Grao en Ciencias do Mar

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 70
Número de cursos: 4
Código:
V10G060V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias

Coordinación do título

Irene Alejo Flores

Descrición

O Grao en Ciencias do Mar ten como obxectivo a preparación científica e práctica de profesionais relacionados co ámbito mariño e litoral, proporcionando aos/ás novos/as graduados/as unha formación multidisciplinaria aplicable a actividades pesqueiras, acuicultura, oceanografía, medio ambiente e a súa protección, xestión e ordenación do litoral, turismo sostible e novos recursos alimentarios e minerais de interese industrial, así como capacidades para o ensino, carácter emprendedor e unha iniciación na investigación básica.

-Oceanografía química.

-Oceanografía física

-Oceanografía xeolóxica

-Oceanografía biolóxica e recursos vivos

-Xestión, economía, lexislación e contaminación do medio mariño.

-Realizar investigacións en diferentes campos.

-Prestar asesoramento en materias das que son competentes os/as titulados/as tales como recursos mariños, temas medio ambientais, impactos etc., en resposta ás peticións das administracións públicas ou das empresas.

-Formar, á súa vez, outros científicos técnicos.

A optatividade circunscríbese ao segundo semestre do terceiro e cuarto curso, momento no que o estudantado poderá participar nun programa de mobilidade. A estrutura do plan de estudos permítelle ao alumnado optar por unha temporalidade anual ou semestral na universidade de acollida.

A mobilidade estudantil céntrase nos programas Sicue, de ámbito español, Erasmus, no europeo e no programa de bolsas propias da Universidade de Vigo. No relativo ao programa Sicue, a Facultade de Ciencias do Mar ten acordos con catro universidades españolas e ofrece un total de 17 prazas. Dentro do programa Erasmus, disponse de acordos con 13 universidades de oito países europeos, o que supón un total de 22 prazas, a mesma cantidade que no programa de bolsas propias.

Os coñecementos previos recomendables para o alumnado que queira cursar o Grao en Ciencias do Mar son os do estudantado que accede á universidade polo bacharelato de Ciencias, no que se imparten as catro disciplinas científicas básicas: bioloxía, xeoloxía, física e química e matemáticas.