Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Semipresencial
Prazas: 10
Número de cursos: 4
Código:
V01G404V01

Área de coñecemento

Área de Artes e Humanidades

Coordinación do título

Francisco José Ledo Lemos

Descrición

O obxectivo básico deste grao é dotar os graduados e graduadas dun amplo coñecemento no estudo da linguaxe e das linguas como instrumentos de comunicación, de cultura e de expresión literaria. Estes ámbitos do coñecemento resultan fundamentais para a eficacia das relacións sociais e a conformación do xuízo crítico.

— Docencia en lingua e literaturas galega, española e portuguesa.
— Industrias culturais.
— Tecnoloxías da información.
— Creación, xestión e dixitalización de contidos.
— Creación literaria.
— Ensino de segundas linguas.
— Comunicación pública.
— Asesoramento lingüístico e corrección de estilo.
— Mediación lingüística.

- Adquirir o coñecemento da estrutura lingüística do galego, do español e do portugués.

-Adquirir a capacidade de identificar, comprender e analizar os problemas da comunicación lingüística e literaria a través da práctica.

-Mellorar o sentido da norma lingüística referido ás linguas estudadas, o que permite corrixir a expresión oral e escrita propia e allea.

-Adquirir coñecementos da estrutura da industria cultural, así como da situación e configuración dos seus centros decisorios.

A organización do plan de estudos, no que a optatividade se concentra no segundo ciclo, fai que sexa este un dos períodos preferentes para solicitar unha bolsa de mobilidade. A oportunidade de estudar un ano fóra permitirá a consolidación dunha segunda ou terceira lingua por medio do programa Erasmus, no terceiro ou cuarto curso.

Por outra banda, o programa de mobilidade entre universidades españolas Sicue, previsto para o cuarto ano, ábrelle ao estudantado o coñecemento doutras universidades españolas.

Cabe destacar tamén que, a través dun terceiro programa de mobilidade (as bolsas propias ofrecidas pola Universidade de Vigo), o alumnado ten a oportunidade de estudar noutros centros universitarios, non necesariamente da Comunidade Europea.

Finalmente, o convenio ISEP con universidades dos Estados Unidos permite elixir entre una trintena de centros universitarios para realizar estadías no derradeiro ano académico.

As características persoais e académicas das persoas que se consideran máis adecuadas para iniciar estes estudos son as seguintes: inquietude, curiosidade e sensibilidade polas manifestacións das linguas, as literaturas e a cultura do país; coñecementos básicos de literatura nas súas diferentes manifestacións e contextos; capacidade para a aceptación da diversidade cultural e capacidades sensoriais e perceptivas ligadas ao campo de coñecemento.