Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Equipo de goberno
Director/a
Secretario/a
Localización
Código do departamento
Titulacións
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
Características
Trátase dun mestrado de carácter mixto investigador/profesionalizante no que, para a adquisición de competencias, se empregará unha metodoloxía docente semipresencial que inclúe novas formas de intervención: fomento de traballo autónomo supervisado, metodoloxía participativa, estudo de casos prácticos, aprendizaxe baseada na análise de problemas e formulación de solucións, uso de recursos informáticos e en liña, establecemento de enlaces co mundo profesional, fomento do traballo en grupos coordinados etc. Así, tanto os contidos como a metodoloxía docente adáptanse para acadar as competencias específicas e xerais que vai necesitar o futuro alumnado egresado para desenvolver con éxito as tarefas propias do exercicio profesional.
De entre todas as características do mestrado, quizais a conxugación de sinerxías procedentes de múltiples ámbitos profesionais e científicos para crear un novo espazo profesional sexa a característica máis marcada da proposta.
Acceso e admisión
Cada criterio ten unha puntuación específica que permitirá unha selección obxectiva do estudantado no caso de que se supere o número de prazas. A puntuación será a seguinte:
- Titulación académica, con especial atención aos titulados/as das seguintes disciplinas con especializacións relacionadas co patrimonio cultural (35 %):
- Graduados/as en titulacións relacionadas con historia, historia da arte ou xeografía
- Arqueólogos/as
- Arquitectos/as e arquitectos técnicos
- Licenciados/as en Dereito
- Enxeñeiros/as superiores e técnicos
- Licenciados/as en Belas Artes
- Títulados/as superiores en Conservación e Restauración de Patrimonio Cultural (segundo a Lei orgánica 2/2006) e titulados/as en Conservación-Restauración (segundo a Lei orgánica 1/1990)
- Xeólogos/as
- Químicos/as
- Biólogos/as
- Expediente académico, con especial atención ás materias cursadas relacionadas coa temática do mestrado (30 %).
- Currículum vítae, con especial atención aos méritos alegados relacionados coa realización de cursos de especialización e o desenvolvemento de actividades profesionais no ámbito do patrimonio cultural (15 %).
- Bolsas (estudos de 1.º e 2.º ciclo, estudos predoutorais etc.) (10 %).
- Outros méritos, como coñecementos de idiomas, premios extraordinarios etc. (10%).
No caso de que non se supere o límite de prazas na fase de preinscrición, todas as solicitudes con currículo cunha relación profesional e académica co programa de mestrado terán dereito a acceder a el en condicións de igualdade e sen discriminación de ningún tipo.
Perfil de ingreso recomendado
Persoas tituladas en Historia, Historia da Arte, Arqueoloxía, Xeografía, Turismo, Humanidades, Arquitectura, Dereito ou Belas Artes con interese pola investigación e o labor profesional no eido da xestión, valoración e protección do patrimonio.
Obxectivos xerais da titulación
Proporcionarlle ao alumnado unha base sólida en xestión, así como unha formación tecnolóxica e práctica, asumindo que unha boa preparación como profesional neste campo require a adquisición de habilidades no campo das novas tecnoloxías instrumentais e procedimentais.
Este mestrado enténdese como un período de formación para obter o título de doutor/a, promovendo a investigación no campo da protección do patrimonio.
O alumnado poderá seleccionar e empregar ferramentas metodolóxicas para a súa aplicación no deseño, implementación e seguimento de proxectos de avaliación, xestión e/ou difusión do patrimonio cultural. A énfase na interdisciplinariedade e no contido tecnolóxico esixirá que os e as profesionais actualicen os seus coñecementos regularmente, o que se aliña coa necesidade de formar estudantado autónomo capaz de facerse cargo da súa propia aprendizaxe e de atopar, en calquera momento, os recursos axeitados para responder as demandas cambiantes da profesión e da sociedade.
- Mellorar a coordinación e as habilidades dos grupos.
- Promover a posta en marcha de actividades docentes interdisciplinares.
- Completar a formación do alumnado con prácticas en empresas.
- Sintetizar diversas estratexias para adaptar o ensino ás necesidades educativas especiais.
- Explorar novas formas de financiamento.
- Deseñar e ofrecer novos produtos que a sociedade demande.
- Promocionar a UVigo e situala no escenario nacional e internacional.
- Promover a relación entre as empresas e a universidade.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
Características
Este mestrado en modalidade en liña é unha titulación oficial recoñecida polo Ministerio de Educación e impartido pola a Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo dende o ano 2011.
O seu obxectivo é proporcionar unha formación avanzada e multidisciplinar no campo da administración e a xestión pública. O alumnado que escolla este programa adquirirá as habilidades necesarias para cursar un doutoramento e acadar un alto nivel de especialización, o que lle permitirá realizar actividades de asesoramento, consultoría e investigación.
