Programa de Doutoramento en Tradución e Paratradución

Área de coñecemento

Área de Artes e Humanidades

Información administrativa

Facultade de Filoloxía e Tradución

Coordinación do título

Jose Yuste Frías

Centro ao que se adscribe

Escola Internacional de Doutoramento

Campus

Vigo

Código RUCT

    • Samira Spolidorio

      Nome: Cursos de grao en tradución: paratraducir entre teorías e prácticas
      Data de lectura:
      Directores:

      Jose Yuste Frías, Erica Luciene Alves de Lima

    • María Ángeles Romasanta González

      Nome: Miradas paratraductoras ao espazo urbano de Bilbao
      Data de lectura:
      Directores:

      Jose Yuste Frías

    • Alba Quintairos Soliño

      Nome: Nunha ollada: traducir a relación texto-imaxe no manga policíaco "O Detective Conan"
      Data de lectura:
      Directores:

      Robert Neal Baxter

    • Melisa Amigo Tejedor

      Nome: Carmen Martín Gaite traducida en francés: análise de À travers les persiennes (1961)
      Data de lectura:
      Directores:

      María Elena Sánchez Trigo

    • Morgana Aparecida de Matos

      Nome: Análise paratradutiva de dúas series orixinais de Netflix: La Casa de Papel e Orange Is The New Black
      Data de lectura:
      Directores:

      Jose Yuste Frías, Werner Ludger Heidermann +

    • Sandra Maria Sanches Alves Santiago

      Nome: Audiodescrición como ferramenta de acessibilidade no contexto do teatro em Portugal
      Data de lectura:
      Directores:

      Xoán Manuel Montero Domínguez

    • Andrés Xosé Salter Iglesias

      Nome: Simboloxía e creatividade léxico-semántica en Mia Couto - Unha proposta de análise traductolóxica
      Data de lectura:
      Directores:

      María Isabel Del Pozo Triviño, Alberto Álvarez Lugrís

    • Tanya Elena Fernández Escudero

      Nome: Sobre a tradución do verso. Os Sonetos de Shakespeare en español
      Data de lectura:
      Tese con mención internacional
      Directores:

      Anxo Fernández Ocampo

    • Silvia Duarte Collazo

      Nome: A ideoloxía na para/tradución e nos transvases de información: análise da situación da prensa en galego
      Data de lectura:
      Directores:

      Silvia Montero Küpper, Xoán Manuel Garrido Vilariño

    • Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy

      Nome: Traduire et interpréter en milieu social : un parcours théorique pour comprendre et un exposé pratique pour réfléchir
      Data de lectura:
      Tese con mención internacional
      Directores:

      Jose Yuste Frías

    • Maria do Céu Henriques de Bastos

      Nome: Terminoloxía para tradutores : unha base de datos no domínio de dereito das sociedades
      Data de lectura:
      Directores:

      Carmen Enríquez Salido, Alberto Álvarez Lugrís

    Descrición

    O Doutoramento T&P investiga como ao longo da historia a tradución e a interpretación foron prácticas fundamentais na construción das culturas e na súa capacidade de cambio. As culturas son resultado dunha constante negociación de textos traducidos, tanto lingüísticos como icónicos ou símbólicos. As persoas que traducen son axentes de mediación cultural con capacidade de transformación social e política. Na actualidade vivimos realidades mestizas, lemos linguas traducidas, vemos imaxes adaptadas e consumimos produtos localizados que constituíron encargas de tradución e interpretación.
    O Doutoramento T&P é o único Programa de doutoramento en tradución e interpretación de toda a eurorrexión Galicia-Portugal. Trátase dun posgrao de investigación representativo do Espazo Europeo de Educación Superior que responde á demanda de formación por parte do alumnado de Tradución e interpretación, cubrindo a necesidade de ofrecer unha formación adicional para mellorar as perspectivas propias da carreira profesional. Neste sentido, ofrecemos un conxunto equilibrado de contidos teóricos e prácticos con vistas tanto á investigación como á preparación dos/das profesionais da tradución e a interpretación.
    O Doutoramento T&P ofrece o modelo máis flexible de semipresencialidade, xa que se pode cursar completamente a distancia ou ben asistir ás sesións presenciais realizando prácticas de campo en Ciencias humanas e sociais.
    O Doutoramento T&P responde á transformación teórica e metodolóxica que viviu a área científica de Tradución e interpretación na última década, ofrecendo contidos teóricos procedentes das distintas fases de descrición, estudo e análise das actuais realidades socioprofesionais de era dixital, o cal garante a continuidade entre teoría e práctica.

    Ano comezo impartición: 2013
    Data publicación no DOG:
    Data publicación no BOE:
    Prazas de novo ingreso: 10

    • Tradución publicitaria
    • Tradución de cómics
    • Tradución de videoxogos
    • Tradución da Literatura infantil e xuvenil
    • Migración e tradución: Tradución e interpretación en Mediación social (TIMS)
    • Protocolos de actuación doTradutor e Intérprete Xurado
    • Miradas ao espacio urbán para-traducir a cidade
    • Memoria, migración e mestizaxe en tradución
    • Memoria de Soah/Holocausto e tradución
    • Historia da interpretación na época colonial
    • Antropoloxía e tradución
    • Novas tendencias en tradución en audiovisual
    • Tradución e cine nacional
    • Interpretación entre as linguas estatais
    • Teoría e Filosofía da Tradución
    • Tradución textos médicos, científicos, técnicos, xurídicos, económicos e administrativos: xéneros, convencións textuais e tradución
    • Didáctica da tradución
    • Iuslingüística e Tradución
    • Tradución e mestizaxe
    • Traducir a identidade europea en construción
    • Tradutoloxía aplicada
    • Os mediadores culturais
    • As políticas de tradución
    • Tradución intersemiótica
    • Prefacios e fontes documentais en estudos de tradución
    • Técnicas de tradución nos medios de comunicación: dobraxe, subtitulado, voice-over, comentario
    • Conceptos tradutolóxicos na obra de Eugen Nida
    • Estudos de xénero e tradución
    • Tradución e políticas editoriais
    • Historia da tradución en Galicia
    • Tradución e calidade
    • Aspectos profesionais en tradución
    • Deontoloxía da tradución
    • Teoría da tradución, recepción e crítica da tradución
    • Terminoloxía e documentación
    • Tecnoloxías da lingua e da tradución
    • Tradución e paratradución na creación de identidades
    • Lexicografía
    • Estilística comparada
    • Terminografía
    • Teoría e práctica da paratradución
    • Corpus e estudos de tradución: creación e explotación de corpus (médicos, científicos, técnicos, xurídicos, económicos e administrativos) para tradutores
    • Teoría e metodoloxía das traducións nas culturas plurilingües
    • Estudos basados en corpus
    • Terminoloxía

    O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.

    Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.

    A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.