Teoría do sinal e comunicacións
Equipo de goberno
Director/a
Subdirector/a
Secretario/a
Localización
Código do departamento
Titulacións
Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados
Características
O Mestrado en sistemas aéreos non tripulados, impartido conxuntamente polas universidades de Santiago de Compostela e de Vigo e coa colaboración da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, é un dos poucos mestrados universitarios oficiais que existen neste campo no noso país. Trátase dun título oficial moi valorado no ámbito profesional e recoñecido en convocatorias públicas de bolsas e oposicións. Ademais, permite acceder aos programas de doutoramento, realizar a tese doutoral ou investigar neste campo de alta especialización.
O novo deseño do título integra os contidos necesarios para cubrir as necesidades formativas que un piloto de UAS requirirá para superar os exames oficiais das categorías A1, A2 e A3.
Acceso e admisión
A comisión académica avaliará a idoneidade das persoas candidatas preinscritas empregando o seguinte baremo:
- Preferencia das titulacións do perfil de ingreso recomendado
- Nota media de expediente académico de titulación de acceso (80 %)
- Experiencia profesional acreditada no sector (20 %)
Perfil de ingreso recomendado
Persoas tituladas universitarias en disciplinas científicas ou tecnolóxicas que desexen orientar a súa carreira profesional cara a empresas ou administracións públicas con interese nos sistemas aéreos non tripulados. Os ámbitos de interese deste colectivo poderán dirixirse cara á operación e á enxeñaría de sistemas. Tendo isto en conta, considéranse perfil de ingreso recomendado a este mestrado as persoas graduadas nas seguintes titulacións do SUG:
Especialidade: Enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados (UVigo)
- Graduado/a en Enxeñaría Aeroespacial
- Graduado/a en Enxeñaría Industrial
- Graduado/a en Enxeñaría en Tecnoloxías da Telecomunicación
- Graduado/a en Enxeñaría Informática
- Graduado/a en Física
- Graduado/a en Matemáticas
- Graduado/a en Enxeñaría da Enerxía
Especialidade: Aplicacións na xestión dos recursos da terra (USC)
- Graduado/a en Enxeñaría Forestal
- Graduado/a en Enxeñaría Agrícola
- Graduado/a en Enxeñaría Xeomática e Topografía
- Graduado/a en Enxeñaría Civil
- Graduado/a en Enxeñaría de Minas
Obxectivos xerais da titulación
A importante demanda potencial e o interese social xerados pola aplicación de sistemas aéreos non tripulados (UAS) aos procesos existentes en varios sectores están a permitir que as empresas creen novos modelos de negocio. Cada industria ten necesidades diferentes e, en consecuencia, require diversas solucións baseadas en UAS.
En concreto, os sistemas de a bordo non tripulados poden contribuír a estes sectores en operacións como a vixilancia da construción, a inspección de infraestruturas, a loxística da última milla e a loxística in situ en fábricas, o fornecemento de datos xeoespaciais para a avaliación de riscos por parte das aseguradoras, a fotografía e o vídeo aéreos profesionais, a inspección de antenas de telecomunicacións, as operacións en redes eléctricas, os servizos de internet en zonas remotas, a vixilancia de cultivos, a dispersión de pesticidas, a vixilancia, a xestión de operacións mineiras, a xestión forestal, a xestión do espazo mariño etc.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
Características
Esta titulación busca afianzar e potenciar os estudos do Grao en Enxeñaría Biomédica, achegándolle ao alumnado unha formación de amplo espectro, que responda as necesidades de dispoñer de persoal técnico de alta cualificación para deseñar e aplicar novas e avanzadas tecnoloxías no ámbito sanitario, e completar así unha formación que abrangue todas as etapas e aspectos relacionados coas tecnoloxías e produtos sanitarios.
Impártese en colaboración co Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, cunha parte da formación nas súas instalacións. Este deseño dunha formación dual responde as novas esixencias dunha formación que combine docencia nos centros universitarios coa que cómpre ser desenvolta polas persoas profesionais do sector sanitario, combinando así unha formación técnica-científica e práctica tecnolóxica, cunha formación adecuada nas disciplinas básicas da medicina, que lles permita ás persoas tituladas deste mestrado solucionar calquera problema concreto de enxeñaría que xorda no ámbito sanitario.
Acceso e admisión
Debido ao carácter interdisciplinar do mestrado, é importante que o perfil de ingreso presente unha formación básica característica de calquera enxeñaría: Física, Química, Matemáticas, Estatística, Informática, …
De igual maneira, é importante que tamén presente coñecementos tanto en contidos tecnolóxicos como os relacionados coa parte da ciencia biomédica: fundamentos de electrónica para biomédica, fundamentos de electricidade, sistemas mecánicos, ciencia e enxeñaría de materiais, bioquímica e bioloxía celular, fisioloxía xeral, estrutura e patoloxía médica e estrutura e patoloxía médico-cirúrxica, bioestatística, …
Por tanto, de acordo cos criterios de valoración de méritos establecidos no seguinte apartado, serán admitidos, no seu caso, sen complementos formativos os graduados/as en Enxeñaría Biomédica provenientes de calquera universidade española e estranxeira que se axusten ás características anteriormente indicadas, sempre tomando como referencia o Grao en Enxeñería Biomédica da Universidade de Vigo.
