Programa de Doutoramento en Nanomedicina
Coordinación do título
Isabel Pastoriza SantosCentro ao que se adscribe
Escola Internacional de Doutoramento
Campus
Código RUCT
Contacto
-
Miguel Alexandre Ramos Docampo
Nome: Control e manipulación magnética de nanocristais bio-funcionalizadosData de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:Verónica Salgueiriño Maceira
-
Andrea Fernández Carrera
Nome: mecanismos celulares e moleculares implicados no desenrrolo da fibrose peritonealData de lectura:Directores:María África González Fernández, Luiz Stark Aroeira
Descrición
A nanomedicina é unha área emerxente de gran importancia estratéxica que se espera xogue un papel relevante no desenvolvemento, deseño e fabricación de novos equipos e materiais para o diagnóstico, tratamento e prevención de enfermidades. Este é un Programa de Doutoramento de nova creación que enfatiza a necesidade dunha abordaxe multidisciplinar da nanomedicina. Os profesores do mesmo, procedentes de aéreas moi diversas, participaron conxuntamente no programa de investigación CONSOLIDER Nanobiomed e posteriormente na Rede Galega de Nanoteconoloxía onde se demostrou o frutífero que resulta a colaboración entre profesionais de distintas disciplinas á hora de desenvolver novas iniciativas no eido da nanomedicina. Para iso as tres universidades galegas suman forzas co Instituto Ibérico de Nanotecnoloxía sito en Braga,centro de referencia europeo en nanotecnoloxía e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, centro de referencia de Galicia en diagnóstico xenético, para a implantación deste programa
Liñas de investigación
- Magnetismo e nanotecnoloxía
- Interacción de los clusters atómicos cuanticos con la materia viva
- Nanomateriales e Moléculas Bioactivas
- Nanotoxicoloxía e Inmunotoxicidade
- Química de estado sólido e materiais
- Modulación de transcrición e procesamento de RNA
- Nanotecnoloxía e enfermidades contaxiosas
- Estudio in vitro de procesos de oxidación celular
- Fabricación de nanoestruturas baseadas en nanopartículas metálicas para diagnóstico e detección
- Propiedades térmicas e reolóxicas de materiais
O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.
Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.
A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.