Acceso e admisión
- Certificado académico (nota media do expediente calculada): ata 4 puntos. Valorarase a nota media do expediente académico, calculada segundo os criterios establecidos pola universidade.
- Título de acceso: ata 3 puntos.
- Título universitario en Dirección e Xestión Pública ou Administración e Xestión Pública (ou similar): 3 puntos.
- Título universitario noutras titulacións do ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas (preferentemente Ciencias Políticas, Dereito, Economía e Empresa): 2 puntos.
- Título universitario noutros ámbitos de coñecemento: 1 punto.
- Carta de motivación/experiencia profesional: ata 3 puntos.
Non se debe achegar un CV, senón unha carta de motivación cunha extensión máxima de 300 palabras. Nesta carta deberá incluírse exclusivamente a seguinte información:- Experiencia profesional relevante (ata 2 puntos). Valorarase unicamente a experiencia profesional directamente relacionada co perfil do programa. Deberá indicarse de forma breve: o tempo total traballado (en anos/meses), o sector (público ou privado) e a área ou ámbito de traballo.
Esta experiencia profesional deberá acreditarse mediante documentación (contratos, certificados, etc.). A experiencia non acreditada non será obxecto de valoración. - Aliñamento cos obxectivos do programa (ata 1 punto). Avaliarase como a persoa candidata xustifica o seu interese polo programa e de que maneira este contribuirá ao seu desenvolvemento profesional.
Nota importante: non se terán en conta outros aspectos non solicitados, tales como outra formación académica (licenciatura, grao, mestrado ou doutoramento), cursos de formación, idiomas ou outros méritos non relacionados. Non se debe achegar o CV.
- Experiencia profesional relevante (ata 2 puntos). Valorarase unicamente a experiencia profesional directamente relacionada co perfil do programa. Deberá indicarse de forma breve: o tempo total traballado (en anos/meses), o sector (público ou privado) e a área ou ámbito de traballo.
Obxectivos xerais da titulación
O obxectivo xeral do Mestrado en xestión pública e liderado institucional é proporcionar unha formación avanzada e multidisciplinar no campo da xestión e administración públicas, que lle permita ao estudantado continuar estudos en programas de doutoramento relacionados así como alcanzar un alto nivel de especialización que para realizar actividades de asesoramento e consultoría dentro das administracións públicas.
Este obxectivo xeral conséguese a través de tres obxectivos específicos:
- Afondar nas abordaxes, teorías e paradigmas clásicos e actuais da xestión pública.
- Coñecer e aplicar as ferramentas de análise básicas para o estudo sistemático dos recursos e habilidades propios da función directiva.
- Iniciar tarefas de investigación no campo da xestión pública mediante a asimilación de métodos e técnicas de investigación avanzadas.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
Características
O Mestrado en menores en situación de vulnerabilidade e conflito social é unha titulación oficial da Universidade de Vigo que ten como obxectivo formar profesionais e investigadores/as con capacidade para deseñar, implementar e liderar proxectos e procesos de investigación sobre o tema do abandono e o conflito social de menores, desde unha perspectiva xurídica, psicolóxica e socioeducativa.
Pretende ser un punto de encontro interdisciplinar para o debate, a análise crítica e o intercambio de ideas destinadas a mellorar a protección xurídica e os mecanismos de intervención psicosocioeducativa dirixidos a menores en risco, en situacións de vulnerabilidade ou conflito social.
Acceso e admisión
Aínda que non se requiren probas de acceso especiais, unha licenciatura no campo das Ciencias Sociais e Dereito é un requisito previo para a admisión ao mestrado. Dentro deste campo, daráselles preferencia aos titulados/as en Dereito, Educación, Psicoloxía, Traballo Social e Socioloxía. Se fose necesario, a comisión académica do mestrado seleccionará candidaturas entre as que cumpran estes requisitos en función da súa cualificación media e do seu currículo.
- Requisitos específicos de admisión e/ou criterios de avaliación (sobre 10 puntos):
- Nota media do expediente académico (50 %): ata 5 puntos
- Currículo (50 %): ata 5 puntos. Valorarase especialmente no CV a formación previa e a experiencia profesional no ámbito da protección e rehabilitación da infancia.
Obxectivos xerais da titulación
O obxectivo fundamental desta titulación é formar investigadores/as capaces de deseñar, implementar e liderar proxectos e procesos de investigación sobre a problemática da vulnerabilidade e a conflitividade social entre menores, desde unha perspectiva eminentemente xurídica, pero tamén desde unha perspectiva psicolóxica e socioeducativa .
Pola súa banda, este mestrado tamén pretende ser un punto de encontro interdisciplinar para o debate, a análise crítica e a posta en común de ideas destinadas a mellorar a protección xurídica e os mecanismos de intervención psicosocioeducativa dirixidos a menores en risco, en situacións de abandono ou conflito social.




