Grao en Dirección e Xestión Pública
Características
Área de coñecemento
Coordinación do título
Descrición
Pretende proporcionar ao estudantado unha base sólida de coñecementos básicos en ciencia política e administración pública, dereito, economía e empresa, socioloxía, informática e estatística, orientados cara a xestión pública de xeito que os/as futuros/as graduados/as coñezan a natureza e os métodos aplicables á xestión e administración pública desde unha perspectiva histórica e contemporánea.
Saídas profesionais
-Técnico/a de organizacións públicas: técnico/a nas administracións públicas, xestor/a de organizacións, analista de políticas públicas e analista político.
-Xestor/a de proxectos: asesor/a e consultor/a, analista de políticas públicas e axente de desenvolvemento local.
Obxectivos xerais da titulación
-Inculcar ao estudantado o interese pola aprendizaxe da xestión e administración pública dentro dos sistemas político-administrativos desde unha perspectiva interdisciplinaria.
-Coñecer a natureza e os métodos aplicables á xestión e administración pública desde unha perspectiva histórica e contemporánea.
-Desenvolver no estudantado as habilidades esixidas para aplicar os coñecementos adquiridos na práctica profesional.
Mobilidade
Regulamento e normativa aplicable
Perfil de Ingreso recomendado
Non se esixen competencias previas na área de ciencias sociais para cursar esta titulación. En calquera caso, recoméndase o acceso a este grao ao estudantado con curiosidade por comprender todo o relacionado coa Administración Pública e boa disposición para o razoamento abstracto. Valórase especialmente a capacidade de análise, a facilidade para separar as causas das consecuencias, etc. Cabe sinalar que os alumnos deberán ser persoas flexibles e capaces de enfrontarse a problemas non estruturados.