Teses

Moza estudando na biblioteca

 


O depósito da tese farase de forma telemática a través da Secretaría Virtual. 

Impreso de revisión de tese

 

Requisitos previos

  • A persoa debe estar matriculada no curso académico actual
  • Os datos da tese serán incorporados directamente pola persoa doutoranda na base de datos TESEO
    Accede a TESEO
  • Contar coa avaliación dun plan de investigación actualizado, acompañado dos informes favorables da titoría e da dirección da tese
  • O título do plan de investigación, aprobado na última avaliación anual, e o título da tese deben ser coincidentes
  • O documento de actividades actualizado, coas avaliacións anuais que correspondan e, se é o caso, das actividades formativas obrigatorias e outros requirimentos específicos da memoria de verificación do programa de doutoramento
  • Compromiso documental de supervisión debidamente asinado
  • Dous informes emitidos por persoas doutoras expertas na materia, externas á Universidade de Vigo e ao programa de doutoramento. 

 

A tese de doutoramento

  • Logo de rematar a elaboración da tese e tras o informe favorable da persoa ou persoas que a dirixen e, no seu caso, do/a titor/a, o/a doutorando/a solicitaralle á CAPD o seu depósito, e a autorización para defendela de acordo co procedemento establecido en cada caso.
  • Enviarase á Área académica competente o exemplar da tese e a documentación xustificativa das mencións que non estea xa recollida no sistema. 

  • Este exemplar respectará as normas de estilo vixentes e empregaranse os seguintes modelos (non levará ningunha sinatura):
  • Esta solicitude de depósito paraliza provisionalmente o cómputo máximo para o depósito da tese, por un tempo non superior a 4 meses.

  • A CAPD dispoñerá dun prazo máximo de dous meses desde a solicitude de depósito da tese pola persoa para a remisión á EIDO do seu informe de autorización da tese para a súa defensa. 
     
  • Presentar toda a documentación requirida no caso de que se solicite a mención internacional, a mención de doutoramento industrial, a mención de cotutela e/ou tese que conteña publicacións.
     
  • A EIDO establecerá o procedemento para verificar que a documentación está completa, que o formato da tese é axeitado e que a orixinalidade da investigación está garantida, para o cal poderá utilizarse un programa antiplaxio.
     
  • Unha vez autorizada a presentación da tese para defendela por parte da CAPD, esta informará á EIDO e remitiralle unha proposta da composición do tribunal que xulgará a tese aprobada pola CAPD, formado por doutores/as especialistas na materia da tese de doutoramento, con experiencia investigadora acreditada.
     
  • Unha vez recibida toda a documentación da tese e logo de revisar pola unidade competente que o expediente está completo e correcto, abrirase un período de exposición pública de dez días hábiles en período lectivo.
     
  • No caso de teses suxeitas a protección de datos, presentaranse dúas versións. Unha reducida,  na que se eliminarán os contidos afectados polo deber de non difusión, segredo ou confidencialidade e outro exemplar completo que quedará arquivado na universidade baixo o compromiso de confidencialidade. O exemplar reducido será o que se deposite para a súa consulta pola comunidade científica e a versión completa,  entregaráselle ao tribunal para a súa avaliación

 

Impresos

Tribunal

A CAPD, despois de oír á dirección da tese (e/ou de ser o caso, á titoría), proporá unha relación de sete membros do tribunal para avaliar a tese.

Todas as persoas membro serán doutoras con experiencia investigadora acreditada ou cumprimento no momento da solicitude ou unha solicitude anterior.

O tribunal estará formado por unha maioría de membros externos á unviersidade ou institucións participantes no programa, e cumprirá os requisitos de paridade e externalidade.

O tribunal, será nomeado pola Eido entre as persoas especialistas propostas pola CAPD e estará constituído por tres persoas titulares e dúas suplentes.

Non poderán formar parte do tribunal as persoas coautoras das publicacións derivadas dunha tese.

 

Mención doutoramento internacional

Acreditarase coa presentación da seguinte documentación:

  • 2 informes favorables previos á presentación da tese de 2 persoas expertas doutoras pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non español. Nos informes deberá identificarse claramente a Institución que os emite mediante o  seu anagrama ou logotipo, a persoa que o emite coa súa sinatura e selo. De non aparecer debidamente identificada a institución, os informes non serán admitidos
  • Acreditación dunha estadía mínima de 3 meses fóra de España nunha institución de ensino superior ou centro de investigación de prestixio.
  • Escrito da dirección da tese que avale a estadía.
  • Escrito da CAPD do programa de doutoramento que autorice a estadía

Parte da tese (obrigatoriamente como mínimo a introdución, o resumo e mais as conclusións) deberá estar escrita e defenderse nunha das linguas habituais para a comunicación científica no seu campo de coñecemento, distinta a calquera das linguas oficiais en España (a excepción dos países de fala hispana).

