Grao en Comunicación Audiovisual
Características
Área de coñecemento
Coordinación do título
Descrición
A consideración da comunicación, no seu sentido máis amplo, como factor económico clave na política de empresa, certifica o interese deste grao, no que se forman profesionais que, en consonancia coa crecente demanda laboral e a expansión do sector audiovisual no noso país e no resto da Unión Europea, poidan desenvolver optimamente as tarefas de guionista, director, realizador audiovisual, produtor, xestor, editor ou deseñador de posprodución en medios audiovisuais convencionais e multimedia, sen esquecer a faceta cultural e humanista que vai caracterizar o seu traballo, xunto á capacidade crítica, analítica e reflexiva en relación ao feito audiovisual.
Saídas profesionais
Guionista, produtor e realizador audiovisual e multimedia. Profesional que deseña, planifica e organiza os recursos humanos, medios técnicos e orzamentarios para a produción de obras audiovisuais en soportes convencionais e interactivos.
Obxectivos xerais da titulación
-Capacidade analítico-crítica de natureza pluridisciplinaria orientada á comunicación e ao seu entorno socioeconómico.
-Capacidade para levar a cabo labores profesionais de tipo práctico en producións de radio, vídeo, televisión e multimedia.
-Capacidade creativa e dominio da linguaxe audiovisual.
-Predisposición á innovación nos diferentes soportes e producións.
-Facilidade para adaptarse á comunicación nos futuros ambientes multimedia.
Mobilidade
Regulamento e normativa aplicable
Perfil de Ingreso recomendado
Entre as características que debería reunir o estudantado figuran as seguintes: interese en todo o relativo á comunicación, medios e soportes; capacidade creativa e habilidade no dominio da linguaxe audiovisual; facilidade para adaptarse á comunicación e ao cambio tecnolóxico no ámbito audiovisual e ambientes multimedia; boa capacidade para a expresión oral e a comprensión lectora etc.