Grao en Fisioterapia

Características

Campus: Pontevedra
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 50
Número de cursos: 4
Código:
P05G170V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias da Saúde

Coordinación do título

Gustavo Rodríguez Fuentes

Descrición

Estes estudos pretenden formar profesionais con preparación científica e capacitación suficiente para describir, identificar, tratar e comparar problemas de saúde aos que se pode dar resposta desde a fisioterapia. Deste xeito, os/as titulados/as poderán curar, recuperar, rehabilitar e adaptar a persoas afectadas de deterioración, limitacións funcionais, discapacidades ou cambios na función física e no estado de saúde, producidos como resultado dunha lesión, enfermidade ou outra causa, sempre baixo a consideración do individuo na súa tripla dimensión: biolóxica, psicolóxica e social.

Fisioterapeuta

A mobilidade estudantil céntrase nos programas Sicue, no ámbito español, e Erasmus, no europeo. No relativo ao programa Sicue, a Facultade de Fisioterapia ten acordos con catro universidades españolas. Dentro do programa Erasmus, dispón de acordos con tres universidades europeas en República Checa, Italia e Dinamarca.

Recoméndase que o alumnado que desexe cursar esta titulación posúa as seguintes características: coñecementos básicos sobre morfoloxía e fisioloxía humanas, capacidades sensoriais e perceptivas ligadas ao campo de coñecemento, habilidades motrices básicas manuais, habilidades para manexar ferramentas e instrumentos, capacidade para adaptarse aos cambios etc.