A Comisión Permanente da EIDO na sesión do 26/06/2025 adoptou o seguinte acordo que entrará en vigor o 01/10/2025:

Segundo o artigo 43 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo, no caso de teses con mención de Doutoramento internacional polo menos a introdución, o resumo e as conclusións redactaranse nunha das linguas habituais para a comunicación científica no seu campo de coñecemento, distinta a calquera das linguas oficiais en España. A sección de introdución incluirá a contextualización do tema, os motivos do estudo e a súa relevancia, o estado da arte ou marco teórico da tese, os modelos relevantes e os comentarios sobre a estrutura do documento e comprenderá todos os capítulos situados entre o resumo e os obxectivos da tese. 

O tribunal debe conter polo menos unha persoa experta e doutourada pertencente a algunha institución de educación superior ou centro de investigación non español. Esta persoa será distinta da persoa responsable da estadía (as mesmas condicións rexen para os suplentes do tribunal) e das informantes externas da tese.

 

Tese que inclue artigos de investigación

A tese de doutoramento poderá conter un conxunto de traballos que o doutorando/a ten publicados ou que contan coa aceptación definitiva para a súa publicación.
A Universidade recoñecerá como "tese por compendio de publicacións" cando, ademais de cumprirse todo o previsto no artigo 41 do Regulamento de Estudos de Doutoramento a tese inclúa un mínimo de tres artigos de investigación publica- dos ou con aceptación definitiva para a súa publicación. Os artigos deben estar editados en revistas indexadas na listaxe do ámbito correspondente do Journal Citation Reports ou, en caso de que non sexa aplicable este criterio, poderá substituirse polas bases relacionadas pola CNEAI para estas áreas.

A Comisión Permanente da EIDO na sesión do 26/06/2025 adoptou o seguinte acordo que entrará en vigor o 01/10/2025:

No caso de teses que inclúen artigos de investigación, a tese poderá conter un conxunto de traballos que o/a doutorando/a ten publicados, ou que contan coa aceptación definitiva para a súa publicación. Segundo o indicado no artigo 42 do Regulamento de Estudos de Doutoramento, o texto da tese que coincida cos traballos publicados seguirá as mesmas normas de arquivo ca os propios traballos, polo que soamente pode depositarse o post-print dos artigos, que pode ser a versión enviada polo/a autor/a antes da publicación, a versión publicada polo/a editor/a ou calquera outra que determine a política de copyright e autoarquivo da revista/editorial. Non está permitida a inclusión como artigos de traballos non publicados ou que non conten coa aceptación definitiva para a súa publicación


Documentación adicional que se debe aportar:

  • Informe da ou das persoas que dirixen a tese, coa aprobación da comisión académica do programa de doutoramento, o cal debe especificar:
    • A idoneidade da presentación da tese baixo esta modalidade.
    • Os indicios de calidade das publicacións presentadas.
    • A contribución da persoa estudante de doutoramento, se hai máis coautoras.
  • Autorización da revista/editorial para o uso da publicación na tese de doutoramento. No caso de non ter esa autorización, presentará a aceptación por escrito dos coautores/as de que o doutorando presente o traballo como parte da tese. Recomendase que neste caso figuren como anexos.
  • De non contar coa autorización das revistas,  o doutorando proverá unha versión publicable da tese para o repositorio institucional Investigo, sen os artigos que non conten coa devandita autorización. Nesta versión substitíranse os artigos  pola súa referencia bibliográfica completa xunto co enlace directo ao artigo. Si os artigos  están publicados en revistas de acceso aberto xa poden incluirse sen máis. 

A tese debe presentarse conforme a seguinte estructura:

  • Introdución
  • Obxectivos que se deben acadar
  • Discusión xeral que dote de coherencia e unidade os diferentes traballos
  • Conclusións e bibliografía común
  • Copia íntegra das publicacións

 

Prazos

  • Prazo de depósito e exposición pública da tese: 10 días hábiles en período lectivo a partir da revisión administrativa, período no que calquera persoa doutora poderá consultar a tese ou facer alegacións.
  • Debido á cantidade de documentos e comprobacións necesarias, consonte ao establecido na regulación actual (R.D. 99/2011), cómpre ter en conta que poden ser precisos varios días desde a entrega da documentación ata que se efectúe o depósito. Este só será efectivo unha vez comprobado todo o expediente e cando se publique na web e se notifique á persoa interesada.
  • Aprobación na Comisión Permanente da Eido, a cal autoriza a admisión a trámite da tese e nomea o tribunal.
  • A presidencia do tribunal convocará e a secretaría comunicará a data, hora e lugar da lectura da tese cunha antelación mínima de 10 días hábiles a partir da notificación.
  • 5 días hábiles posteriores ao día de exposición e defensa da tese para a remisión da documentación, da que será responsable a secretaría do tribunal ou a docente en quen delegue.

