Matemática aplicada I

Equipo de goberno

Director/a

Javier Martínez Torres

Secretario/a

José Ramón Fernández García

Localización

ETS Enxeñeiros de Telecomunicación Campus Universitario
CP: 36310
Vigo

Código do departamento

D00T16

    Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental

    Ciencias (Experimentais)
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Virtual
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    30
    Código
    O01M142V01

    Título de mestrado único no sistema universitario de Galicia. Ten como obxectivo proporcionar as bases para a formación de investigadores/as que leven a cabo as súas actividades de I+D nos distintos elos da cadea alimentaria, dende unha xestión axeitada e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente (orixe das materias primas) ata os últimos avances no procesamento e a biotecnoloxía, incluíndo a calidade e a seguridade dos alimentos. Garante unha formación integral e multidisciplinar que lles permite ás persoas tituladas desenvolver e implementar novas tecnoloxías no sector agroalimentario, así como desenvolver novos produtos e mellorar o valor dos que existen actualmente no mercado. 

    Acceso e admisión

    O criterio preferente de valoración de acceso, no caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas ofertadas, sería:

    • Nota media do expediente académico dos solicitantes dividida pola media ponderada da titulación.
    • No caso de igualdade de puntos do apartado anterior, adecuación da titulación que dá acceso. Entre as titulacións preferentes podemos destacar a graduados/as, diplomados/as, licenciados/as e enxeñeiros/as dos ámbitos científico (Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Química, Bioloxía e Ciencias do Mar), tecnolóxico (Enxeñaría Agraria, Química e Industrial) e de ciencias da saúde (Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina, entre as máis habituais).
    • De ser necesario, a comisión académica do mestrado realizará entrevistas persoais.
       

    Perfil de ingreso recomendado

    Priorizaranse as seguintes titulacións ou circunstancias:

    • Titulados/as en ciencias: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Química, Bioloxía, Ciencias do Mar e Ciencias  Ambientais
    • Titulados/as en tecnoloxías: Enxeñaría Agrícola, Química e Industrial
    • Titulados/as en ciencias da saúde: Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina
    • Outros titulados/as que a comisión académica do mestrado considere que poidan ter acceso a esta formación a partir da avaliación do seu expediente académico

    Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que o estudantado cumpra as seguintes competencias transversais:

    • Capacidade de aprendizaxe
    • Capacidade de adaptación aos cambios
    • Actitude positiva
    • Capacidade de asumir responsabilidades
    • Capacidade de comunicación oral e escrita
    • Capacidade de planificación, coordinación e organización
    • Capacidade de resolución de conflitos e problemas
    • Capacidade de traballo en equipo
    • Capacidade de análise
    • Capacidade de traballo independente

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal do mestrado é a formación de especialistas para o desenvolvemento da investigación e o asesoramento técnico, tanto en organismos públicos como en empresas, en cuestións relativas ao sector ambiental, o sistema de tecnoloxía alimentaria, o control de calidade e a seguridade alimentaria, e aos factores que inciden directamente tanto na saúde e na calidade de vida da cidadanía como na estrutura produtiva e socioeconómica de Galicia.

    Ademais, o programa de mestrado debe garantir unha formación avanzada nos seguintes piares básicos:

    • Investigación e desenvolvemento de técnicas que nos permitan xestionar e conservar axeitadamente o medio ambiente e os recursos naturais que constitúen a fonte das materias primas.
    • Investigación e desenvolvemento de novos procesos e estratexias na produción, procesamento e conservación de alimentos.
    • Investigación e desenvolvemento de novas estratexias e procedementos que garantan a calidade e a seguridade alimentaria.
    • Investigación e desenvolvemento na relación alimentación-saúde.
       

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    • Industria agroalimentaria e biotecnoloxía
      • Biotecnóloga/o de alimentos: desenvolvemento de novos produtos e procesos utilizando microorganismos ou encimas.
      • Técnico/a de industria alimentaria: xestión de procesos de produción, envasado e almacenamento
      • Encargado/a de produción e elaboración: control da calidade e seguridade alimentaria no sector lácteo, cárnico, conservas, bebidas etc.
      • Responsable de I+D+i: investigación e desenvolvemento de novos alimentos e mellora dos xa existentes.
      • Técnico/a de seguridade e calidade: auditorías, análise de alimentos e implantación de sistemas de calidade.
    • Eido ambiental e recursos naturais
      • Técnico/a en xestión ambiental: consultoría sobre lexislación, avaliación de impacto ambiental e xestión de residuos agrícolas e industriais.
      • Especialista en produción ecolóxica e sostible: desenvolvemento de estratexias para unha produción máis limpa e eficiente.
      • Xestión de recursos hídricos e do solo: control da contaminación e manexo de residuos para a súa aplicación en agricultura. 
    • I+D+i, docencia e asesoría
      • Investigador/a en centros públicos ou privados.
      • Consultoría técnica agroalimentaria: asesoramento a empresas sobre valorización de subprodutos, dixitalización e trazabilidade.
      • Analista en laboratorios de servizo alimentario: control analítico de materias primas e produtos finais.