Para o resto de solicitudes en posesión dun grao en Enxeñería Biomédica que cumpran os requisitos de acceso, pero cun perfil que non se axuste ao plan de estudos de referencia, a comisión académica do mestrado, unha vez analizados os plans de estudos, establecerá os complementos formativos que deberán cursar.
As solicitudes de admisión ao Mestrado en enxeñaría biomédica que cumpran as condicións de acceso e os requisitos específicos de admisión serán avaliadas pola comisión académica do mestrado de conformidade coa seguinte fórmula: nota media do expediente do alumnado/nota media do seu grao.
Perfil de ingreso recomendado
O perfil de ingreso recomendado é o do Grao en Enxeñaría Biomédica.
Ademais do anterior, considerarase requisito preferente para a admisión a acreditación do nivel B1 en lingua inglesa.
Obxectivos xerais da titulación
- Formación avanzada e preparación para o desempeño profesional no desenvolvemento e aplicación da enxeñaría biomédica en todas as actividades que o requiran
- Proporcionar coñecementos e habilidades para desenvolver e aplicar ideas orixinais en contextos profesionais e de investigación, formular e resolver problemas complexos, tomar decisións e traballar e comunicarse eficazmente en contornos novos e multidisciplinares dentro do campo da enxeñaría biomédica.
- Proporcionar a capacidade de integrar coñecementos, identificar responsabilidades e implicacións éticas, sociais ou profesionais asociadas a situacións no campo da enxeñaría biomédica, e formular xuízos informados considerando o impacto global, económico, ambiental e social.
- Proporcionar a capacidade de deseñar, modelar matematicamente, simular, implementar e xestionar experimentos, sistemas e procesos complexos no campo da enxeñaría biomédica.
- Proporcionar os coñecementos e as habilidades para o deseño e a análise de sistemas, sensores e técnicas para o diagnóstico, a terapia e a monitorización, a capacidade de aplicar os principios da xeración de radiación, de empregar eficazmente a instrumentación e os métodos de observación, e de analizar e interpretar sinais e imaxes no campo da biomedicina.
- Proporcionar a capacidade para desenvolver modelos biomecánicos do sistema musculoesquelético, coñecementos de enxeñaría de tecidos e capacidades para a análise, manexo e deseño de biomateriais avanzados, capacidade para a análise teórica e a modelización dos aspectos mecánicos dos fluídos biolóxicos e capacidades para a aplicación dos principios da electroquímica no campo biomédico.
- Proporcionar a capacidade para xestionar e auditar o desenvolvemento, a produción e a calidade de produtos sanitarios e a capacidade para identificar necesidades na organización e xestión de servizos de enxeñaría clínica en centros sanitarios.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Matemática Industrial
Características
O Mestrado en matemática industrial (M2I) é unha fusión de dúas titulacións oficiais: o Mestrado en enxeñaría matemática, impartido nas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e o Mestrado en matemática industrial, impartido na Universidad Carlos III de Madrid.
Ademais das universidades responsables das dúas titulacións mencionadas, participa tamén a Universidad Politécnica de Madrid; todas elas buscan aproveitar as sinerxías e unificar materias xa impartidas en mestrados específicos de enxeñaría cun forte compoñente matemático.
Acceso e admisión
A priorización das candidaturas, en cada unha das universidades participantes, será polo expediente académico, atendendo á orde de preferencia das titulacións recomendadas, para o caso en que o número de prerexistros no mestrado supere o número de prazas dispoñibles.
Expediente académico
Orde de preferencia das titulacións:
- Titulacións (licenciaturas ou graos) en Matemáticas, Física e Enxeñaría.
- No caso de quedar vacantes, entrarían o resto de titulacións das grandes áreas de enxeñaría e arquitectura, e ciencias.
- Se aínda quedasen vacantes, titulación (licenciaturas ou graos) en Economía e Administración de Empresas.
Perfil de ingreso recomendado
- Graos en Matemáticas e Física
- Graos da área de enxeñería e arquitectura
- Graos da área de ciencias
- Graos en Economía e Administración de Empresas
- Enxeñarías técnicas ou superiores
- Licenciaturas en ciencias, especialmente Matemáticas, Física, Química e Bioloxía. Licenciaturas en Económicas e Administración de Empresas
Obxectivos xerais da titulación
Ampliar as habilidades analíticas e os coñecementos do alumnado que formará futuros equipos de investigación e profesionais.