 

Lectura de tese e defensa pública

Cualificacións: non apto, aprobado, notable, sobresaínte.
Mención cum laude, mediante voto secreto dos membros do tribunal (require unanimidade de votos positivos).
Duración da tramitación: a defensa pública deberá ter lugar nun prazo máximo de tres meses desde a autorización da defensa.

 

Solicitude do título

Despois da defensa da tese e da entrega das actas pola secretaría do tribunal ou persoa que se indique (pode achegarse a través do correo interno ou do rexistro xeral de cada campus), a persoa estudante pode solicitar o título de persoa doutora no servizo de posgrao presentando:

  • Fotocopia do NIF en vigor
  • Partida de nacemento se a persoa interesada é estranxeira
  • Copia das titulacións de acceso (só no caso de que as titulacións non sexan expedidas pola Universidade de Vigo) e orixinais para cotexo.

 

Mención doutoramento industrial

Outorgarase a mención de doutoramento industrial sempre que concorran as seguintes circunstancias:

  • A existencia dun contrato laboral ou administrativo nunha empresa do sector público ou privado ou por unha administración pública. Non pode ser unha universidade
  • Por acordo da Comisión Permanente do 22 de novembro de 2017, a anterior esixencia concrétase nun mínimo de dous anos a tempo completo (ou o seu equivalente a tempo parcial)
  • Que a tese se faga no marco dun proxecto de investigación oficial que se desenvolva na empresa. Esta circunstancia ten que acreditarse e explicarse nunha memoria que tenrá que contar co visto e prace da CAPD

No caso de que o proxecto se desenvolva en colaboración coa universidade, debe existir un convenio que regule esta colaboración, incluíndo o procedemento de selección da persoa doutorada.

Opcionalmente disporemos dun borrador de convenio para o desenvolvemento dun doutoramento industrial. Este convenio asínao a empresa, a universidade e a persoa doutorada. Non é obrigatorio, pero pode ser útil para regular os aspectos da propiedade industrial, propiedade intelectual e a confidencialidade.

Para garantir a máxima difusión institucional, o doutor ou doutora que o solicite poderá examinar a tese e dirixirlle por escrito as consideracións que estime oportunas á Eido por correo electrónico a eido@uvigo.gal

 

Optimization of microwave-assisted extraction methodology to obtain bioactive products for food and pharmaceutical applications 
Autoría: Maria Aurora Soares da Silva
​​​​​Dirección: María de Fátima de Sá Barroso, Jesús Simal Gándara e Miguel Ángel Prieto Lage
Programa de doutoramento: Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria
Data: 14 de xullo de 2025

A Comprehensive Study on the Chemical Characterization and Functional Properties of Bioactive Compounds from Lamiaceae Species and Agrifood Residues 
Autoría: Rafael Mascoloti Spréa
​​​​​Dirección: Joana Andrêa Soares Amaral e Lillian Barros Bouçada
Programa de doutoramento: Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria
Data: 14 de xullo de 2025

Regulation of liver and brain metabolism by incretins, intrauterine malnutrition and changes in dietary proteins. The renin-angiotensin system in focus and sexual dimorphism in the rat 
Autoría: Zainab Mastoor
​​​​​Dirección: Federico Mallo Ferrer e Yolanda María Diz Chaves
Programa de doutoramento: Endocrinoloxía
Data: 10 de xullo de 2025

Prevención del riesgo de dificultades de aprendizaje mediante un programa de intervención de los prerrequisitos lectores 
Autoría: María José Valencia Lescano
​​​​​Dirección: María Esther Martínez Figueira e Fernando Tellado González
Programa de doutoramento: Equidade e Innovación en Educación
Data: 3 de xullo de 2025

Extraction and valorisation of polysaccharides and lichenic substances from Evernia prunastri using green solvents and alternative technologies 
Autoría: Julie Queffelec
​​​​​Dirección: Herminia Domínguez González e María Dolores Torres Pérez
Programa de doutoramento: Tecnoloxía Aeroespacial: Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria
Data: 3 de xullo de 2025

Design and simulation of detect and obstacle avoidance protocols for Advanced Air Mobility 
Autoría: Enrique Aldao Pensado
​​​​​Dirección: Higinio González Jorge e Fernando Veiga López
Programa de doutoramento: Tecnoloxía Aeroespacial: Enxeñarías Electromagnética, Electrónica, Informática e Mecánica
Data: 3 de xullo de 2025