    Especialidades

    • Ciencias agrarias e alimentarias
    • Ciencias ambientais
    • Procesos na industria alimentaria

    Para que as persoas egresadas poidan obter algunha das tres especialidades ofertadas no título, é necesario cursar un total de oito materias.


     

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    María Fernández González

    Máster Universitario en Dirección e Innovación da Cadea de Subministración

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    33
    Código
    V04M186V01

    Este mestrado pretende proporcionar unha ampla formación na dirección, xestión e innovación da cadea de subministración, un ámbito de vital importancia nun mundo global e con altas cotas de incerteza, para lograr a mellora competitiva das empresas.

    Acceso e admisión

    Se o número de solicitudes supera as prazas dispoñibles, usarase unha escala de puntuación para os seguintes aspectos e cada candidato/a acumulará puntos en función do seu perfil. As persoas serán seleccionadas en orde descendente das súas puntuacións.

    Cualificacións previas do candidato/a: ata un máximo de 45 puntos, coa seguinte orde de preferencia:

    • Mestrado en enxeñaría de organización, Mestrado en enxeñaría industrial ou enxeñeiro/a industrial especializado en organización industrial, enxeñeiro/a de organización industrial ou titulacións similares.
    • Grao en Enxeñaría Organizacional.
    • Outros mestrados en enxeñaría ou enxeñaría superior.
    • Outras titulacións de enxeñaría ou enxeñaría técnica industrial de calquera especialidade.

    Outras cualificacións.

    Só se quedan prazas vacantes do total de prazas ofertadas, serán admitidas as persoas solicitantes sen experiencia con cualificacións da sección «Outros».

    • Experiencia profesional en materias relacionadas coa titulación deste mestrado: ata un máximo de 30 puntos.
    • Expediente académico: ata un máximo de 15 puntos.
    • Aspectos globais do currículo: ata un máximo de 5 puntos.
    • Entrevista persoal: ata un máximo de 5 puntos.
       

    Obxectivos xerais da titulación

    • Visión clara do alcance da cadea de subministración nun mundo global e turbulento: áreas de aprovisionamento, stocks, produción, distribución física e loxística inversa, e as decisións involucradas na xestión desta.
    • Perspectiva ampla de retos, dificultades e oportunidades, innovando en produtos e servizos nos ámbitos de aprovisionamento, stocks, produción, distribución e loxística inversa, mantendo simultaneamente competitividade e sustentabilidade.
    • Como responder os devanditos retos e dificultades mediante cambios adecuados na cadea de subministración.
    • Adquirir habilidades e cualificación profesional para poder dirixir e deseñar novas solucións que melloren a competitividade das empresas, aproveitando as novas tecnoloxías e innovacións en técnicas de xestión adaptadas ás necesidades de diferentes mercados (nacionais ou internacionais), canles de distribución (incluíndo o comercio electrónico) e organizacións (tanto industriais coma de servizos).

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    Responsabilidades no deseño e na xestión das áreas de aprovisionamento, stocks, produción, almacéns, transporte e loxística inversa, en todo tipo de organizacións e de empresas, industriais ou de servizos.

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Jose Carlos Prado Prado

    Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    120
    Número de cursos
    2
    Prazas
    20
    Código
    V04M192V01

    Esta titulación busca afianzar e potenciar os estudos do Grao en Enxeñaría Biomédica, achegándolle ao alumnado unha formación de amplo espectro, que responda as necesidades de dispoñer de persoal técnico de alta cualificación para deseñar e aplicar novas e avanzadas tecnoloxías no ámbito sanitario, e completar así unha formación que abrangue todas as etapas e aspectos relacionados coas tecnoloxías e produtos sanitarios.