Proporcionar habilidades concretas relacionadas co deseño, construción e uso de software específico para polo menos un dos sectores industriais. Introducir o alumnado en temas de investigación e desenvolvemento relacionados coas materias que conforman este programa.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Visión por Computador
Características
Este mestrado ofrece unha especialización interdisciplinar en todos os fundamentos da visión por computador. Foi deseñado sobre a base da experiencia de investigación e transferencia de coñecemento de catro universidades de Galicia e do norte de Portugal. A visión por computador ten como obxectivo comprender escenas a partir de imaxes e vídeos mediante o uso de ordenadores. É un dos campos de investigación máis prolíficos en intelixencia artificial e o estado actual da arte está a impulsar a innovación nunha ampla gama de aplicacións do mundo real.
Acceso e admisión
- Graos universitarios en calquera área de ciencias, enxeñaría e enxeñaría técnica
- Adecuación do expediente académico e do currículo ao perfil académico esperado
- Acreditación dun nivel mínimo de inglés B1
- Contactar coa universidade elixida para máis información sobre as opcións dispoñibles para a acreditación do nivel de inglés
Os criterios de selección basearanse nos seguintes aspectos:
- Expediente académico (80 %)
- Experiencia laboral no campo da visión por computador (preferiblemente) e das TIC en xeral (15 %)
- Outros méritos relacionados co campo da visión por computador (preferiblemente) e das TIC en xeral (5 %)
Perfil de ingreso recomendado
Este mestrado está dirixido a estudantes que teñan un grao en Matemáticas, Física ou Enxeñaría, e que teñan intereses diversos na tecnoloxía de visión por computador:
- Estudantes que busquen unha especialización antes de incorporarse ao mercado laboral.
- Estudantes que están a realizar unha tese de doutoramento neste campo.
- Emprendedores/as que buscan formación para crear as súas propias empresas neste eido.
- Profesionais que traballan en empresas tecnolóxicas e queren ampliar/complementar as súas competencias.
O perfil de admisión recomendado é:
- Formación matemática polo menos equivalente á que proporciona un grao en Enxeñaría.
- Habilidades de programación (C/C++, Java, Matlab, Python ou similares).
- Nivel de inglés equivalente ao nivel B2 do CEFR, aínda que só se require o nivel B1.
Obxectivos xerais da titulación
O programa de mestrado trata a necesidade de formar expertos/as cualificados nun campo que se está a converter en fundamental para manter o impulso innovador na automatización de tarefas que requiren cognición visual. Co crecemento exponencial do volume de imaxes e vídeos dixitais capturados por cámaras, a comprensión automática do noso mundo visual nunca foi tan importante.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Internet das Cousas - IoT
Características
O Mestrado en internet das cousas ofrece unha visión completa do campo da IoT e unha especialización que actualmente non está dispoñible dentro do sistema universitario galego (SUG). Por exemplo, o Grao en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (UVigo) e os títulos de grao e mestrado en Enxeñaría Informática que ofrecen a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) inclúen conceptos básicos que require unha persoa experta en IoT, pero non afondan neles. Do mesmo xeito, outros mestradoes existentes dentro do SUG, como os de Enxeñaría de telecomunicación, Ciberseguridade e informática industrial e Robótica, tamén carecen de formación especializada.
Esta titulación proporciónalle ao estudantado os coñecementos necesarios para deseñar, configurar, integrar e manter sistemas de interconexión dixital para obxectos e persoas que operan de forma autónoma e intelixente, xerando información útil para a toma de decisións. O programa afonda en áreas como os sistemas integrados e dispositivos IoT, as arquitecturas de IoT, as telecomunicacións, a programación e o procesamento e análise de datos.
Acceso e admisión
No caso do alumnado que solicite a súa admisión e posúa un título diferente, valorarase a súa admisión en función de que poida xustificar que os seus estudos previos conducisen á adquisición dos coñecementos correspondentes ao perfil xenérico dun titulado nun grao relacionado co ámbito das TIC, do cal se espera que teña coñecementos de programación, deseño de algoritmos, redes de computadores, protocolos básicos de comunicación entre dispositivos, circuítos electrónicos, así como coñecementos de estatística. Para iso, o alumnado deberá achegar na súa solicitude, alén do seu currículum vítae, o título de grao que posúa, así como o detalle do plan de estudos cursado no que apareza a carga docente de cada unha das materias e a ficha descritiva daquelas que fosen relevantes para a xustificación de adquirir os coñecementos correspondentes ao perfil xenérico descrito no parágrafo anterior. Achegará tamén a súa experiencia laboral relacionada coa IoT, de ser o caso.
O baremo con que se avaliarán as solicitudes de ingreso basearase nos seguintes aspectos:
- Expediente académico: ata o 70 % da nota. Para o alumnado procedente de titulacións diferentes das preferentes, o seu expediente académico será dividido entre 2.
