Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 130
Número de cursos: 4
Código:
V05G300V01

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación do título

Rebeca Pilar Díaz Redondo

Descrición

A profesión de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación ocúpase das tecnoloxías básicas que sustentan a Sociedade da Información (SI): sistemas de telecomunicación, sistemas electrónicos, telemática, e son e imaxe.

Os profesionais formados en calquera destas tecnoloxías representan un recurso humano capital nun desenvolvemento, o da SI, no que España se atopa entre os últimos postos da Unión Europea. Por iso, os titulados do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación deberán xogar un papel determinante no impulso que, dende as Administracións Públicas e dende o tecido empresarial, é necesario dar para recortar esta fenda que actualmente nos separa do mundo máis avanzado e que lastra o desenvolvemento económico do noso contorno.

Inclue mais dun 50% de formación práctica. Estruturase en módulos de formación básica, formación en telecomunicación e a formación necesaria para completar unha das catro tecnoloxías ofertadas e que se reflexan como mencións no título obtido. Destaca una configuración temporal que facilita a mobilidade de estudantes no derradeiro curso.

-Sector privado: empresas de telefonía, programación informática, bioelectrónica, empresas de control de tráfico, empresas de fibra óptica etc.
-Exercicio libre: oficina de proxectos, peritaxes etc.
-Investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i): centros públicos ou privados de I+D+i, Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), xestión e coordinación de proxectos etc.
- Docencia.
- Administración pública local, provincial, autonómica, estatal e europea.

-A formación científica, tecnolóxica e socio-económica, e a preparación para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións en todas as actividades que as demanden, dentro do marco normativo de referencia.
-A formación de profesionais de perfil eminentemente técnico, cun coñecemento global das áreas relacionadas coa enxeñaría de telecomunicación e a formación específica nun dos perfís propostos (telemática, sistemas electrónicos, sistemas de telecomunicación, imaxe e son) con capacidade para liderar o desenvolvemento de proxectos na área e adaptarse de xeito eficiente a un ámbito de rápida evolución.
-Facilitar o acceso a unha formación actualizada no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, cunha axeitada base científica, matemática e tecnolóxica que permita o desenvolvemento profesional dos/as graduados/as en distintas funcións da enxeñaría (análise e deseño, fabricación, explotación e mantemento, xestión, organización empresarial etc.) nas áreas dos sistemas e servizos de telecomunicación, incluíndo os elementos electrónicos e informáticos relacionados.
- Proporcionar coñecementos e habilidades desde o punto de vista socioeconómico que transmitan pautas de análise da dimensión social da súa actividade, de modo que posibiliten unha toma de decisións coherente coas responsabilidades éticas e profesionais.
- Favorecer o desenvolvemento da personalidade do estudantado promovendo o traballo en equipo, o espírito crítico e a súa participación en actividades extra académicas.
- Transmitir aos estudantes a necesidade de manterse informado da realidade diaria, tanto social como tecnolóxica, ademais de continuar aprendendo e actualizando a súa formación.

Desde o punto de vista académico, o estudantado debería ter unha boa base matemática e física e coñecementos básicos de inglés, xa que gran parte da bibliografía está escrita nese idioma.
O bacharelato de Ciencia e Tecnoloxía considérase a modalidade máis axeitada para acceder a este grao, xa que esta vía formativa supón unha orientación previa cara ás titulacións do ámbito da enxeñaría.
Ademais, terán acceso todos aqueles alumnos que superasen ciclos formativos de grao superior, preferentemente das familias de imaxe e son, electricidade e electrónica ou informática e comunicacións.