Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa

Ciencias Sociais e Xurídicas
Campus de Vigo

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
25
Código
V03M134V01

O MAiE é un mestrado oficial en administración de empresas impartido pola Universidade de Vigo. O seu obxectivo é a formación integral de profesionais e líderes na xestión empresarial centrada na excelencia académica, a empregabilidade e a conexión co entorno empresarial.
 

Acceso e admisión

Terán prioridade as persoas tituladas en disciplinas relacionadas co ámbito xurídico e social e, entre estas,  as que posúan unha licenciatura ou enxeñaría sobre unha diplomatura.

A valoración das candidaturas por parte da comisión de avaliación do mestrado (CAM) será mediante expedientes académicos e currículos. Os procedementos e criterios específicos de admisión son:

  • Requírese formación específica previa.
  • Valoración de méritos propios do mestrado.
  • Experiencia profesional e outros méritos relacionados coa administración de empresas e a responsabilidade social ou que reflictan as aptitudes da persoa candidata para esta actividade.
  • Interese xustificado na materia do mestrado e adecuación ao perfil, que poderá xustificarse mediante entrevista persoal, carta de motivación e interese no mestrado e/ou carta de recomendación, se a comisión académica do mestrado así o considera.

Perfil de ingreso recomendado

O perfil do MAiE, deseñado para formar profesionais capaces de xestionar empresas socialmente responsables, está dirixido principalmente a persoas graduadas/licenciadas en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Publicidade e Relacións Públicas, Enxeñería Superior, Dereito e/ou Relacións Laborais. Con todo, esténdese o abanico de candidaturas a calquera titulado/a universitario que queira desenvolver a súa carreira profesional no ámbito da alta dirección de empresas e a profesionais vinculados ao ámbito da dirección de empresas socialmente responsables que desexen actualizar os seus coñecementos e mellorar as súas competencias. Resulta aconsellable que o alumnado mostre:

  • Interese pola actividade empresarial e a súa responsabilidade social
  • Actitude favorable cara á integración en equipos de composición diversa
  • Capacidade de adaptación


 

Obxectivos xerais da titulación

Proporcionar as habilidades de xestión e de liderado necesarias para deseñar e implementar proxectos empresariais nun contexto integrado coas realidades sociais e económicas. Ser socialmente responsable e servir de ponte entre o mundo académico e a industria.

Plan de estudos

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título

Tony Crespo Franco