Grao en Enxeñaría da Enerxía

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 50
Número de cursos: 4
Código:
V09G290V01

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación do título

David Patiño Vilas

Descrición

A implantación dos estudos sobre enerxía con carácter de grao no ámbito universitario español, é unha demanda que desde os sectores públicos e privados se foi incrementando nos últimos anos. A crecente demanda por parte das empresas de persoal especializado, debido ao crecemento exponencial experimentado polo mercado das enerxías renovables, e o mercado da eficiencia enerxética, leva á necesidade de formar profesionais especializados nestes novos estudos.
É por iso polo que na actualidade existe no sector enerxético unha preocupación cada vez maior pola mellora da eficiencia das instalacións enerxéticas co obxectivo de reducir o impacto ambiental deste sector, indisolublemente unido á utilización racional dos recursos enerxéticos e á investigación de novas fontes de enerxía. Esta preocupación ten grande incidencia nos campos mineiro industrial, transporte e edificación, que son centrais nestes estudos

-Combustibles convencionais (gas, petróleo, carbón etc.)
-Centrais térmicas e hidroeléctricas.
-Centrais de xeración de enerxía eléctrica.
-Sistemas térmicos e eléctricos na industria.
-Aforro e eficiencia enerxética na industria.
-Eficiencia enerxética na edificación.
-Novas tecnoloxías enerxéticas (biocombustibles, pilas de combustible etc.)
- Recursos enerxéticos (biomasa e residuos sólidos urbanos).
- Enerxía solar térmica e fotovoltaica.
- Enerxía eólica.
- Enerxías renovables incipientes (mareomotriz, xeotermia).
- Xeración, transmisión e conversión da enerxía térmica.
- Redes de enerxía eléctrica
- Xestión da enerxía eléctrica.
- Calidade na subministración eléctrica.
- Enerxía nuclear.
- Xestor enerxético.
- Auditoría enerxética.

- Adquirir os coñecementos básicos da enxeñaría da enerxía, co fin de desenvolver e aplicar ideas de maneira orixinal.
- Proporcionar unha visión global da problemática enerxética actual para que o alumnado acade unha formación ampla acerca da relación entre enerxía e medio.
- Aplicar as ferramentas de deseño e optimización que se empregan en plantas enerxéticas.
- Adquirir habilidades no campo da experimentación: manexo de técnicas experimentais utilizadas no campo da enerxía.
- Aplicar unha metodoloxía axeitada para abordar os problemas que formula a enxeñaría da enerxía no medio.
- Formar o estudantado para que sexa capaz de concibir, deseñar, levar a cabo e optimizar un proxecto en temas relacionados coa enerxía.
- Saber aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinarios relacionados coa enxeñaría térmica.

O perfil de ingreso recomendado é o daqueles estudantes que acceden á universidade a través do bacharelato Científico-Tecnolóxico ou de ciclos formativos de grao superior.
En concreto, as características persoais, específicas e académicas que se consideran máis axeitadas para iniciar estes estudos son as seguintes:
- Coñecementos das ciencias básicas: física, química e matemáticas.
- Inquietude por temas enerxéticos desde calquera punto de vista (fontes de enerxía, mellora do aproveitamento desta, a enerxía como motor socioeconómico etc.), así como unha clara conciencia e interese polos temas ambientais e de sostibilidade.
- Capacidade de análise, síntese e razoamento lóxico.
- Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
- Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.
- Disposición para ser parte activa do proceso de ensino-aprendizaxe, con preocupación pola calidade e motivación polo logro dos obxectivos.