Química inorgánica

Equipo de goberno

Director/a

Ezequiel Manuel Vázquez López

Secretario/a

María Soledad García Fontán

Localización

Edificio de Ciencias Experimentais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
CP: 36310
Vigo

Código do departamento

D00C09

    Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada

    Ciencias (Experimentais)
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    90
    Número de cursos
    2
    Prazas
    15
    Código:
    V02M074V11

    A biotecnoloxía actual inclúe un conxunto de técnicas e tecnoloxías moi sofisticadas que están a substituír as metodoloxías clásicas, favorecendo resultados máis inmediatos e permitindo tratar novos retos impensables ata hai poucas décadas. Hoxe en día requírese profesionais de alta cualificación para poder afrontar os novos retos ante os que se enfronta este sector biotecnolóxico, tanto no ámbito empresarial como no investigador.

    A mención de Mestrado universitario excelente da Xunta de Galicia acredita, por unha banda, o nivel académico e a solvencia científico-técnica dos estudos que acadan este recoñecemento e, por outra, supón unha garantía de futuro para o estudantado.

     

    Acceso e admisión

    Licenciaturas e graos:

    • Do ámbito experimental: Bioloxía, Bioquímica, Biotecnoloxía, Ciencias Ambientais, Ciencias Mariñas, Química... 
    • Do ámbito sanitario: Farmacia, Medicina, Veterinaria...
    • Do campo da enxeñaría: Agronomía, Química, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Organización de Empresas, Materiais...

    Cada solicitude será avaliada en función da seguinte información, que debe acompañar a solicitude de admisión:

    • Currículo da persoa solicitante, tendo en conta a cualificación para o ingreso e a súa formación previa (85 %).
    • Carta con declaración de intereses, motivacións do alumnado e posibles informes de referencia das súas institucións de orixe (15 %).
    • Opcionalmente, realizaranse unha ou máis entrevistas persoais (presencial ou por correo electrónico). A finalidade destas entrevistas é avaliar as cualificacións da persoa solicitante en relación co perfil de admisión, así como a aliñación dos seus intereses coas áreas de investigación dos grupos adscritos ao mestrado. Serán necesarias as entrevistas nos casos nos que a documentación presentada suscite dúbidas sobre algún dos méritos alegados ou no caso de empate entre varios candidatos/as. En todos os casos, teranse en conta as necesidades educativas especiais do alumnado con discapacidade.

    Criterios de avaliación do currículo:

    1. Formación académica (65 % do CV): Establécense como perfís de acceso preferentes os seguintes:
      1. Graos ou licenciaturas en Biotecnoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Medicina, Veterinaria, Ciencias Ambientais, Ciencias Mariñas e Enxeñaría Química ou Agrícola (nota media x 1).
      2. Graos, licenciaturas e posgraos noutras titulacións (nota media x 0,5).
    2. Experiencia profesional (15 % do CV): só se considerará a experiencia profesional directamente relacionada co sector da biotecnoloxía. Avaliaranse varios aspectos como o posto, as responsabilidades, a duración do emprego, etc.
    3. Experiencia investigadora (15 % do CV): analizarase a experiencia investigadora do alumnado, para o que se utilizará o baremo que establecen anualmente tanto a Universidade de Vigo como a Universidade da Coruña nas súas convocatorias de bolsas de investigación.
    4. Outros méritos (5 % do CV): Consideraranse outros méritos relacionados co mestrado, como premios, cursos de formación, mestrados, asistencia a congresos, bolsas etc.

     

    Perfil de ingreso recomendado

    O mestrado pretende ser unha oferta de posgrao de calidade potencialmente útil para os graos ou licenciaturas en Biotecnoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Medicina, Química, Veterinaria, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar e Enxeñaría Química ou Agrónoma, así como unha vía para a formación de profesionais e doutores/as entre as persoas tituladas dos devanditos estudos.
     

     

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal é proporcionar unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar en biotecnoloxía, dotando o estudantado das ferramentas necesarias para desenvolver carreiras investigadoras e profesionais. Polo tanto, este mestrado ten un dobre obxectivo:

    • Profesionalización: formar estudantes que pretendan dedicarse profesionalmente á industria biotecnolóxica ou actualizar os coñecementos e mellorar a formación de persoas profesionais que xa se dedican a esta actividade.
    • Académico-investigador: formar estudantes que pretendan incorporarse a centros de investigación científica en biotecnoloxía ou a equipos de investigación de entidades públicas, privadas e empresas.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Pedro Pablo Gallego Veigas

    Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial

    Ciencias (Experimentais)
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código:
    V11M162V02

    Mestrado interuniversitario no que participan as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo. Trátase dun mestrado presencial con posibilidade de matrícula a tempo parcial.
     

    Acceso e admisión

    • Titulación prioritaria: licenciatura ou grao en Química.
    • É run equisito de admisión ter unha formación previa en aspectos básicos das distintas áreas da química.
    • Expediente académico da titulación de acceso (85 %) 
    • Méritos curriculares adicionais (10 %)
    • Carta de motivación (5 %)

    Perfil de ingreso recomendado

    Liicenciados/as e graduados/as en Química, Bioquímica, Enxeñaría Química, Ciencia de Materiais, Farmacia, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Biotecnoloxía, Nanociencias e outras titulacións que inclúan no seu currículum formación en química.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    O mestrado ten como obxectivo proporcionar unha formación avanzada, teórica e experimental, en distintas áreas da química, e tamén en técnicas instrumentais químicas e biolóxicas.
     

    Plan de estudos

    Saídas Profesionáis

    O mestrado está orientado tanto á investigación como á empresa e á industria relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía química.
       

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    María Del Carmen Terán Moldes