
    - Habilidades de programación (C/C++, Java, Matlab, Python ou similares).
    - Nivel de inglés equivalente ao nivel B2 do CEFR, aínda que só se require o nivel B1.

    Plan de estudos

    O programa de mestrado trata a necesidade de formar expertos/as cualificados nun campo que se está a converter en fundamental para manter o impulso innovador na automatización de tarefas que requiren cognición visual. Co crecemento exponencial do volume de imaxes e vídeos dixitais capturados por cámaras, a comprensión automática do noso mundo visual nunca foi tan importante.

    Preinscripción y matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Íñigo Cuíñas Gómez

    Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    120
    Número de cursos
    2
    Prazas
    25
    Código:
    O07M197V01

    Plan de estudos

    Preinscripción y matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Elena Beatriz Martín Ortega

    Máster Universitario en Fabricación Aditiva

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    10
    Código:
    V04M196V01

    O Mestrado en fabricación aditiva é un programa conxunto e presencial desenvolvido pola Universidade da Coruña, como coordinadora, e a Universidade de Vigo. Está incluído na Guía G2030 de perfís profesionais do tuturo e novas titulacións e especializacións e forma parte do catálogo de perfís consensuado co tecido socioeconómico da rexión e avaliado mediante un proceso participativo intensivo e unha análise de referencia. Esta análise, desenvolvida no marco do proxecto G2030, tivo como obxectivo identificar as titulacións que compren con éxito as competencias clave dos postos do catálogo de perfís profesionais do futuro que actualmente non están cubertos polo sistema universitario galego (SUG).

    Acceso e admisión

    As persoas que desexen ser admitidas deberán estar preferentemente en posesión dun título dos seguintes ámbitos:

    Ámbito industrial
    - Grao en Enxeñaría Mecánica
    - Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automatización
    - Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais
    - Grao en Enxeñaría Eléctrica
    - Grao en Química Industrial
    - Grao en Enxeñaría de Organización Industrial
    - Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produtos

    Ámbito da enxeñaría biomédica

    Ámbito da enxeñaría mineira e enerxética

    Outras titulacións
    A comisión académica do mestrado (CAM) estudará a idoneidade doutras titulacións afíns pertencentes ao ámbito científico-tecnolóxico que non estean incluídas na listaxe anterior.

    Os criterios de admisión basearanse nos seguintes aspectos:
    - Adaptación da cualificación de acceso aos contidos do programa de mestrado.
    - Expediente académico.

    Establécense os seguintes criterios de admisión:
    - Cualificación de acceso (entre 0 e 2 puntos), segundo a adecuación da cualificación de acceso aos obxectivos e contidos do programa de mestrado.
    - Expediente académico da titulación de acceso (entre 0 e 1 punto).

    O sistema de puntuación establecido xera unha ordenación onde cada criterio se prefire de maneira xerárquica. As solicitudes ordenaranse segundo a puntuación obtida e o alumnado será admitido ata que se cubran todas as prazas dispoñibles.
     

    Plan de estudos

    - Comprender os principios básicos da fabricación aditiva (AM) analizando as súas vantaxes e desvantaxes.
    - Comprender os diferentes tipos de procesos de fabricación aditiva (AM) dispoñibles, así como as súas vantaxes e desvantaxes. 
    - Comprender os diferentes materiais e as súas propiedades empregados para producir compoñentes mediante o proceso AM. 
    - Comprender como poden producirse problemas e defectos nos compoñentes producidos polos procesos desenvolvidos na fabricación aditiva (AM), así como as medidas preventivas.
    - Comprender as técnicas de acabado empregadas para as diversas técnicas AM.
    - Familiarizarse co uso de ferramentas de deseño CAD en relación coa fabricación/deseño de produtos. 
    - Comprender como a posición e a orientación afectan as propiedades do compoñente.
    - Aprender sobre a aplicación de novas tecnoloxías de fabricación orientadas á industria intelixente. 
    - Comprender os beneficios da fabricación aditiva para o deseño e a fabricación de novos produtos e prototipos.

    Preinscripción y matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Alejandro Pereira Domínguez