Máster Universitario en Acuicultura

Ciencias (Experimentais)
Campus de Vigo

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
90
Número de cursos
2
Prazas
10
Código:
V02M102V03

O Mestrado interuniversitario en Acuicultura proporciónalle ao estudantado unha formación avanzada, específica e multidisciplinar orientada á formación académica, investigadora e profesional na acuicultura. O estudantado adquire coñecementos, destrezas e aptitudes que lle permitirán deseñar e levar a cabo investigación no campo da acuicultura, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seu impacto ambiental e respostar ás necesidades de I+D+i do sector, implementando estratexias para o futuro desenvolvemento da industria.

A titulación conta con dúas especialidades:

  • Produción acuícola
  • Biotecnoloxía en acuicultura

Acceso e admisión

Terán prioridade:

  • As persoas graduadas ou licenciadas en Bioloxía, Ciencias Mariñas, Veterinaria e Ciencias Ambientais.
  • As persoasgraduadas ou licenciadas en enxeñarías en Química, Farmacia e Enxeñaría Agroforestal.
  • Outras titulacións en ciencias experimentais e enxeñarías.
  • As persoas tituladas en ciencias da saúde.

Para os criterios específicos de valoración terase en conta o seguinte:

  • O expediente académico (ata un 30 % de ponderación).
  • Ter cursado materias básicas para a comprensión daquelas que deben cursarse no mestrado (xenética, microbioloxía, fisioloxía, bioquímica, zooloxía, botánica) (5 %).
  • Coñecemento demostrado doutras linguas, principalmente inglés (10%).
  • Experiencia profesional (15 %).
  • Experiencia investigadora (15 %).
  • Currículo (25 %).
     

Perfil de ingreso recomendado

Preferente:

  • Persoas licenciadas ou graduadas en Bioloxía, Ciencias do Mar, Veterinaria ou Ciencias Ambientais.

Outros:

  • Persoas licenciadas ou graduadas noutras titulacións de ciencias: (Química, Farmacia, Biotecnoloxía etc)
  • Persoas licenciadas ou graduadas noutras titulacións de tecnoloxía (Enxeñaría Agrícola, Forestal etc.).
  • Persoas licenciadas ou graduadas en ciencias da saúde.

Obxectivos xerais da titulación

  • A bioloxía e a ecoloxía dos organismos acuáticos de interese para a acuicultura e como aplicar estes coñecementos ao cultivo.
  • Os avances, metodoloxías e ferramentas empregadas no control do benestar, reprodución, nutrición, metabolismo, crecemento, xenética e patoloxía en especies de interese para a acuicultura.
  • Os factores importantes para o crecemento, a reprodución e a supervivencia dos organismos acuáticos en cada etapa do ciclo reprodutivo, así como as condicións axeitadas da auga e das instalacións.
  • A interacción da acuicultura e o medio ambiente, tanto no que respecta ao impacto ambiental das actividades de acuicultura como aos efectos do medio ambiente no benestar animal.
  • Os criterios de deseño e os fundamentos de enxeñaría necesarios para promover e/ou xestionar de forma viable un sistema de acuicultura.
  • Os fundamentos técnicos, de xestión e de mercado para a correcta organización dunha empresa de acuicultura.
  • Os criterios necesarios para conseguir un produto de calidade mediante unha boa xestión de procesos.
  • As metodoloxías e ferramentas necesarias para desenvolver a investigación en acuicultura en centros públicos e privados.
  • Como planificar e desenvolver proxectos de investigación que permitan xerar novo coñecemento en acuicultura.
  • A lexislación máis relevante neste campo.
     

Plan de estudos

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título

Marta Conde Sieira