- Experiencia investigadora: ata o 30 % da nota.
- Experiencia laboral: ata o 30 % da nota.
- Outros méritos: relacionados co ámbito de IoT: ata 10% da nota.
As porcentaxes concretas asociadas ao baremo para cada curso académico serán establecidas e publicadas con anterioridade ao comezo dos períodos de preinscrición e matrícula.
Perfil de ingreso recomendado
O perfil recomendado para cursar o mestrado é o de titulado/a de grao ou mestrado dunha temática directamente relacionada coas TIC ou coa electrónica, preferentemente Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Informática e Enxeñaría Industrial. A titulación facilita a incorporación tanto de novos egresados/as como de profesionais do sector con experiencia que desexen focalizar a súa carreira profesional no ámbito de IoT. Neste último caso, facilítase a matrícula a tempo parcial para permitir compatibilizar os estudos do máster coa vida laboral.
Obxectivos xerais da titulación
O programa de mestrado pon especial énfase na aplicación da seguridade en toda a cadea de valor da IoT e abrangue tamén outras áreas clave no desenvolvemento desta tecnoloxía, como a computación na nube ou o procesamento masivo de datos.
Para tratar os problemas e solucións específicos dos principais dominios de aplicación, onde a IoT se sitúa como a tecnoloxía facilitadora máis importante, definíronse tres especialidades :
- IIoT : esta especialidade examina aspectos como as fábricas intelixentes, a industria 4.0 ou a IoT verde, ademais de contidos específicos sobre aplicacións de procesamento de vídeo ou procesamento de datos masivos (big data) no ámbito industrial.
- Sociedade 5.0: esta especialidade afonda en diversos dominios de aplicación da chamada sociedade 5.0, como o uso de sistemas IoT para a saúde (Smart Health), para cidades intelixentes (Smart Cities ), edificios e fogares intelixentes, ademais de contidos específicos sobre despregamento de redes, aplicacións de procesamento de vídeo ou o tratamento de datos masivos nestes dominios.
- Vehículos conectados: esta especialización abrangue todos os aspectos relacionados co uso de sistemas de IoT para vehículos conectados.
En concreto, trata a aplicación dos fundamentos da IoT a coches conectados, vehículos aéreos non tripulados (UAV) e sistemas de transporte intelixentes (ITS), ademais de contidos específicos relacionados co despregamento de redes IoT , aplicacións de procesamento de vídeo ou o procesamento de datos masivos no campo específico do vehículo conectado.
Plan de estudos
Saídas profesionais
As persoas egresadas están preparadas para o deseño, configuración, integración e adaptación de sistemas IoT aplicables a múltiples campos, ao ser a IoT de aplicación transversal en innumerables ámbitos.
De forma máis concreta, poderán desempeñar o seu traballo como:
- Desenvolvedor/a de sistemas, servizos e aplicacións baseados en IoT
- Experto/a en domótica
- Xestor/a de proxectos de tecnoloxías de última xeración
- Desenvolvedor/a de estratexias IoT
- Consultor/a IoT
- Analista de datos especializados en IoT
- Experto/a en ciberseguridade para IoT
- Investigador/a en IoT
- Arquitecto/a de solucións IoT
Ademais, as tres especialidades propostas permitirán gañar profundidade nunha das tres áreas fundamentais para a sociedade moderna actual, formando expertos/as en:
- Sociedade 5.0: expertos/as na aplicación das tecnoloxías IoT a ámbitos como a saúde, as cidades intelixentes ou os edificios e fogares intelixentes
- IIoT: desenvolvedores/as expertos nas tecnoloxías IoT para a industria 4.0/5.0, incluíndo a integración de sistemas IIoT, o desenvolvemento de xemelgos dixitais para plantas industriais ou a creación de sistemas IoT enerxeticamente eficientes.
- Vehículo conectado: expertos/as en tecnoloxías IoT aplicables a vehículos conectados, a sistemas de transporte intelixentes ou a sistemas aéreos non tripulados
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Realidade Estendida
Características
XR? Complementar ou substituír a realidade que sentimos con elementos virtuais, iso é a realidade estendida (XR). Transversal e disruptiva, de aplicación en todos os sectores. industria 5.0, web 4.0, metaverso... Este mestrado interuniversitario polas universidades de Vigo e da Coruña é técnico esixente, aplicado e multidisciplinar.
Por que estudar esta titulación? Pola crecente importancia da realidade estendida na competitividade de Europa e tamén por:
- Énfase na produción áxil de proxectos.
- O usuario/a final é condición sine qua non.
- O traballo en equipo é clave.
- Para cada necesidade durante o mestrado, unha soa ferramenta software que manexar. A ferramenta é unha utilidade, non un fin.
- A presencialidade é reducida, só dúas tardes á semana.