Transductores de (Bio)Sensores: Nuevas estrategias para la funcionalización y modificación superficial de electrodos 
Autoría: Javier Marcos González Costas
​​​​​Dirección: Elisa González Romero
Programa de doutoramento: Biotecnoloxía Avanzada
Data: 1 de xullo de 2025

Subterranean estuaries in the Ría de Vigo: hidden sources of solutes towards coastal waters 
Autoría: Elisa Calvo Martin
​​​​​Dirección: Xose Antón Álvarez Salgado e Juan Severino Pino Ibáñez
Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
Data: 30 de xuño de 2025

El papel de los Puertos como instrumento para la lucha contra el cambio climático 
Autoría: Carlos Botana Lagarón
​​​​​Dirección: Emilio Manuel Fernández Suárez e Gumersindo Feijoo Costa
Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
Data: 27 de xuño de 2025

Dissolved organic carbon and nutrient stoichiometry modulate the impact of bacteria on phytoplankton 
Autoría: Maider Justel Díez
​​​​​Dirección: Emilio Manuel Fernández Suárez e Eva Maria Teira Gonzalez
Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
Data: 27 de xuño de 2025

Genomic heterogeneity of circulating tumor cells 
Autoría: Nair Varela Rouco
​​​​​Dirección: David Posada González e João Miguel Fernandes Alves
Programa de doutoramento: Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida
Data: 25 de xuño de 2025

Data-Driven Parameter Estimation in Cardiovascular Simulations Using Reduced Order Models 
Autoría: Jorge Deus Abreu
​​​​​Dirección: Elena Beatriz Martín Ortega
Programa de doutoramento: Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas
Data: 20 de xuño de 2025

An analysis of primary education coursebooks in Portugal: from the previous to the current generation 
Autoría: Vanessa Cristina Ramos Sousa e Reis Esteves
​​​​​Dirección: María Rosa Alonso Alonso
Programa de doutoramento: Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura
Data: 18 de xuño de 2025

Utilización de nuevos líquidos iónicos biocompatibles para la producción de biodiésel 
Autoría: Laura González Cabaleiro
​​​​​Dirección:  María Asunción Longo González e Francisco Javier Deive Herva
Programa de doutoramento: Enxeñaría Química
Data: 18 de xuño de 2025

Axentes conversacionais intelixentes para a detección da depresión
Autoría: Iván Otero González
​​​​​Dirección: Manuel José Fernández Iglesias
Programa de doutoramento: Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Data: 12 de xuño de 2025

Desarrollo de cátodos para bateríasa de ión-Li 
Autoría: Sara Valverde Pérez
​​​​​Dirección: Ramón Nóvoa Rodríguez e Raúl Figueroa Martínez
Programa de doutoramento: Enxeñaría Química
Data: 10 de xuño de 2025

Protección jurídica y garantías procesales de los menores extranjeros no acompañados en el sistema de justicia juvenil
Autoría: Paula Martínez Molares
Dirección: 
: Esther Pillado González
Programa de doutoramento: Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica
Data:  2 de abril de 2025

 

 

Defensas por videoconferencia

As persoas interesadas en asisitir ás defensas de teses anunciadas por videoconferencia deberán solicitar o acceso, de acordo coas seguintes instrucións:

  • Dirección das teses
  • Coordinación do programa de doutoramento ao que se adscribe a tese
  • Dirección da Eido (eido.dir@uvigo.gal)


Próximas lecturas

 

Leveraging routinely generated healthcare data through intelligent systems to enhance clinical decision-making for cancer survivors
Autoría: Lorena González Castro
Dirección: Martín López Nores e Guilherme del Fiol
Programa de doutoramento: Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
03​​​​​/06​/2025 | 15:30 horas
Lugar: Videoconferencia

Función de las proteínas del citoesqueleto en la regulación del linfocito en la enfermedad de Alzheimer
Autoría: Cynthia Rodríguez Jamardo
Dirección: 
Carlos Spuch Calvar  e José Manuel Olivares Diez
Programa de doutoramento: Neurociencia e Psicoloxía Clínica 
10​​​​​/06​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Salón de Graos. Facultade de Bioloxía

Imaxinarios da nenez na obra gráfica de Castelao. De Vida Gallega a Milicianos (1909-1938)
Autoría: Diana Vilas Meis
Dirección: Julio Prada Rodríguez e María Victoria Catalina Carballo-Calero Ramos

Programa de doutoramento: Protección do Patrimonio Cultural
12​​​​​/06​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Salón de Graos. Edificio de Ferro. Facultade de Historia

