Premios extraordinarios de doutoramento
As teses de doutoramento defendidas na Universidade de Vigo que teñan acadado a cualificación de sobresaínte cum laude poderán ser obxecto da mención especial de premio extraordinario de doutoramento.
A universidade establecerá anualmente o número de premios extraordinarios que concederá e os prazos e procedemento na súa convocatoria. Na devandita convocatoria incluirase a relación de criterios específicos que se aplicarán na selección das teses no relativo á concesión da mención do premio extraordinario.
O reitor ou reitora nomeará anualmente os tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión que se enviará á Comisión Permanente da Eido para valorala e remitila á Secretaría Xeral para sometela á aprobación polo Consello de Goberno.
Os douctores/as aos que se lles concede o premio extraordinario de doutoramento terán exención de prezos públicos pola expedición de títulos e contarán co recoñecemento documental que a Universidade estableza.
A convocatoria correspondente ao curso académico 2023/2024 aprobouse na sesión da Comisión Permanente do 30 de maio de 2024
En cumprimento do disposto no artigo 45 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo, esta Reitoría publicará a convocatoria dos Premios Extraordinarios de Doutoramento para as teses lídas nesta Universidade durante o curso 2023/2024, que acadaran a cualificación de Sobresaínte Cum Laude, abranguendo o período comprendido entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de xullo de 2024.
O prazo de presentación solicitudes será do 12 ao 25 de setembro de 2024.
Máis información:
Escola Internacional de Doutoramento (Eido)
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 442
eido@uvigo.gal