Grao en Química

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 60
Número de cursos: 4
Código:
V11G200V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias

Coordinación do título

Ignacio Pérez Juste

Descrición

Pretende a formación de profesionais do sector da industria química. Neste sector, que en España representa o cuarto sector industrial en importancia (aprox. 10%), os profesionais desempeñan tarefas de investigación, desenvolvemento, deseño, enxeñaría e control de procesos en diversos ámbitos (madeireiras, petroquímicas, siderúrxicas, alimentario, farmacéutico, industria cosmética etc.).

-Químicos municipais e provinciais.
-Químicos de institutos de hixiene.
-Químicos de aduanas.
-Químicos de organismos do Estado, provincia ou municipio, monopolios e empresas dependentes, incluso indirectamente, do Estado no que se requira esta función.
-Químicos de empresas privadas.
-Químicos en laboratorios oficiais.
-Educación secundaria, universitaria e investigación.

-Proporcionar ao estudantado unha base sólida e equilibrada de coñecementos químicos e habilidades prácticas.
-Desenvolver no estudantado a habilidade para aplicar coñecementos químicos, teóricos e prácticos á solución de problemas en química.
-Proporcionar unha base de coñecementos e habilidades para a inserción laboral en áreas especializadas de química ou áreas multidisciplinarias.

A estrutura cuadrimestral do plan de estudos permite a mobilidade dos estudantes, que nesta titulación se centra no programa Erasmus. Na actualidade, a Facultade de Química dispón de convenios Erasmus con 23 universidades de dez países, o que representa un total de 44 prazas. Asemade, a Facultade de Química participa tamén no programa Sicue e outros programas de intercambio da Universidade de Vigo.

Recoméndase que o alumnado teña cursado no bacharelato as materias de química, física e matemáticas. Ademais, é fundamental a capacidade de abstracción e razoamento científico, así como a capacidade de traballo continuado.