El principio de Oportunidad en el Sistema Penal Juvenil Colombiano
Autoría: María del Pilar Ahumada Mejía
​​​​​Dirección: Verónica López Yagües  
Programa de doutoramento: Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica
12​​​​​/06​/2025 | 17:00 horas
Lugar: Salón de Graos  da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Cryoprotection and cryodamage in sea urchin eggs
Autoría: Sara Campos Rosende
Dirección: Estefanía Paredes Rosendo e Jesús Souza Troncoso

Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
13​​​​​/06​/2025 | 10:30 horas
Lugar: Novo Salón de Graos Facultade de Ciencias do Mar

Assessment of high-precision pointing requirements for attitude determination and control of small satellites
Autoría: Andrés Eduardo Villa Granata
Dirección:  Fernando Antonio Aguado Agelet
Programa de doutoramento: Tecnoloxía Aeroespacial: Enxeñarías Electromagnética, Electrónica, Informática e Mecánica
13​​​​​/06​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Salón de Graos Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións

Radar data integration methodologies for the evaluation of transport infrastructure and digitalization of risk
Autoría: Alex Alonso Díaz
​​​​​Dirección: Juan Luis Rodríguez Somoza e María Mercedes Solla Carracelas
Programa de doutoramento: Xeotecnoloxías Aplicadas á Construción, Enerxía e Industria
13​​​​​/06​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Aula de Graos da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Análisis del alcance de las tecnologías de protección térmica aplicadas a pequeños satélites en diferentes órbitas
Autoría: Yanina Soledad Hallak Fiorenza
Dirección:  Fermín Navarro Medina e María Isabel Pérez Grande
Programa de doutoramento: Tecnoloxía Aeroespacial: Enxeñarías Electromagnética, Electrónica, Informática e Mecánica
16​​​​​/06​/2025 | 16:00horas
Lugar: Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións

Extraction, Characterization and Optimization of Bioactive Metabolites from Edible Brown and Red Macroalgae for Sustainable Industrial Valorization
Autoría: María Carpena Rodríguez
​​​​​Dirección: Jesús Simal Gándara e Miguel Ángel Prieto Lage
Programa de doutoramento: Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais
16​​​​​/06​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Novo Salón de Graos Facultade de Ciencias do Mar

El subtitulado para personas sordas y personas con discapacidad auditiva: pautas para la incorporación de características de la lengua de signos española (LSE)
Autoría: Marta Iravedra López
Dirección: Ana María Pereira Rodríguez

Programa de doutoramento: Comunicación
17​​​​​/06​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Facultade de Filoloxía e Tradución -Aula B3

Monitorización de la carga y optimización del entrenamiento y la competición en el fútbol: Impacto de los juegos reducidos sobre el rendimiento
Autoría: Vicente Manuel de Dios Álvarez
​​​​​Dirección: Ezequiel Rey Eiras
Programa de doutoramento: Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable
17​​​​​/06​/2025 | 10:00 horas
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

An Intersectional Approach to Representations of Girlhood in The Handmaid’s Tale Franchise: Beyond Gender Constraints and (Mis)Represented Narratives
Autoría: Sara Tabuyo Santaclara
​​​​​Dirección: María Belén Martín Lucas
Programa de doutoramento: Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura
17​​​​​/06​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Sala de Xuntas da Facultade de Filoloxía e Tradución

A influência das novas tecnologias na privacidade do trabalhador à luz do artigo 8.º da CEDH: controlo justificado ou interferência abusiva?
Autoría: Ana Catarina Almeida Loureiro
Dirección: Jaime Cabeza Pereiro

Programa de doutoramento: Ordenación Xurídica do Mercado
18​​​​​/06​/2025 | 11:30 horas
Lugar:  Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Benthic oxygen exchanges in a coastal upwelling system (Ría de Vigo, NW Iberian Peninsula) by Aquatic Eddy Covariance: Implications for ecosystem metabolism
Autoría: Mariña Amo Seco
Dirección: 
Carmen González Castro e Peter Berg
Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
20​​​​​/06​/2025 | 15:00 horas
Lugar: Novo Salón de Graos Facultade de Ciencias do Mar

Contribución del suministro eléctrico terrestre (OPS) y las baterías en la reducción de emisiones de los buques Ro-Ro
Autoría: Ana Belén Albo López
​​​​​Dirección:
 Camilo José Carrillo González e Eloy Díaz Dorado 
Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
20​​​​​/06​/2025 | 10:30 horas
Lugar: Videoconferencia

Habitat conditions driving phytoplankton community assembly, succession and the dynamics of HAB species at the northern limit of the Canary Current Upwelling System (NW Spain)
Autoría: Esther Velasco Senovilla
Dirección:
 Enrique Nogueira García
Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
25​​​​​/06​/2025 | 10:00 horas
Lugar:Salón de Graos da Facultade de Ciencias do Mar

