Grao en Enxeñaría en Química Industrial
Características
Área de coñecemento
Centros
Coordinación do título
Descrición
O Grao en Enxeñaría en Química Industrial proporciona unha formación asentada nas bases teóricas e nas tecnoloxías propias deste ámbito. Toda persoa graduada en Enxeñaría en Química Industrial poder desempeñar labores de deseño, mantemento e operación de equipos de proceso químico, experimentar con sustancias orgánicas e inorgánicas, transmisión de calor ou transferencia de materia, fluxo de fluídos e enxeñaría da reacción química. Este grao tamén estuda o aproveitamento de materias primas, a química de produtos naturais, analiza os procesos de fabricación, a contaminación ambiental e a seguridade e hixiene industrial. As persoas tituladas desempeñan, polo tanto, a súa actividade profesional especialmente nas industrias nas que se desenvolven procesos químicos, tales como o do petróleo, papel, electricidade, electrónica e do gas, así como no sector do medio ambiente e administracións públicas. Tamén pode dedicarse ao ensino e á investigación.
Saídas profesionais
Este grao capacita ao estudantado para exercer a súa actividade profesional no ámbito da industria química e do proceso, así como nos sectores afíns coma o enerxético, biotecnolóxico ou ambiental: Optimización e control de procesos: -Control e optimización dos procesos da industria química - Xestión e optimización de operación da industria de proceso Biotecnoloxía e Tecnoloxía Electroquímica: - Deseño e control de biorreactores - Aplicacións industriais da Biotecnoloxía: Recuperación de produtos naturais, fermentacións industriais, etc. - Aplicacións tecnolóxicas da Electroquímica: tratamento de superficies, baterías e pilas de combustible, protección de materiais, etc. Tecnoloxía medioambiental: - Xestión e tratamento de efluentes urbanos e industriais - Xestión, valorización e tratamento de residuos - Produción de biocombustibles líquidos e de gas - Redución e tratamento de emisións de gas (captura de CO2)
Obxectivos xerais da titulación
-Deseñar, implantar, modificar, controlar, optimizar, organizar e xestionar equipos, operacións de planta, plantas e produtos na área da industria química e de proceso coa calidade requirida e menor custo de produción, nun ámbito sostible ambientalmente desde o punto de vista da enerxía, materiais, produtos e residuos. -Proporcionar un primeiro ciclo que sexa recoñecido polo resto das institucións europeas como un estándar que permita acceder automaticamente aos mestrados de enxeñaría. -Formar profesionais capaces de dar resposta ás necesidades reais da sociedade no ámbito das industrias de proceso, no sentido máis amplo, entre as que se inclúen a industria química e petroquímica, farmacéutica, alimentaria, téxtil, ambiental e outras afíns, ademais de poder estar presente nas administracións públicas nas áreas de intervención relacionadas coa industria, medio, educación e ciencia e tecnoloxía; todo iso en harmonía coas organizacións profesionais e empresariais e de acordo coas atribucións profesionais recoñecidas pola lexislación vixente.
Mobilidade
Regulamento e normativa aplicable
Materias
Profesorado
Outras Informacións
Mencións - Control e optimización de procesos - Procesos biotecnolóxicos e medio ambiente
Perfil de Ingreso recomendado
-Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática. -Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita. - Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés). - Inquietude, curiosidade e iniciativa propia. - Capacidade de traballo en grupo. - Interese pola titulación e pola profesión para a cal capacita.