Grao en Estudos de Galego e Español

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 0
Número de cursos: 4
Código:
V01G160V01

Área de coñecemento

Área de Artes e Humanidades

Coordinación do título

Susana Rodríguez Barcia

Descrición

Este grao, que responde ás necesidades dunha sociedade bilingüe, conxuga as filoloxías galega e española formando o estudantado na lingüística, lingua e literatura de ambos os dous idiomas. No seu desenvolvemento permite o estudo comparado e contrastado do español e do galego e prepara os/as estudantes para afrontar os problemas e retos acordes a unha sociedade destas características.

-Especialista en castelán, galego e portugués.

-Docente.

-Mundo editorial.

-Lingüista.

-Adquirir o coñecemento da estrutura lingüística do galego e do español.

-Adquirir a capacidade de identificar, comprender e analizar os problemas da comunicación lingüística e literaria a través da práctica.

-Mellorar o sentido da norma lingüística referido a ambas linguas, que permite corrixir a expresión oral e escrita propia e allea.

-Adquirir coñecementos da estrutura da industria cultural, así como da situación e configuración dos seus centros decisorios.

A organización do plan de estudos, no que a optatividade se concentra no segundo ciclo, fai que sexa este un dos períodos preferentes para solicitar unha bolsa de mobilidade. A oportunidade de estudar un ano fóra permitirá a consolidación dunha segunda ou terceira lingua por medio do programa Erasmus, no terceiro ou cuarto curso.

Dentro deste programa, a Facultade de Filoloxía e Tradución posúe acordos con 27 universidades de nove países europeos, polo que ofrece un total de 45 prazas.

Por outra banda, o programa de mobilidade entre universidades españolas Sicue, previsto para o cuarto ano, ábrelle ao estudantado o coñecemento doutras universidades españolas. No marco deste programa, a Facultade de Filoloxía e Tradución posúe acordos con catro universidades españolas, o que representa un total de sete prazas de intercambio.

Cabe destacar tamén que, a través dun terceiro programa de mobilidade (as bolsas propias ofrecidas pola Universidade de Vigo), o alumnado ten a oportunidade de estudar noutros centros universitarios, non necesariamente da Comunidade Europea.

Finalmente, o convenio ISEP con universidades dos Estados Unidos permite elixir entre una trintena de centros universitarios para realizar estadías no derradeiro ano académico.

As características persoais e académicas das persoas que se consideran máis adecuadas para iniciar estes estudos son as seguintes: inquietude, curiosidade e sensibilidade polas manifestacións das linguas, as literaturas e a cultura do país; coñecementos básicos de literatura nas súas diferentes manifestacións e contextos; capacidade para a aceptación da diversidade cultural e capacidades sensoriais e perceptivas ligadas ao campo de coñecemento.