Programa de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica pola Universidade de A Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo
Coordinación do título
Lilian Rosana Ferreira FaroCentro ao que se adscribe
Escola Internacional de Doutoramento
Campus
Código RUCT
Contacto
-
Társila Romero Rodríguez
Nome: Avaliación dos efectos neuroquímicos dos funxicidas triazolicos sobre a neurotransmisión dopaminérxica no núcleo estriado de ratas. Un estudo in vivo mediante microdiálise cerebral.Data de lectura:Directores:Lilian Rosana Ferreira Faro
-
Marta Iglesias Martínez-Almeida
Nome: Caracterización e estudo de proteínas periféricas en linfocitos na esquizofreniaData de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:Carlos Spuch Calvar, José Manuel Olivares Diez
-
Patricia Fernández Palleiro
Nome: Caracterización neurofisiolóxica dos Trastornos Mentais GravesData de lectura:Directores:José Manuel Olivares Diez, Carlos Spuch Calvar
-
María Aránzazu Penedo Fernández-Bujarrabal
Nome: Seguimento dos receptores de dopamina en PBMC de pacientes con esquizofrenia durante a súa hospitalización por descompensación psicótica agudaData de lectura:Directores:José Manuel Olivares Diez, Roberto Carlos Agis Balboa
-
María del Carmen Vallejo Curto
Nome: Atención da Síndrome Metabólico en pacientes crónicos con trastornos mentáis graves. Relación das neurohormonas hipotalámicas coa psicoseData de lectura:Directores:Carlos Spuch Calvar, José Manuel Olivares Diez
-
Daniela Sofia Rodrigues Amorim
Nome: Esquizofrenia: a busca de potenciais biomarcadores periféricosData de lectura:Directores:Carlos Spuch Calvar, José Manuel Olivares Diez
-
Salvador Herrera Pérez
Nome: Canles de potasio de dobre dominio de poro(K2P-TREK) en neuronas parasimpáticas do Ganglio Intracardíaco de ratoData de lectura:Directores:José Antonio Lamas Castro
-
Lola Rueda Ruzafa
Nome: Caracterización das canles de potasio de dobre dominio de poro (K2P) en neuronas do ganglio nodoso e o seu possible papel na sensibilidade visceralData de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:Antonio Reboreda Prieto, José Antonio Lamas Castro
-
Sandra Vicente González
Nome: Actitudes dos profesionais sanitarios cara á enfermidade mentalData de lectura:Directores:José Manuel Olivares Diez
-
María Blanco Formoso
Nome: Plataformas plasmónicas complexas para diagnóstico e monitorización ambiental mediante SERSData de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:Miguel Ángel Correa Duarte, Carlos Spuch Calvar
Descrición
Este Programa de Doutoramento ten como obxectivo a formación de investigadores nas áreas da Neurociencia básica e aplicada, a Psicoloxía Clínica e a Psiquiatría, primando a interdisciplinariedade. Con esta perspectiva, o programa inclúe investigadores adscritos a diferentes áreas de coñecemento dos campos da Neurobioloxía, a Neurociencia Cognitiva, a Psicoloxía Clínica e da Saúde e a Psiquiatría. Trátase dun programa interuniversitario, organizado conxuntamente polas Universidades de Santiago de Compostela (que o coordina), A Coruña e Vigo.
Preténdese proporcionar a formación técnica e os coñecementos específicos para a investigación nestes ámbitos e facilitar un marco de interrelación entre os doutorandos e doutorandas vinculados a elas. Aspírase a fomentar un espazo científico integrador de carácter multidisciplinar, que aborde o estudo do cerebro desde o punto de vista morfolóxico, estrutural, funcional, computacional e do desenvolvemento, ademáis da súa relación recíproca con variables psicosociais. Todo co fin de comprender o comportamento humano e de facilitar estratexias preventivas e terapéuticas para as principais enfermidades neurolóxicas e trastornos psiquiátricos.
O estudo do sistema nervoso en xeral, e do encéfalo humano en particular, é unha das áreas prioritarias de investigación en todo o mundo. Un dos maiores retos desta investigación é descubrir os misterios do cerebro, desde o funcionamento molecular até os mecanismos que sustentan procesos como a memoria, a intelixencia ou a acción consciente e a súa interacción co medio. O progreso no coñecemento do sistema nervoso permitirá combater as enfermidades que o afectan e mellorar a calidade de vida. Desde a perspectiva máis clínica, este programa integra liñas que se ocupan da comprensión, prevención e tratamento dos trastornos mentais, abordándoos desde unha perspectiva biopsicosocial.
Este Programa forma parte da 'Network of European Neuroscience Schools' (NENS), unha estrutura creada no marco da FENS (Federation of European Neuroscience Societies) para facilitar información sobre a formación posgraduada no ámbito da Neurociencia e promover a colaboración entre os programas de estudos europeos.
Liñas de investigación
- Neurobioloxía.Estructura, evolución, desenvolvemento e rexeneración do sistema nervioso
- Farmacoxenómica en neurociencias
- Neurofisioloxía
- Neurociencia Cognitiva. Estudo psicofisiolóxico e neuropiscolóxico dos procesos psíquicos superiores en poboación xeral e en poboacións especiais
- Psicoloxía Clínica e da Saúde e Psiquiatría
- Mecanismos de Neurodexeneración e neuroprotección dopaminérxica na enfermidade de Parkinson e novas estratexias terapéuticas
- Estudos PET e SPECT en Neuroloxía. Fusión de imaxes morfolóxicas e funcionais
Complementos formativos
Bioloxía Celular do Sistema Nervioso
Neuroquímica
Neurofarmacoloxía
Fundamentos de Xenómica e Proteómica en Neurociencias
Neuroanatomía
Fisioloxía do Sistema Nervioso
Neurociencia do Comportamento
Técnicas Psicofisiolóxicas
Investigación Aplicada en Neurociencia Cognitiva
Procesos Psíquicos Superiores
Condutas Aditivas
Exploracións Nucleares en Neuroloxía: SPET e PET. Neuroimaxe Dixital
Neurodexeneración e Neurorreparación
Fundamentos de Neurofisioloxía Clínica
Fundamentos de Psiquiatría
Fundamentos de Neuroloxía
Neurociencia Computacional
Modelos Biolóxicos e Computacionais de Representación do Coñecemento
Técnicas en Neurobioloxía Molecular
Desenvolvemento do Sistema Nervioso
Evolución do Sistema Nervioso
Neuroanatomía Comparada
Técnicas Neuroanatómicas
Canles Iónicos e Comportamento Neuronal. Introdución ás Canlepatías
Neuroendocrinoloxía
Técnicas Electrofisiolóxicas
Neurotoxicoloxía
O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.
Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.
A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.