    Impártese en colaboración co Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, cunha parte da formación nas súas instalacións. Este deseño dunha formación dual responde as novas esixencias dunha formación que combine docencia nos centros universitarios coa que cómpre ser desenvolta polas persoas profesionais do sector sanitario, combinando así unha formación técnica-científica e práctica tecnolóxica, cunha formación adecuada nas disciplinas básicas da medicina, que lles permita ás persoas tituladas deste mestrado solucionar calquera problema concreto de enxeñaría que xorda no ámbito sanitario.
     

    Acceso e admisión

    Debido ao carácter interdisciplinar do mestrado, é importante que o perfil de ingreso presente unha formación básica característica de calquera enxeñaría: Física, Química, Matemáticas, Estatística, Informática, …

    De igual maneira, é importante que tamén presente coñecementos tanto en contidos tecnolóxicos como os relacionados coa parte da ciencia biomédica: fundamentos de electrónica para biomédica, fundamentos de electricidade, sistemas mecánicos, ciencia e enxeñaría de materiais, bioquímica e bioloxía celular, fisioloxía xeral, estrutura e patoloxía médica e estrutura e patoloxía médico-cirúrxica, bioestatística, …

    Por tanto, de acordo cos criterios de valoración de méritos establecidos no seguinte apartado, serán admitidos, no seu caso, sen complementos formativos os graduados/as en Enxeñaría Biomédica provenientes de calquera universidade española e estranxeira que se axusten ás características anteriormente indicadas, sempre tomando como referencia o Grao en Enxeñería Biomédica da Universidade de Vigo.

    Para o resto de solicitudes en posesión dun grao en Enxeñería Biomédica que cumpran os requisitos de acceso, pero cun perfil que non se axuste ao plan de estudos de referencia, a comisión académica do mestrado, unha vez analizados os plans de estudos, establecerá os complementos formativos que deberán cursar.

    As solicitudes de admisión ao Mestrado en enxeñaría biomédica que cumpran as condicións de acceso e os requisitos específicos de admisión serán avaliadas pola comisión académica do mestrado de conformidade coa seguinte fórmula: nota media do expediente do alumnado/nota media do seu grao.
     

    Perfil de ingreso recomendado

    O perfil de ingreso recomendado é o do Grao en Enxeñaría Biomédica.

    Ademais do anterior, considerarase requisito preferente para a admisión a acreditación do nivel B1 en lingua inglesa.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    • Formación avanzada e preparación para o desempeño profesional no desenvolvemento e aplicación da enxeñaría biomédica en todas as actividades que o requiran
    • Proporcionar coñecementos e habilidades para desenvolver e aplicar ideas orixinais en contextos profesionais e de investigación, formular e resolver problemas complexos, tomar decisións e traballar e comunicarse eficazmente en contornos novos e multidisciplinares dentro do campo da enxeñaría biomédica.
    • Proporcionar a capacidade de integrar coñecementos, identificar responsabilidades e implicacións éticas, sociais ou profesionais asociadas a situacións no campo da enxeñaría biomédica, e formular xuízos informados considerando o impacto global, económico, ambiental e social.
    • Proporcionar a capacidade de deseñar, modelar matematicamente, simular, implementar e xestionar experimentos, sistemas e procesos complexos no campo da enxeñaría biomédica.
    • Proporcionar os coñecementos e as habilidades para o deseño e a análise de sistemas, sensores e técnicas para o diagnóstico, a terapia e a monitorización, a capacidade de aplicar os principios da xeración de radiación, de empregar eficazmente a instrumentación e os métodos de observación, e de analizar e interpretar sinais e imaxes no campo da biomedicina.
    • Proporcionar a capacidade para desenvolver modelos biomecánicos do sistema musculoesquelético, coñecementos de enxeñaría de tecidos e capacidades para a análise, manexo e deseño de biomateriais avanzados, capacidade para a análise teórica e a modelización dos aspectos mecánicos dos fluídos biolóxicos e capacidades para a aplicación dos principios da electroquímica no campo biomédico.
    • Proporcionar a capacidade para xestionar e auditar o desenvolvemento, a produción e a calidade de produtos sanitarios e a capacidade para identificar necesidades na organización e xestión de servizos de enxeñaría clínica en centros sanitarios.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Juan Maria Pou Saracho

    Máster Universitario en Matemática Industrial

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    90
    Número de cursos
    2
    Prazas
    20
    Código
    V05M135V01

    O Mestrado en matemática industrial (M2I) é unha fusión de dúas titulacións oficiais: o Mestrado en enxeñaría matemática, impartido nas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e o Mestrado en matemática industrial, impartido na Universidad Carlos III de Madrid. 