Estudio de las condiciones para la especiación ecológica mediante la simulación del escenario del caracol marino Littorina saxatilis de las costas gallegas
Autoría: Mónica Fernández Meirama
Dirección: 
: Emilio Rolán Álvarez e Antonio Carvajal Rodríguez
Programa de doutoramento: Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida
27​​​​​/06​/2025 | 12:00 horas
Lugar: Salón de Graos Facultade de Bioloxía

O desprazamento lingüístico e o suxeito neofalante: aproximación sociolingüística á entrada no contexto universitario
Autoría: Martín Vázquez Fernández
Dirección:
 Fernando Ramallo Fernández
Programa de doutoramento: Estudos Lingüísticos
27​​​​​/06​/2025 | 17:00 horas
Lugar: Sala de Xuntas da Facultade de Filoloxía e Tradución

Development of Three-Dimensional Diamond Photonics Platforms for Neuronal Research
Autoría: Beatriz Neves Leal Costa
Dirección: Jana Berit Nieder

Programa de doutoramento: Láser, Fotónica e Visión
03​​​​​/07​/2025 | 15:00 horas
Lugar: Videoconferencia

Analizar el nivel de alfabetización en salud de los adultos en Galicia y su relación con factores sociales
Autoría: María Lourdes Gonçalves Fernández
​​​​​Dirección: Margarita Rosa Pino Juste
Programa de doutoramento: Educación, Deporte e Saúde
04​​​​​/07​/2025 | 11:30 horas
Lugar: Salón de Graos da Facultede de ciencias de Educación e do Deporte de Pontevedra

Ecosystem services of dissolved organic matter in the oceans
Autoría: Ester Jerusalén Lleó
​​​​​Dirección: Xose Antón Álvarez Salgado e María del Mar Nieto Cid
Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
04​​​​​/07​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Novo Salón de Graos  do Edificio de Ciencias Experimentais

Marine Conservation and Sustainable Development through Marine Ecosystem Services: A Socio-Economic Perspective
Autoría: Zita Graça Teixeira Pereira
Dirección:
 Rosa María Ricoy Casas e Raquel Fernández González
Programa de doutoramento: Creatividade e Innovación Social e Sostible
07​​​​​/07​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Acto de defensa por videoconferencia
​​
Fatigue behaviour of the resistance spot-welded joint of similar and dissimilar metals (stainless steel and titanium)
Autoría: Marwan Taher Mezher 
​​​​​Dirección: Alejandro Pereira Domínguez
Programa de doutoramento: Tecnoloxía Aeroespacial: Enxeñarías Electromagnética, Electrónica, Informática e Mecánica
09​​​​​/07​/2025 | 11:30 horas
Lugar: Aula de Grao da Escola de Enxeñaría Industrial

Study of the immune response of Mytilus galloprovincialis through a transcriptomic, proteomic and morphological approach
Autoría: Antonella Panebianco Barreiro
​​​​​Dirección: Ángel Eduardo Pérez Diz e Antonio Figueras Huerta
Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
11​​​​​/07​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Instituto de investigaciones marinas (CSIC)

Microbial interactions in macroalgae with implications in aquaculture
Autoría: Gonzalo Del Olmo Berenguer
​​​​​Dirección: Jose Pintado Valverde e Javier Cremades Ugarte
Programa de doctorado: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
11​​​​​/07​/2025 | 10:00 horas
Lugar: Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC (Salón de Actos)

Política y planificación lingüísticas de la lengua de signos española (LSE) desde 1980 hasta la actualidad: un análisis etnográfico crítico desde un marco de justicia social 
Autoría: María Luz Esteban Saiz
​​​​​Dirección:  María del Carmen Cabeza Pereiro
Programa de doutoramento: Estudos Lingüísticos
11​​​​​/07​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución

Comunicação Dialógica e o Digital: o princípio Loop Dialógico nos websites das Instituições de Ensino Superior Portuguesas 
Autoría: Ana María Rodrigues Pereira
​​​​​Dirección: Ana Belén Fernández Souto
Programa de doutoramento: Comunicación
14​​​​​/07​/2025 | 12:00 horas
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Comunicación (Campus de Pontevedra)

Análisis de la Evolución de la Inteligencia Artificial en la Producción de Efectos Visuales hasta 2024
Autoría: Luis Emilio Fernández Santiago
​​​​​Dirección: Antonio Pena Giménez e Beatriz Legerén Lago
Programa de doutoramento: Comunicación
15​​​​​/07​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Salón de Graos de Facultade de Comunicación

