Programa de doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo
Área de coñecemento
Información administrativa
Escola de Enxeñaría de Minas e EnerxíaCoordinación do título
Julia Armesto GonzálezCentro ao que se adscribe
Escola Internacional de Doutoramento
Campus
Código RUCT
Contacto
-
Laura Alonso Martínez
Nome: Desenvolvemento de metodoloxías para a caracterización e xestión do patrimonio forestal a partir de novas tecnoloxías cartográficasData de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:Julia Armesto González, Juan Picos Martín
-
Enrique Manuel Alonso Villar
Nome: Muralismo galego contemporáneo: deterioro e conservación de materiais de soporte e pictóricosData de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:María Teresa Rivas Brea, José Santiago Pozo Antonio
-
Ana María Malingre Rodríguez
Nome: A Fundición Malingre: historia e aportacións ao patrimonio artístico e etnográfico ourensano.Data de lectura:Directores:Jesús de Juana López, Francisco Xabier Louzao Martínez
Descrición
O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Protección do Patrimonio Cultural das Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña pretende xerar un espazo de encontro interprofesional entre os distintos axentes que participan na protección do patrimonio nas súas diferentes perspectivas: documentación e valoración, caracterización dos materiais e da contorna que o rodea, mecanismos de deterioro e diagnóstico e finalmente intervención directa ou indirecta sobre o patrimonio co obxecto de protexelo.
Liñas de investigación
- Caracterización de materiais e contorna, diagnóstico e intervención directa
- Xeotecnoloxías aplicadas ao patrimonio
- Patrimonio cultural: Territorio, identidade e memoria
O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.
Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.
A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.