    Ademais das universidades responsables das dúas titulacións mencionadas, participa tamén a Universidad Politécnica de Madrid; todas elas buscan aproveitar as sinerxías e unificar materias xa impartidas en mestrados específicos de enxeñaría cun forte compoñente matemático.
     

    Acceso e admisión

    A priorización das candidaturas, en cada unha das universidades participantes, será polo expediente académico, atendendo á orde de preferencia das titulacións recomendadas, para o caso en que o número de prerexistros no mestrado supere o número de prazas dispoñibles.

    Expediente académico 

    Orde de preferencia das titulacións:

    • Titulacións (licenciaturas ou graos) en Matemáticas, Física e Enxeñaría.
    • No caso de quedar vacantes, entrarían o resto de titulacións das grandes áreas de enxeñaría e arquitectura, e ciencias.
    • Se aínda quedasen vacantes, titulación (licenciaturas ou graos) en Economía e Administración de Empresas.

    Perfil de ingreso recomendado

    • Graos en Matemáticas e Física 
    • Graos da área de enxeñería e arquitectura
    • Graos da área de ciencias 
    • Graos en Economía e Administración de Empresas 
    • Enxeñarías técnicas ou superiores 
    • Licenciaturas en ciencias, especialmente Matemáticas, Física, Química e Bioloxía. Licenciaturas en Económicas e Administración de Empresas 

    Obxectivos xerais da titulación

    Ampliar as habilidades analíticas e os coñecementos do alumnado que formará futuros equipos de investigación e profesionais. 

    Proporcionar habilidades concretas relacionadas co deseño, construción e uso de software específico para polo menos un dos sectores industriais. Introducir o alumnado en temas de investigación e desenvolvemento relacionados coas materias que conforman este programa.
     

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Generosa Fernandez Manin

    Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    90
    Número de cursos
    2
    Prazas
    10
    Código
    V09M195V01

    O Mestrado interuniversitario en xestión sostible da auga forma parte do catálogo G2030 de novas titulacións do sistema universitario de Galicia (SUG), identificadas como esenciais para a formación de futuros perfís profesionais que permitan responder as necesidades e demandas sociais e laborais dos vindeiros anos e situar a sociedade galega nunha mellor posición para afrontar os seus retos futuros.
     

    Acceso e admisión

    A comisión académica interuniversitaria (CAI) establecerá os criterios de admisión e poderá considerar a necesidade de realizar formación complementaria, con créditos que irán de 0 a 18 ECTS, que se cursarán simultaneamente e de forma obrigatoria para a obtención do título.

    Grupos de acceso: as persoas solicitantes clasificaranse en catro grupos con diferentes niveis de prioridade:

    • Grupo A: estudantes con títulos de acceso prioritario, como graos en Enxeñaría Civil, Tecnoloxías da Enxeñaría Civil, Enxeñaría Química Industrial, Ciencias Ambientais, entre outros. Os titulados/as en Ciencias poden ter que completar cursos complementarios (0-18 ECTS).
    • Grupo B: estudantes con titulacións relacionadas pero non prioritarias nos campos da enxeñaría ou as ciencias. A formación complementaria establecerase en función da relevancia da titulación para o programa de mestrado.
    • Grupo C: estudantes con titulación noutros campos que non sexan enxeñaría ou ciencias. Avaliarase a admisión e determinarase a formación complementaria necesaria.
    • Grupo D: estudantes con outras titulacións non relacionadas. Tamén se avaliará a admisión e, se fose necesario, ofrecerase formación complementaria.

    Condicións especiais: de acordo co Real decreto 822/2021, reservarase polo menos un 5 % das prazas para estudantes con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %, así como para aqueles con necesidades permanentes de apoio educativo.

    Requisitos lingüísticos: deberase acreditar un nivel B1 ou equivalente en inglés.

    Avaliación: a comisión avaliará a afinidade da titulación de acceso cos contidos do mestrado e a selección procederá segundo os criterios establecidos para cada grupo.

    Obxectivos xerais da titulación

    Formar persoas técnicas coñecedoras das últimas tendencias e tecnoloxías e capaces de xestionar e de achegar solucións ao problema da xestión sostible da auga.
     

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    María Araújo Fernández