Programa de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo
Área de coñecemento
Información administrativa
Escola de Enxeñaría de Minas e EnerxíaCoordinación do título
José Ramón Salgueiro PiñeiroCentro ao que se adscribe
Escola Internacional de Doutoramento
Campus
Código RUCT
Contacto
-
Filipe Miguel Cruz Camarneiro
Nome: Desenvolvemento de técnicas de resonancia magnética óptica detectadas para a detección magnética e de temperatura intracelularData de lectura:Directores:JANA BERIT NIEDER
-
Javier Diz Bugarín
Nome: Novos sistemas electrónicos de comparación de frecuencias mediante interferómetro Michelson para a estabilización de diodos láserData de lectura:Directores:José Benito Vázquez Dorrío, Jesús Blanco García
-
Ricardo Ribeiro Adão
Nome: Xeración, control e implantación de luz para tecnoloxías fotónicas integradas emerxentesData de lectura:Directores:JANA BERIT NIEDER
-
Víctor Zapatero Castrillo
Nome: Sobre a seguridade e o rendemento da distribución cuántica de chavesData de lectura:Directores:Marcos Curty Alonso
-
Róbert Trényi
Nome: Análise de protocolos criptográficos cuánticos con rendemento melloradoData de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:Marcos Curty Alonso
-
Margarida Amélia Freitas Pereira
Nome: Seguridade da implementación dos sistemas de distribución cuántica de clavesData de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:Marcos Curty Alonso
-
Álvaro Navarrete Rodríguez
Nome: Cara á distribución cuántica de chaves segura e prácticaData de lectura:Directores:Marcos Curty Alonso
-
Eduardo Balvís Outeiriño
Nome: Tecnoloxías fotónicas e modelos matemáticos para alumeado intelixente e eficiencia enerxéticaData de lectura:Directores:Humberto Javier Michinel Álvarez
-
Weilong Wang
Nome: Análise da Seguridade dos Protocolos Criptográficos Cuánticos no réxime finitoData de lectura:Directores:Marcos Curty Alonso
-
Óscar Sampedro Limia
Nome: Deseño de sensores fotónicos para monitorización remota de ecosistemasData de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:José Ramón Salgueiro Piñeiro
Descrición
A ciencia e a tecnoloxía óptica do Láser, a Fotónica e a Visión é un ámbito do coñecemento cuxo obxectivo é o estudo da xeración, transmisión, detección, control e manipulación da luz. Dito estudo está orientado ao desenvolvemento de tecnoloxías con aplicacións de un alto interese en múltiples e dispares ámbitos socioeconómicos e sanitarios, que van dende as telecomunicacións, as ciencias da vida e a saúde, o medio ambiente, a metroloxía industrial, o ocio,... até as fronteiras científico-técnicas como a nanoóptica, o procesado e as comunicacións cuánticas, os metamateriais ópticos, etc. Abrangue por tanto dende o desenvolvemento de dispositivos que forman parte da vida cotiá até innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico. A evolución da ciencia e tecnoloxía óptica do Láser, a Fotónica e a Visión foi constante ó longo da historia acompañando o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribuíron de forma directa ao progreso e á innovación. Na actualidade e de forma natural, a óptica compleméntase coa electrónica, a informática, a micromecánca, etc, dando lugar a unha miríada de aplicacións altamente especializadas (técnicas de metroloxía óptica industrial, instrumentacións bio-óptica, sensores ópticos medio-ambientais, telecomunicacións, corrección de defectos visuais, iluminación, etc) e a produtos de gran consumo (cámaras dixitais, proxectores, soportes ópticos de almacenamento, todo tipo de lentes oftálmicas, etc). En termos socio-políticos, o sector científico-técnico da ciencia e a tecnoloxía óptica e fotónica é de extrema importancia para os grandes retos do século XXI, e de feito as tecnoloxías fotónicas, son consideradas como tecnoloxías estratéxicas (KETs) pola Comisión Europea.
Liñas de investigación
- Tecnoloxías de Láser e visión
- Láser e fotónica
O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.
Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.
A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.