- Permite ser útil á empresa que contrate desde o minuto 1, integrando en calquera desenvolvemento en marcha.
O Mestrado interuniversitario en realidade estendida é un programa de estudo especializado e en profundidade sobre a tecnoloxía XR. Fai fincapé na produción áxil de proxectos en equipos de traballo, capaces de adaptarse progresivamente aos posibles cambios no desenvolvemento de produtos.
Especialidades
Para poder formar os dous perfís profesionais distintos que facilita este mestrado, definíronse dúas especialidades e será obrigatorio elixir unha delas:
- Técnico/a avanzado en realidade estendida: profúndase na algorítmica, programación e optimización das prestacións dos sistemas que implementan os espazos virtuais.
- Deseñador/a de experiencias en realidade estendida: profúndase na integración dos espazos virtuais nos procesos de produción xa existentes, na satisfacción do usuario e na creación de novas solucións en diversos ámbitos (deseño, produción, mantemento, adestramento…) e sectores (industria 4.0, saúde, educación…).
Acceso e admisión
Os criterios de avaliación das solicitudes aceptadas pola comisión académica basearanse nos seguintes aspectos:
- Expediente académico: ata o 70 % da nota. Para o alumnado procedente de programas de grao que non se consideren preferentes, o seu expediente académico multiplicarase por un factor de ponderación, inferior a 1, relacionado cos cursos realizados en habilidades de programación, deseño de algoritmos e coñecementos de electrónica. O método para calcular este factor de ponderación será determinado pola comisión académica antes de que comece o proceso de preinscrición e matrícula.
- Experiencia investigadora : ata o 30 % da cualificación. Poderá concertarse unha entrevista persoal para avaliar a idoneidade.
- Experiencia laboral: ata o 30 % da cualificación. Poderase concertar unha entrevista persoal para avaliar a idoneidade.
- Outros méritos relacionados co campo da realidade ampliada: ata un 10 % da nota. Poderase concertar unha entrevista persoal para avaliar a idoneidade.
- Situación de desemprego no momento de solicitar a reserva de praza: ata o 10 % da nota.
As porcentaxes específicas asociadas á escala para cada curso académico estableceranse e publicaranse con antelación ao inicio dos períodos de preinscrición e matrícula.
A comisión académica establecerá as equivalencias entre os estudos cursados noutras universidades e os que poidan ser recoñecidos no plan de estudos.
Experiencia laboral:
A experiencia profesional acreditada tamén poderá ser recoñecida en forma de créditos, ata un máximo de 7,5 ECTS. En concreto, os créditos do curso de prácticas externas poderán ser recoñecidos por experiencia laboral e profesional acreditada, sempre que a experiencia fose, polo menos, como enxeñeiro/a, técnico/a, diplomado/a, graduado/a no campo dos proxectos de realidade estendida (XR).
Perfil de ingreso recomendado
En xeral, a candidatura ideal terá un título nun campo relacionado coas TIC, que se considera a cualificación preferida. Espéranse habilidades de programación, experiencia en deseño de algoritmos e coñecementos de arquitectura informática. Os candidatos/as cun título técnico que non se considere a cualificación preferida seguirán téndose en conta para a avaliación. As persoas profesionais con experiencia no sector que desexen centrar o seu desenvolvemento profesional na XR poden solicitar unha matrícula a tempo parcial para combinar o seu traballo cos seus estudos de mestrado.
Plan de estudos
Saídas profesionais
- Desenvolvemento de sistemas de realidade estendida: oportunidades profesionais e académicas.
- Deseño de experiencias de realidade estendida en fabricación e loxística.
- Deseño de experiencias de realidade estendida no campo da saúde e o benestar.
- Consultaría na optimización de sistemas de realidade estendida.
- Xestión e produción de proxectos: capacidade para liderar equipos multidisciplinares empregando metodoloxías áxiles. Deseño e implementación de xemelgos dixitais.
- Consultor tecnolóxico especializado en aplicacións educativas, publicitarias ou de entretemento.
- Consultor en tecnoloxías disruptivas.
- Comezo dunha carreira investigadora.
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
Características
Este mestrado con mención dual outorga todas as cualificacións necesarias para exercer como enxeñeiro/a de telecomunicacións, unha profesión que, segundo a enquisa de emprego de titulados/as universitarios do INE de 2020, conta cunha taxa de empregabilidade do 93,6%. Esta alta taxa débese ao papel fundamental das tecnoloxías de telecomunicacións no funcionamento de calquera empresa, empresa ou institución.
O Mestrado en enxeñaría de telecomunicacións (MET) habilita os titulados/as para exercer a profesión regulada de enxeñaría de telecomunicacións. As profesións reguladas son aquelas que requiren cualificacións específicas para o seu exercicio, normalmente un título académico determinado. A nosa profesión ten competencias legais específicas e está rexida por un colexio profesional.