Shellfish habitat suitability in the Rías Baixas: a modelling approach
Autoría: Adrián Castro Olivares
​​​​​Dirección: Ramón Gómez Gesteira e Marisela Des Villanueva 
Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
18​​​​​/07​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Salón de graos da Facultade de Ciencias. Campus Ourense

Experiential Marketing in Slow Food Restaurants: Analysis of the Influence in Value Perception, Customer Satisfaction and Post-Purchase Intention
Autoría: Mariana Alves Dos Santos
​​​​​Dirección:  Pablo Cabanelas Lorenzo e Ana Isabel Dopico Parada
Programa de doutoramento: Análise Económica e Estratexia Empresarial
22​​​​​/07​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus Vigo)

De la interpretación a la paratraducción jurada: aproximación diacrónica y sincrónica al ejercicio de una profesión
Autoría: Olaya Martínez Sánchez
​​​​​Dirección: Óscar Ferreiro Vázquez e Xoán Manuel Garrido Vilariño
Programa de doutoramento: Tradución e Paratradución
22​​​​​/07​/2025 | 10:00 horas
Lugar: Facultade de Filoloxía e Tradución. (Salón de Graos)

Optimization of critical-event management and analysis of forecasting approaches in SmartGrid
Autoría: Antón Román Portabales
​​​​​Dirección: Martín López Nores
Programa de doutoramento: Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
22​​​​​/07​/2025 | 12:00 horas
Lugar: Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Emotional and Cognitive Assessment from Speech: An Investigation of Machine Learning Solutions Towards Trustworthy Clinical Applications
Autoría: Edward Lázaro Campbell Hernández
​​​​​Dirección: Carmen García Mateo e Laura Docio Fernández
Programa de doutoramento: Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
22​​​​​/07​/2025 | 10:00 horas
Lugar: Escola De Enxeñaría de Telecomunicación Aula T218  ​​​

Three Essays on Fiscal Policy, Poverty and Inequality
Autoría: Adrián Hernández Martín
​​​​​Dirección: Fidel Picos Sánchez e Olga Canto Sánchez
Programa de doutoramento: Análise Económica e Estratexia Empresarial
23​​​​​/07​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Aula -Seminario 8 da Facultade de CC. Económicas e Empresarias

International Risk in Early Internationals: An Analysis of Trajectories, Causalities, and Persistence Throughout the Initial Years of Internationalisation
Autoría: Joana Carolina Gomes Silva
​​​​​Dirección:  Miguel González Loureiro
Programa de doutoramento: Análise Económica e Estratexia Empresarial
23​​​​​/07​/2025 | 10:30 horas
Lugar: Salón de Graos. Fac. de CC. Económicas e Empresariais-Vigo

Production of glass nanofibers using the laser-assisted COFIBLAS technique. Optimization and study of mechanical properties
Autoría: Raúl Barciela Sánchez
​​​​​Dirección:  Félix Quintero Martínez e Juan María Pou Saracho
Programa de doutoramento: Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria
23​​​​​/07​/2025 | 11:00 horas
Lugar: Aula de Graos da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo

El rendimiento matemático y sus dificultades en la escuela primaria: un análisis multicomponente de los predictores longitudinales
Autoría: Leire Pérez Pérez
​​​​​Dirección: Valentín Iglesias Sarmiento
Programa de doutoramento: Ciencias da Educación e do Comportamento
28​​​​​/07​/2025 | 16:00 horas
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Educación e Traballo Social (Edificio Ferro), Campus de Ourense​​​​​​
 

Influencia de las competencias transversales y la identidad profesional en la acción tutorial del profesorado de música
Autoría: María José Hernández Micó
​​​​​Dirección: Sara Domínguez Lloria e José María Esteve Faubel
Programa de doutoramento: Educación, Deporte e Saúde
03​​​​​/09​/2025 | 17:30 horas
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (C. de Pontevedra), Salón de Graos​​

 

 

Consulta a base de datos de teses de doutoramento

Consulta TESEO

 

Preguntas frecuentes sobre teses

Non, debe reflectir o ámbito temático da tese, pero poderá modificarse durante o desenvolvemento da tese sempre que respecte o citado ámbito temático. A súa modificación implicará a modificación do Plan de investigación e será necesaria a valoración positiva da persoa que titorice ou dirixa a tese (perfil autorizado) e pola Comisión Académica do Programa de doutoramento.

Se a dedicación é a tempo completo, o máximo son tres anos (con prórroga de un ano e, excepcionalmente, dun ano adicional ata un máximo de cinco anos). Se é a tempo parcial, cinco anos (con prórroga de dous anos e, excepcionalmente, dun ano adicional ata un máximo de oito anos).
 

