Química Orgánica

Equipo de goberno

Director/a

María del Carmen Terán Moldes

Secretario/a

Pedro Besada Pereira

Localización

Edificio de Ciencias Experimentais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
CP: 36310
Vigo

Código do departamento

D00C12

    Máster Universitario en Química Teórica e Modelización Computacional

    Ciencias (Experimentais)
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    5
    Código
    10392

    O Mestrado en química teórica e modelización computacional ofrece formación avanzada en mecánica cuántica, química cuántica e técnicas computacionais modernas como machine learning, intelixencia artificial e computación de alto rendemento aplicadas á resolución de problemas químicos. Ademais oferta materias optativas especializadas. A docencia impártese en inglés e conta con colaboracións con institucións europeas.

    Acceso e admisión

    • Expediente académico.
      Valolarase a nota media e as notas no ámbito de química física. Poderán ser admitidos outros títulos de grao diferentes a Química ou a Física, sempre que se acredite coñecementos do nivel do Chemistry Eurobachelor" (ou equivalentes) dos temas siguintes: enlace químico, estrutura atómica e molecular e interacciones moleculares, física xeral, química física xeral, termodinámica, cinética e espectroscopía (50 %).
    • Nivel de inglés e de español acreditado para candidatos/as de terceiros países (20 %).
    • Carta de motivación (15 %).
    • Referencias de dúas persoas (15 %).

    Perfil de ingreso recomendado

    Está dirixido principalmente a persoas graduadas en Química ou en Física, aínda que tamén pode acoller titulados/as doutras disciplinas científicas afíns.

    Obxectivos xerais da titulación

    O Mestrado en química teórica e modelización computacional ten como obxectivo principal formar especialistas cunha visión ampla que combine un profundo coñecemento da Mecánica Cuántica con habilidades en programación. Ten como obxectivo principal formar especialistas cunha visión ampla que combine un profundo coñecemento da mecánica cuántica con habilidades en programación e técnicas computacionais avanzadas como o Machine Learning ou a intelixencia artificial. Para iso, reúne os mellores grupos de investigación de universidades de toda España, integrando ao estudantado en proxectos científicos reais e respondendo á crecente demanda de persoal especializado tanto na investigación pública como na industria privada. O programa promove ademais a internacionalización a través da docencia en inglés e da realización de estancias no estranxeiro.
     
     

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    Sectores emerxentes e oportunidades laborais

    Industria farmacéutica e biotecnolóxica:

    • Deseño racional de fármacos asistido por computadora
    • Optimización de procesos de sínteses de biomoléculas
    • Análises de interaccións proteína-ligando

    Ciencia de materiais

    • Desenvolvemento de novos materiais para enerxías renovables
    • Deseño de catalizadores para procesos industriais sostibles
    • Modelización de nanomateriais e estruturas supramoleculares

    Tecnoloxías verdes e sustentabilidade

    • Optimización de procesos de captura e almacenamento de CO2
    • Desenvolvemento de materiais para celas solares e baterías avanzadas
    • Modelización de procesos de reciclaxe e economía circular

    Industria química e petroquímica:

    • Simulación de procesos químicos a escala industrial
    • Optimización de catalizadores para refinería
    • Predición de propiedades fisicoquímicas de novos compostos

     
     

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Datos de contacto

    Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial

    Ciencias (Experimentais)
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    V11M162V02

    Mestrado interuniversitario no que participan as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo. Trátase dun mestrado presencial con posibilidade de matrícula a tempo parcial.
     

    Acceso e admisión

    • Titulación prioritaria: licenciatura ou grao en Química
    • É run equisito de admisión ter unha formación previa en aspectos básicos das distintas áreas da química
    • Expediente académico da titulación de acceso (85 %) 
    • Méritos curriculares adicionais (10 %)
    • Carta de motivación (5 %)

    Perfil de ingreso recomendado

    Liicenciatura e grao en Química, Bioquímica, Enxeñaría Química, Ciencia de Materiais, Farmacia, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Biotecnoloxía, Nanociencias e outras titulacións que inclúan no seu currículum formación en química.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    O mestrado ten como obxectivo proporcionar unha formación avanzada, teórica e experimental, en distintas áreas da química, e tamén en técnicas instrumentais químicas e biolóxicas.
     

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    O mestrado está orientado tanto á investigación como á empresa e á industria relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía química.
       

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    María Del Carmen Terán Moldes