Acceso e admisión
Os criterios específicos de admisión para o mestrado serán, por orde de prioridade, a afinidade da tiulación, as cualificacións de acceso das persoas solicitantes, e outros méritos relacionados co campo das telecomunicacións.
Daráselles preferencia ás persoas tituladas directamente relacionadas coas tecnoloxías da información e a comunicación, seguidas das tituladas en disciplinas científicas básicas (matemáticas, física ou campos relacionados), e estas terán prioridade sobre calquera outra cualificación académica.
A experiencia profesional previa no campo da telecomunicación será considerada pola comisión académica do mestrado como un criterio adicional para as decisións de admisión, así como, se se considera necesario, entrevistas persoais cos solicitantes para avaliar adecuadamente a súa aptitude e motivación.
A comisión académica poderá definir complementos de formación para algúns perfís de ingreso. Os ditos complementos serán materias do grao en telecomunicación.
Os criterios de admisión basearanse nos seguintes aspectos :
- A idoneidade da titulación para a admisión aos contidos do programa de mestrado ponderarase cun 60 %. A comisión académica do mestrado terá a última palabra á hora de decidir sobre a idoneidade da titulación.
- O expediente académico, cunha ponderación do 30 %.
- Outros méritos relacionados co ámbito da telecomunicación (experiencia laboral, formación extracurricular, participación en actividades relacionadas etc.), cunha ponderación do 10 %.
Obxectivos xerais da titulación
O MET ten como obxectivo formar profesionais na vangarda dos coñecementos tecnolóxicos e as habilidades profesionais que sustentan a nosa sociedade interconectada e dixital, como as tecnoloxías telemáticas, os sistemas electrónicos, o procesamento de son e imaxe e os sistemas de telecomunicacións. A formación que se ofrece neste mestrado afonda nos conceptos que se tratan no Grao en Enxeñaría de Telecomunicacións, proporcionando unha formación sólida e versátil que dota os titulados dunha alta capacidade de adaptación a un sector en constante evolución.
Plan de estudos
Saídas profesionais
O Mestrado de enxeñaría de telecomunicación capacita para o exercicio da profesión de enxeñeiro/a de telecomunicación, que actualmente ten cotas de plena ocupación, sendo o perfil das persoas profesionais uns dos máis demandados no ámbito tecnolóxico e con máis perspectivas de futuro.
Os egresados/as son quen de analizar, deseñar, implementar, explotar e xestionar sistemas, redes, servizos, equipos, compoñentes ou procesos dentro do ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). Desenvolverán cargos técnicos e directivos en empresas do ámbito da electrónica e as telecomunicacións:
- Operadoras de telecomunicación (radio, televisión, telefonía, internet etc.)
- Empresas de desenvolvemento de equipos e tecnoloxía de telecomunicacións
- Empresas do sector da enxeñaría electrónica
- Empresas do sector da enxeñaría de comunicación de datos
- Empresas do sector da enxeñaría audiovisual
- Deseño de redes de comunicación
- Consultaría de empresas de TIC
- Deseño de aplicacións de software e multimedia
- Empresas de sectores afíns:
- Enerxía
- Saúde
- Seguridade e defensa
- Automoción
- Transporte terrestre, aeroespacial e marítimo
- Banca e sector financeiro
- Automática e robótica
- Cidades intelixentes
- IoT (Internet das cousas/Internet of Things)
- Domótica e inmótica
- Cadea de bloques (blockchain)
- Industria 4.0.
- Macrodatos (big data)
- Bioenxeñería.
- Aplicacións espaciais e satélites.
- Exercicio libre da profesión (proxectos, peritaxes, instalacións etc.)
Cabe lembrar que os sistemas de información están presentes en todas as áreas de actividade.
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Vehículos Autónomos
Características
Acceso e admisión
A comisión académica do mestrado estudará cada solicitude e poderá rexeitar aquelas que, pola titulación de acceso, non estean en condicións de poder aproveitar os ensinos do mestrado, é dicir, que a súa titulación non estea dentro do ámbito exposto no apartado de perfil de acceso recomendad
Os criterios de admisión basearanse nos seguintes aspectos:
- Adecuación da titulación de acceso aos contidos do mestrado
- Expediente académico
Fíxanse os seguintes criterios de admisión:
- Titulación de acceso (entre 0 e 2 puntos), segundo a idoneidade da titulación de acceso cos obxectivos e contidos do mestrado
- Expediente académico da titulación de acceso (entre 0 e 1 punto).
- A puntuación establecida xera unha ordenación onde cada criterio é preferente de forma xerárquica. Coa puntuación obtida ordénanse as solicitudes e admítense estudantes ata cubrir as prazas ofertadas.
