Programa de Doutoramento en Tecnoloxía Aeroespacial: Enxeñarías Electromagnética, Electrónica, Informática e Mecánica
Área de coñecemento
Información administrativa
Escola de Enxeñaría de TelecomunicaciónCoordinación do título
Fernando Antonio Aguado AgeletCentro ao que se adscribe
Escola Internacional de Doutoramento
Campus
Código RUCT
Contacto
-
Uxía García Luis
Nome: Estudo termo-elástico da plataforma de apuntamento para telescopios espaciaisData de lectura:Directores:Fernando Antonio Aguado Agelet, Fermín Navarro Medina
-
Santiago García Fernández
Nome: MÉTODOS AVANZADOS EN ELECTROMAGNETISMO COMPUTACIONAL APLICADOS A PROBLEMAS MULTIESCALA EN PLATAFORMAS NAVAISData de lectura:Directores:José Manuel Taboada Varela, Marta Gómez Araújo
-
Pedro Orgeira Crespo
Nome: Re-definición de procesos de fabricación en converxencia a Industria 4.0Data de lectura:Directores:Fermín Navarro Medina
-
Juan González Núñez
Nome: Arquivado de datos astronómicos a grande escala para a misión Gaia da ESAData de lectura:Directores:Fernando Antonio Aguado Agelet
-
Lorena María Pérez Eijo
Nome: Antenas reflectoras de exploración de nova xeración en sistemas de detección en milimétricas para a reconstrucción en movemento en aplicacións de seguridade.Data de lectura:Directores:Antonio Pino García, Borja González Valdés
-
José María Núñez Ortuño
Nome: Sistema de telemetría para aplicacións radar de alta resoluciónData de lectura:Directores:Marta Gómez Araújo
-
José Vázquez Cabo
Nome: Espectrometría en terahercios: análise, procesado e aplicaciónsData de lectura:Directores:Pedro Chamorro Posada
Descrición
O programa de doutoramento responde a unha demanda do sistema de I+D+I tanto nacional como internacional, como é a de profesionais formados nos campos das tecnoloxías de aplicación aeroespacial, incluíndo as comunicacións por radio, integración de sistemas, así coma as enxeñarías electromagnética, mecánica, electrónica e informática.
O programa de doutoramento, configúrase agora polo tanto como unha conxunción de varios equipos de investigación cun obxectivo común, o desenvolvemento de tecnoloxía susceptible de ser empregada en proxectos aeroespaciais. Trátase dun ámbito formativo que pode considerarse estratéxico para a Universidade de Vigo, e que permite estender cara ao doutoramento o proxecto formativo en tecnoloxía espacial que se iniciou co lanzamento de Xatcobeo, o primeiro satélite Galego, á vez que se orientan nun mesmo obxectivo diferentes grupos con gran experiencia previa en formación doutoral, como demostra o lanzamento recente dos satélites HUMSAT-D e SERPENS.
A relevancia destes desenvolvementos tecnolóxicos radica non só na súa posible aplicación aeroespacial, senón tamén noutros campos de aplicación que xorden na industria en sectores tan variados como as telecomunicacións, a automoción, o sector naval, as aplicacións biomédicas ou novos sistemas de produción industrial. Deste xeito, o presente doutoramento é unha excelente oportunidade para incorporar ao tecido industrial un novo perfil de profesionais cunha alta formación específica.
Liñas de investigación
- Análise e deseño avanzado de antenas de apertura e arrays
- Dependencia espacial e predicción Kriging
- Tecnoloxías de radar: sección recta, formación de imáxenes e problemas inversos
- Tecnoloxías de THz: generación, radiación, dispersión e detección
- Supercomputación electromagnética e a sua aplicación a caracterización e deseño de nanoantenas, metamateriais e dispositivos plasmónicos
- Tecnoloxías avanzadas de Comunicacións Ópticas:dispositivos, sistemas e redes
- Tecnoloxías cuánticas para comunicacións
- Modelado de canle radio
- Análise e deseño de circuitos de mircoondas e ondas milimétricas
- Exposición a campos electromágneticos
- Ensaios non destrutivos
- Tecnoloxías informáticas:Computación Paralela e distribuida. Computación Evolutiva e Bioinspirada.Optimización Multiobxectivo
- Computación reconfigurable e empotrada. Redes de sensores inalámbricas
- Enxeñaría de Sistemas Espaciais, AIV, Operación, Propulsión e Segmento Terreo
- Ensaios sobre vehículos compoñentes e Pezas
- Medición, pegado e optimización de fibra de carbono
- Realización de cálculos FEM sobre aceiro, fibra e materiais compostos
- Análise tomográfico
- Fiabilidade de sistemas electrónicos
- Sensores
- Convertedores electrónicos de potencia
- Enxeñaría de Software Aeroespacial
O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.
Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.
A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.