Fundamentos da análise económica e historia e institucións económicas
Equipo de goberno
Director/a
Secretario/a
Localización
Código do departamento
Titulacións
Máster Universitario en Economía
Características
Trátase dun mestrado deseñado para ser cursado nun curso académico a tempo completo. Está orientado á formación de profesionais da economía e a empresa, para lles permitir incorporarse á vida profesional cunha alta capacidade para a toma de decisións estratéxicas e/ou para estudantes que desexen cursar con éxito estudos de doutoramento na materia.
Acceso e admisión
Aínda que a docencia se impartirá nas linguas oficiais de Galicia, cómpre sinalar que algunhas das referencias bibliográficas de uso universal nos estudos de posgrao en economía só están dispoñibles en inglés. Polo tanto, aínda que non se require ningún certificado de coñecemento da lingua inglesa, infórmase o futuro estudante das vantaxes da comprensión lectora en inglés e que o coñecemento desta lingua considerarase unha vantaxe.
As solicitudes seleccionaranse segundo os seguintes criterios:
- Daráselles preferencia ás solicitudes de estudantes con títulos en Economía, Administración de Empresas, Matemáticas, Estatística ou as diversas ramas da Enxeñaría.
- No sistema de puntuación para ordenar as solicitudes, utilizarase o expediente académico (que se pondera cun 75 % do total) e outros méritos (experiencia profesional, coñecementos de idiomas etc., que se pondera co 25 % restante do total).
- Se é necesario, realizarase unha entrevista persoal.
Perfil de ingreso recomendado
Tendo en conta os obxectivos da titulación, o perfil recomendado é o dunha persoa interesada en afondar e completar os seus coñecementos de economía, xa sexa para continuar os seus estudos orientándose cara a un perfil de investigación co obxectivo de realizar unha tese doutoral, para desenvolver unha carreira profesional ou para prepararse para oposicións orientando o seu futuro cara á función pública.
Entre as persoas estudantes potenciais inclúense aquelas con licenciaturas en Economía e en Administración de Empresas. O mestrado tamén é axeitado para estudantes con títulos en diversos campos científicos (particularmente matemáticas, estatística e ciencias ambientais) e diferentes ramas da enxeñaría.
Obxectivos xerais da titulación
- Formar profesionais da economía e da empresa cunha alta formación académica que lles permita incorporarse á vida profesional cun alto nivel de capacitación para a toma de decisións estratéxicas.
- Preparar o alumnado para emprender con éxito estudos de doutoramento posteriores, se desexan continuar a súa formación académica.