Perfil de ingreso recomendado
As persoas que queiran ser admitidas no título deberán estar preferentemente en posesión dun grao en:
- Enxeñaría Mecánica
- Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
- Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
- Enxeñaría Eléctrica
- Enxeñaría da Enerxía
- Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
- Enxeñaría Aeroespacial
- Intelixencia artificial
- Enxeñaría Informática
- Robótica
- Enxeñaría Naval e Oceánica
- Tecnoloxías Mariñas
Obxectivos xerais da titulación
A innovación tecnolóxica asociada á autonomía e intelixencia dos vehículos, apoiada na existencia dun marco xurídico europeo propicio para a súa chegada e no impulso da mobilidade sostible, fai cada vez máis necesaria a existencia de perfís profesionais neste ámbito e de titulacións, como a que se propón, que doten ao estudante das competencias requiridas para o seu correcto desempeño e desenvolvemento profesional e que poida aproveitar todas as oportunidades que se presentarán nos próximos anos dentro do campo dos vehículos autónomos.
Así pois, o Mestrado universitario en vehículos autónomos ten como obxectivo xeneral proporcionar unha formación avanzada en temas de mobilidade a todos os niveis (terrestre, aérea e mariña), cunha clara orientación cara a unha especialización profesional de alto nivel, que axude a coñecer os aspectos e os retos tecnolóxicos da mobilidade e, á súa vez, sexa un instrumento que permita mellorar a empregabilidade dos egresados e que favoreza a promoción de iniciativas para o desenvolvemento da nosa comunidade autónoma en sectores estratéxicos.
Outro dos obxectivos fundamentais é formar ao alumnado nos ámbitos de coñecemento que subxacen na mobilidade autónoma, entre os que se inclúen as telecomunicacións, a electrónica, o deseño industrial, a robótica e a intelixencia artificial, entre outros.
En esencia, pretende ofrecer unha formación superior a nivel ARROLAS 3 (EQF 7) que complemente e reforce a formación dos graduados, fundamentalmente das enxeñarías, constituíndo unha vía para a especialización dos estudantes nun ámbito moi demandado polas sociedades desenvolvidas, os vehículos autónomos, e cun enorme potencial de cara ao futuro.
Plan de estudos
Saídas profesionais
Algunhas das principais saídas profesionais vinculadas a un perfil dos estudos de máster son as seguintes:
- Dirección ou participación en grupos de investigación especializados no sector.
- Dirección e actividades profesionais no contexto de departamentos de I+D+i xa sexa nunha empresa do sector, nun centro de investigación ou nun centro tecnolóxico.
- Dirección de proxectos industriais relacionados cos vehículos autónomos.
- Responsable do desenvolvemento de produtos/servizos empregados nos vehículos autónomos.
- Dirección de institutos de investigación.
- Dirección de infraestruturas e recursos relacionados coa mobilidade.
- Dirección de desenvolvemento de solucións de software.
- Autoemprego, mediante a posta en marcha de start-ups relacionadas co ámbito dos vehículos autónomos.
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Ciberseguridade
Características
O Mestrado interuniversitario en ciberseguridade da Universidade de Vigo e da Universidade da Coruña é un programa de estudos especializado que ofrece unha formación profesional rigorosa e integral neste campo, dende os fundamentos ás aplicacións, dende os mecanismos á lexislación e dende os conceptos aos problemas empresariais reais.
O programa de formación consta de 90 créditos ECTS, divididos en tres semestres; un primeiro de materias técnicas e un último semestre dedicado a aspectos xurídicos e de xestión, prácticas en empresas e o traballo de fin de mestrado (TFM).
Acceso e admisión
Os criterios específicos de admisión para o mestrado serán, por orde de prioridade:
- As cualificacións de acceso das persoas solicitantes.
- O expediente académico
- Outros méritos relacionados co campo da ciberseguridade.
Daráselles preferencia ás persoas con titulacións relacionadas coas tecnoloxías da información e da comunicación, seguidas das tituladas en disciplinas científicas básicas (Matemáticas, Física ou campos relacionados), e estas terán prioridade sobre calquera outra cualificación académica. A experiencia profesional previa no campo da ciberseguridade será considerada pola comisión académica do mestrado como un criterio adicional para as decisións de admisión, así como, se se considera necesario, entrevistas persoais coas persoas solicitantes para avaliar adecuadamente a súa aptitude e motivación.
Os criterios de admisión basearanse nos seguintes aspectos:
- A idoneidade da titulación para o acceso aos contidos do programa de mestrado, cunha ponderación do 60 %.
- O expediente académico, cunha ponderación do 30 %.
- Outros méritos relacionados co ámbito da ciberseguridade (experiencia laboral, formación extracurricular, participación en actividades relacionadas etc.), cunha ponderación do 10 %.
