Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión

Ciencias (Experimentais)
Campus de Vigo

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
90
Número de cursos
2
Prazas
10
Código:
V02M179V01

O Mestrado interuniversitario en biodiversidade terrestre: caracterización, conservación e xestión impártese nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña e proporciónalle ao alumnado unha formación avanzada e especializada nestes estudos. O obxectivo é formar profesionais para empresas de consultoría ambiental, empresas ambientais e administracións e mellorar os coñecementos das persoas profesionais xa dedicadas a esta actividade. Ademais fórmanse novas persoas investigadoras para incorporar en equipos de investigación de centros públicos e empresas relacionados coa caracterización, a conservación e a xestión da biodiversidade terrestre.

Acceso e admisión

Se o número de estudantes con interese en realizar o mestrado é superior ao límite de prazas establecido, realizarase unha selección en función dos seguintes criterios:
- Daráselle preferencia ao estudantado dos graos en Bioloxía, ordenados por expediente académico.
- O alumnado das titulacións de Ciencias Ambientais, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria seguirá sendo ordenado por expediente académico.
- Finalmente, o estudantado das licenciaturas en Farmacia, Química, Veterinaria e Ciencias Mariñas (así como doutras licenciaturas de ciencias, se así o decide a comisión académica interuniversitaria), ordenado por expediente académico.
 

Plan de estudos

O mestrado ten un enfoque fundamentalmente práctico, co obxectivo de dotar o alumnado de todas as ferramentas que poida necesitar no futuro. Esta perspectiva é nova dentro do sistema universitario español porque, ata a data, ningún outro programa de grao comparte este enfoque.

Preinscripción y matrícula

Contacto

Coordinación do título

Isabel María Pardo Gamundi