Grao en Bioloxía

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 75
Número de cursos: 4
Código:
V02G030V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias

Coordinación do título

Jesús Manuel Míguez Miramontes

Descrición

A bioloxía considérase unha parte esencial do coñecemento humano. Por iso, o Grao en Bioloxía proporciona coñecementos e destrezas en morfoloxía, sistemática, estrutura, función e interacción dos seres vivos, así como análises relacionadas con estes. Un dos seus obxectivos é a formación de profesionais capaces de producir avances neste campo que resultan imprescindibles para o desenvolvemento da sociedade.

-Medio ambiente.

-Sector agropecuario.

-Industria biotecnolóxica, farmacéutica, agroalimentaria etc.

-Sanidade

-Investigación, desenvolvemento e innovación.

-Dirección, xestión e organización de empresas e centros de distinto grupo.

-Docencia.

-Asesoría legal científico-técnica.

-Información, documentación e divulgación.

-Comercio e marketing.

-Sector do ocio (ecoturismo, xardíns, zoolóxicos etc.).

Os obxectivos da titulación consisten en capacitar os/as graduados/as para exercer a súa profesión dentro dos ámbitos de traballo e no marco das figuras profesionais que se indican nas competencias e saídas profesionais.

A Facultade de Bioloxía participa activamente nos programas de mobilidade de estudantes, fundamentalmente nos programas Sicue (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) e Erasmus para o intercambio de estudantes con universidades españolas e europeas, respectivamente. A Facultade de Bioloxía ten convenios con todas as universidades españolas que imparten a titulación e con universidades europeas de Francia, Italia, Reino Unido, Romanía, Portugal, Polonia e Turquía, cun total de 26 pazas de intercambio anual.

O perfil de ingreso recomendado é o do alumnado que accede á universidade polo bacharelato de Ciencias Medioambientais e da Saúde ou de calquera outro ámbito científico, ou por ciclos formativos de grao superior de anatomía patolóxica e citoloxía, dietética, produción acuícola, laboratorio de diagnóstico clínico, saúde ambiental ou calquera ámbito da bioloxía. Ademais, é recomendable que o estudantado teña as seguintes características: un amplo coñecemento das ciencias básicas (física, química, matemáticas e bioloxía), interese por temas relacionados coa natureza, inquietude por coñecer os seres vivos e o seu medio e motivación para o traballo de campo e de laboratorio.