A duración mínima dos estudos de doutoramento será, a tempo completo e a tempo parcial, de 18 meses, que se contarán desde a admisión do doutorando/a ata a presentación da solicitude do depósito da tese de doutoramento.
 

Unha vez que estea en exposición pública, non poderán facerse modificacións.

Non, as baixas por enfermidade non contabilizan. O/a doutorando/a poderá solicitarlle á CAPD a baixa temporal no programa por enfermidade, embarazo ou por calquera outra causa prevista na normativa vixente por un período máximo dun ano, ampliable ata un ano. 
 

A defensa pública deberá realizarse nun prazo máximo de tres meses desde a autorización da defensa polo órgano designado pola escola de doutoramento (Comisión Permanente da EIDO), salvo causas debidamente xustificadas. Se se supera este prazo, deberán iniciarse de novo os trámites de autorización da tese para a súa defensa. 
 

A proposta do tribunal correspóndelle á CAPD, despois de oír o director/a da tese (ou de ser o caso, o titor/a). Propoñerá unha relación de sete membros do tribunal que avaliarán a tese. A Comisión Permanente da Eido aprobará e nomeará un tribunal de cinco membros de entre os sete membros propostos pola CAPD. Estes membros cumprirán co criterio de paridade e de externalidade e a proposta non poderá incluír máis de dous membros por institución.

No caso de teses presentadas por compendio de publicacións, non poderán formar parte do tribunal os/as coautores/as das publicacións. Aplícase o mesmo se algún dos capítulos está baseado nun artigo xa publicado como anexo á tese. Tampouco poderá formar parte do tribunal a persoa responsable da estadía.
 

A tese debe incluír un mínimo de tres artigos de investigación, publicados ou con aceptación definitiva para a súa publicación. Os artigos deben estar editados en revistas indexadas na listaxe do ámbito correspondente do Journal Citation Reports (SCI e/ou SSCI). Nas áreas en que non sexa aplicable este criterio, poderá substituírse polas bases relacionadas pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI) para estas áreas.
 

O profesorado dos corpos docentes universitarios poderá formar parte dos tribunais de teses de doutoramento aínda que estean en situación de excedencia, xubilación, servizos especiais ou en comisión de servizos.

A lei determina que as teses deben publicarse en aberto. Non obstante, en caso de conflito, existe a posibilidade de solicitar o aprazamento da publicación da tese en aberto. Nas teses por compendio de artigos non existe este problema porque os traballos xa foron aceptados previamente para a súa publicación e así se fai constar ao publicar a tese.
 

Si, é posible sempre e cando se cumpran todos os requisitos establecidos para cada unha delas. A empresa na que se traballa ten que estar de acordo en que o/a doutorando/a realice unha estadía de investigación de polo menos tres meses nun centro estranxeiro.
 

Si, enviando una solicitude de preinscrición por cada un dos programas solicitados. En caso de ser admitido en varios, a matrícula só poderá realizarse nun deles.
 

Poderán dirixir teses de doutoramento todas as persoas doutoras españolas ou estranxeiras con experiencia investigadora acreditada, sempre e cando estean autorizadas pola Comisión Académica do Programa de doutoramento. No caso de que non pertenza ao programa (consultar os recursos humanos en cada Programa de doutoramento),deberá ter un/unha titor/a dentro do programa.
 

Si, sempre que a Comisión Académica o autorice, por motivos xustificados, oídos o doutorando e o director/a ou codirectores/as
 

TESEO é unha base de datos coa a información das teses de doutoramento. A páxina do Ministerio de Educación está creada para permitirlles ás persoas que se doutoren no futuro, introducir os datos da súa tese no sistema. O sistema controlará os distintos pasos polos que pasa a tese e, unha vez aprobada esta, quedará almacenada no sistema para poder ser consultado dende Internet.

É a persoa que, sendo director ou titor dun doutoramento, se encarga de dar traslado á aplicación informática e de xestionar as distintas actividades achegadas polo alumnado para o seu documento de actividades e o plan de investigación. 
 

A tese poderá ser codirixida por un máximo de dúas persoas, sempre que concorran razóns académicas, de interdisciplinaridade ou sexa desenvolvida en colaboración nacional ou internacional. Á codirección necesita autorización da CAPD.
 

Soamente nos casos de teses en cotutela ou doutoramento industrial.

Non temos formulario. Cada institución emite o seu informe nun documento onde ten que vir claramente identificada a universidade ou o organismo de investigación que o emite mediante o seu anagrama ou logotipo, unha descrición da tese e a sinatura e selo da institución. Eses informes deben estar en español, galego ou inglés para que o poidan entender os e as avaliadoras.