Perfil de ingreso recomendado
O perfil recomendado é o de titulado/a nun grao ou mestrado de temática directamente relacionada coas tecnoloxías da información e as comunicacións, preferentemente un mestrado ou grao en enxeñaría informática ou en enxeñaría de telecomunicación. A titulación facilita a incorporación tanto de novos graduados/as como de profesionais do sector con experiencia que desexen focalizar a súa carreira profesional en ciberseguridade. Neste último caso, facilítase a matrícula a tempo parcial para permitir compatibilizar os estudos coa vida laboral.
Obxectivos xerais da titulación
A misión deste mestrado é formar persoas profesionais altamente cualificadas en todos os procesos técnicos, organizativos, operativos e forenses relacionados coa seguridade dixital. A institución (ISC) estima que nos vindeiros anos haberá máis de 1,5 millóns de postos de especialista neste campo que quedarán sen cubrir. Esta é a realidade actual que está a transformar o panorama profesional e este mestrado permite que tanto as persoas tituladas recentes no campo das TIC como as profesionais con experiencia se especialicen nesta área.
Plan de estudos
Saídas profesionais
Neste mestrado realízase unha formación avanzada, que permite desempeñar tarefas tanto en equipos de seguridade defensiva (Blue Team) como nos de seguridade ofensiva (Red Team).
Trátanse tamén aspectos xurídicos e de xestión no ámbito da ciberseguridade que complementan os coñecementos do estudantado. A docencia ten unha marcada orientación práctica, orientada á resolución de problemas en contornas aplicadas.
- Especialistas en deseño e implementación de sistemas de xestión de seguridade da información
- Especialistas en securización de redes e sistemas de telecomunicación
- Especialistas en deseño e implementación segura de aplicacións
- Especialistas en fortificación de sistemas (seguridade defensiva)
- Analistas de seguridade corporativa especializados en técnicas ofensiva
- Especialistas en seguridade IoT e IIoT
- Analistas de malware
- Analistas forenses
- Auditoría de seguridade
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxías de Información Cuántica
Características
O Mestrado interuniversitario en ciencia e tecnoloxías da información cuántica (MQIST) é unha alianza estratéxica das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo cara á oferta especializada de estudos de posgrao neste campo nas fronteiras da tecnoloxía, cun enfoque científico rigoroso e extensivo que vai desde os principios científicos (física, matemáticas e computación) e culmina nos aspectos de aplicación en contornas e problemas industriais.de claves seguras, e a capacidade de medir cantidades físicas con moita maior precisión. A ciencia e a tecnoloxía da información cuántica están destinadas a ser un dos piares das comunicacións e a computación do futuro.
Acceso e admisión
Os conceptos que se avaliarán contribuirán cun número máximo de puntos segundo a seguinte táboa:
Títulos de grao completados
- Grao en Física, Enxeñaría de Telecomunicacións e Enxeñaría Informática ou equivalente (6 puntos )
- Outras licenciaturas en enxeñaría e equivalentes (ata 5 puntos )
- Outras licenciaturas en ciencias e tecnoloxía: Química, Matemáticas, Nanotecnoloxía e equivalentes… (ata 4 puntos )
Currículum vitae
- Expediente académico (ata 2 puntos )
- Outros mestrados cursados en materias relacionadas co mestrado (ata 1 punto )
- Experiencia profesional ou investigadora no ámbito do mestrado (ata 1 punto )
A comisión académica establecerá as equivalencias entre os estudos cursados noutras universidades e os que poidan ser recoñecidos dentro do plan de estudos. Tamén poderá establecer táboas de equivalencias especificando os créditos que se recoñecen.
A experiencia laboral e profesional acreditada tamén poderá ser recoñecida en forma de créditos, nun número que non exceda o 15 % do total de créditos do título (9 ECTS).
En canto ao recoñecemento de títulos doutras universidades, establécese un máximo de 9 ECTS en función do contido.
Obxectivos xerais da titulación
- Proporcionar formación especializada e avanzada en ciencia e tecnoloxías da información cuántica que permita aos estudantes incorporarse a empresas tecnolóxicas e grupos de investigación competitivos.
- Proporcionar coñecemento actualizado do estado de desenvolvemento dun campo que evoluciona cada día, así como dos seus principais actores.
- Proporcionar habilidades e destrezas nun ou máis aspectos específicos das tecnoloxías cuánticas: computación, comunicacións, metroloxía etc.
- Introducir o alumnado en temas de investigación que lles permitan realizar unha tese doutoral.
Plan de estudos
Saídas profesionais
- Científicos/as e enxeñeiros/as de computación cuántica
- Especialistas en comunicacións, redes e Internet cuánticas
- Especialistas en metroloxía, sensado e calibración con instrumentos cuánticos
- Especialistas en algoritmos cuánticos para finanzas, bioloxía, intelixencia artificial e optimización a gran escala
- Deseño e xestión de sistemas de información clásico-cuánticos
- Deseño e enxeñaría de ordenadores cuánticos
Científicas/os e enxeñeiras/os en información cuántica




