Grao en Dirección e Xestión Pública
Características
Área de coñecemento
Coordinación do título
Descrición
A principal fortaleza deste grao é o seu carácter multidisciplinario que combina as seguintes áreas de coñecemento: ciencia política e da administración, contabilidade, dereito, economía, empresa, estatística, informática, mercadotecnia e socioloxía. Grazas a esta heteroxeneidade de coñecementos o grao orienta ao alumnado dunha maneira integral cara á dirección e xestión das organizacións públicas e privadas cunha relación estreita coa Administración (xestorías administrativas, consultorías, etc.).
Saídas profesionais
Técnico de organizacións públicas que inclúe catro perfís:
- Técnico/a en administracións públicas
- Xestor de organizacións públicas
- Analista de políticas públicas
- Analista político
Xestor de Proxectos que comprende tres perfís:
- Asesor e consultor
- Analista de políticas públicas
- Axente de desenvolvemento local
Obxectivos xerais da titulación
‐ Promover estudos no ámbito da dirección e xestión pública.
‐ Capacitar ao alumnado que curse o grao para levar a cabo labores profesionais de tipo teórico e práctico no ámbito da dirección e xestión pública.
‐ Facilitar o acceso á formación académica universitaria de calidade relacionada coa dirección e xestión pública ao alumnado de Galicia, España, Portugal e Latinoamérica.
Mobilidade
Tanto nacional (SICUE) como internacional (Erasmus+, ISEP, estudantes de convenio, programa de bolsas propias, GE4, bolsas Santander).
O Grao en Dirección e Xestión Pública ten un convenio de dobre titulación coa Universidade de Sao Paulo (Brasil) para un intercambio máximo de 20 estudantes cada curso. Así o alumnado pode optar ao título de Gestao de Políticas Públicas cursando un único ano de mobilidade (60 ECTS) e realizando un único TFG, válido para ambas universidades.
Regulamento e normativa aplicable
Perfil de Ingreso recomendado
Alumnado con interese pola xestión e administración pública cunha perspectiva interdisciplinar. As súas metodoloxías e aplicacións.